No amplo acervo patrimonial que custodiamos os tudenses a presenza de bens ligados á vida eclesial é moi amplo, derivado, especialmente, da condición episcopal da nosa cidade ao longo de moitos séculos.
A
iconografía, entendida como a descrición por medio de imaxes dun tema ou
asunto, xoga sempre un relevante papel na configuración destes bens patrimoniais,
pois a Igrexa ten entendido, ao asumir a tradición xudía da que nace, a
importancia destas representacións simbólicas, pois o signo é un elemento
consubstancial á súa vida litúrxica e cultual, xa que as imaxes e representacións
son expresión dunha realidade transcendente que nos queren comunicar e
transmitir. É por medio dos elementos simbólicos como a Igrexa explicita ás
realidades sobrenaturais, os misterios da fe, a presenza de Xesucristo en medio
do seu pobo.
As
principais afirmacións da fe cristián son a Paixón, Morte e Resurrección de
Xesús e, como necesario paso previo, a súa Encarnación como fillo de María e
fillo de Deus. Son a pascua da Resurrección e a pascua do Nadal. Aínda ata hai
ben pouco non resultaba estraño escoitar neste tempo navideño a expresión “felices
pascuas”, que rememoraba esta afirmación sobre o paso ou transito da condición divina
á condición humana do mesmo Deus. Ambos acontecementos cimeiros da historia da
salvación, da historia da humanidade, teñen sido obxecto de especial atención
pola iconografía, para achegar os contidos destes misterios da fe a todos os
fieis, a todos os homes.
En
consecuencia, no patrimonio tudense conservamos diversas expresións iconográficas
ligadas ao ciclo do Nadal que expresan por medio de imaxes e representacións
gráficas estes momentos, tomando como elemento referencial os textos, principalmente,
dos evanxeos, tanto os canónicos como nalgún caso os apócrifos, ligados á
tradición da Igrexas dos primeiros séculos.
A principal
expresión desta iconografía está na portada da nosa catedral sobre a que falaremos
de seguido, aínda que renunciado a unha análise pormenorizada, que deixamos aos
especialistas na historia da arte e da iconografía cristián.
O
pórtico da catedral de Tui é sinalado como a primeira expresión da escultura
gótica na Península Ibérica – que lle confire unha singular relevancia para a
historia da arte- e tamén a primeira gran portada escultórica exterior da arte
galega, tendo en conta que, por exemplo o Pórtico da Gloria compostelá ou o Pórtico
do Paraíso de Ourense non son portadas exteriores senón interiores. No caso
tudense o chamado na documentación “portal novo” será edificado no século XIV.
Esta obra escultórica é datada en torno a 1225, ano da súa consagración e os historiadores da arte a ligan coa presenza de cuadrillas de canteiros itinerantes, posiblemente de orixe franco. Establecendo paralelismo entre a portada tudense e portadas francesas como a da catedral de Laon, pero que temos que relacionar máis con programas iconográficos -relacionados co ciclo do Nadal- que con motivos estilísticos.
![]() |
Pórtico da Catedral de Laon |
O pórtico da nosa catedral está dedicado, especialmente no seu tímpano central, á Encarnación de Xesús e aos episodios ligados a este acontecemento, onde a Virxe María, á que está dedicada esta Catedral ten un protagonismo central. O principal elemento desta iconografía está como dicimos no tímpano, que en Tui posúe tres niveis ou rexistros cada un cunha temática específica.
No
primeiro nivel temos as escenas da Anunciación polo arcanxo Gabriel a María, o
sono do Xosé, a representación do Nacemento de Xesús -no centro- e, finalmente,
o anuncio deste nacemento aos pastores. O nivel inmediato está destinado aos
episodios relacionados coa Epifanía: visita dos Magos de Oriente ao rei Herodes
e a posterior adoración destes Magos ao Neno Xesús. Finalmente, no rexistro superior
atopamos a representación da Xerusalén celeste, do reino dos ceos.
O
centro do conxunto escultórico é Nosa Señora no momento posterior ao nacemento
do seu fillo. O programa iconográfico pretende representar ao tempo á natureza
humana e o carácter sobrenatural deste acontecemento histórico. Neste caso
María aparece de costas ao seu neniño cunha expresión case melancólica “lo que tradicionalmente se ha explicado
como expresión del parto con dolor y de su naturaleza humana. Sin embargo,
cabría preguntarse si éste es un dolor físico, derivado del alumbramiento, o un
dolor espiritual, vinculado a la futura muerte de Cristo en la cruz, que ya se
presiente desde este instante”[1].
Esta
expresión un tanto indolente ten a súa referencia en numerosos textos apócrifos
e patrísticos. Además de la virginidad la ausencia de dolor en el parto de
María es la otra constante que encontramos en los textos. Este aspecto es
importante en tanto que marca la diferencia con otras representaciones de
partos en las que el escultor ha dejado en el rostro de la mujer el signo del
sufrimiento frentre a la placidez que encontramos en la Virgen con el Niño.
Como es de sobra conocido, el dolor forma parte del castigo a Eva en Gn. 3, 16[2].
Esta ausencia de dolor expresa a condición da Virxe María como a “nova Eva” pola
que superan os castigos impostos por Deus debido pecado orixinal de Eva e Adán,
pois co nacemento de Xesús, se restaura a creación realizada por Deus, o seu
designio de salvación para a Humanidade.
A
escena do Nacemento é representada nun interior, remarcado polas columnas, ben
traballadas e rematadas en capiteis decorados que indican un ámbito doméstico,
fronte a tradicional representación nun cortello ou nunha cova. Posiblemente se
trata de resaltar a condición rexia, tanto de Cristo como da súa Nai, situando
este episodio nun espazo axeitado á condición superior dos chamados a reinar
tanto no ceo coma na terra.
Sinala
la iconografía de la Virgen tendida sobre el lecho tiene pocas variantes. Está
fórmula iconográfica, presente ya en sepulcros romanos, se difundió a todos los
ejemplos de nacimientos de personas de relevancia, lo que contrasta con los
partos de mujeres de condición anónima que se figuran de pie[3].
Nesta
liña na escena central da portada tudense a representación iconográfica do Nacemento
de Cristo desenvólvese nunha cama con dosel, tan distante doutras escenas que
reproducen a humildade dun cortello, simboliza á alta condición deste Neno, considerado coma un rei, tanto pola súa
condición de divina que o fai soberano do reino dos ceos como polo feito que a
súa morte e resurrección garanten que reina sobre a morte e todos os seus inimigos,
especialmente o pecado e a morte.
Ao
tempo, xunto con este valor simbólico, esta cama mostra a habelencia dos
canteiros que traballan nesta portada que dominan a confección dos pregues das
cortinas e a propia roupa de cama e xunto co dosel dotan á escena dunha
profundidade que supera a rixidez de tempos anteriores e crea unha representación
artística máis conseguida e verosímil.
Unha
referencia á misión salvífica de Cristo, pola súa morte e resurrección, figura tamén
na representación iconográfica do Neno Xesús, que aparece na escena, por detrás
da súa Nai, e completamente enfaixado. Al Niño podemos hallarlo fajado en
pañales o completamente desnudo. El hecho de fajarlo tendría que ver con dos
cuestiones. Por un lado respondería a la costumbre de vendar a los recién
nacidos por espacio de cuarenta o sesenta días a fin de proteger su frágil
cuerpo de fracturas y golpes. Por otro lado, derivaría del deseo de establecer
un paralelismo entre el nacimiento y la muerte de Cristo, de modo que el Niño
fajado se pone en paralelo con Cristo amortajado, máxime cuando el pesebre en
que éste asienta se transforma en un sepulcro[4].
Por
detrás deste Neno aparecen representados, unicamente amosando as súas cabezas,
o boi e a mula, asociados ás representacións do presebe, un elemento tomado dos
apócrifos pero amplamente estendido dende as primeiras representacións do Nadal.
Neste caso ambos animais están adorando ao Neno Xesús, expresando que eles
recoñecen a súa divindade como se recolle en numerosos escritos de época
medieval.
Completan
esta escena natalicia un grupo de catro anxos na parte superior, que responde aos
esquemas iconográficos medievais onde este grupo de anxos aparecen
representados nos ceos, sempre fóra do espazo onde ten lugar o alumbramento, expresando
coa súa xestualidade signos de adoración, ledicia, glorificación e
recoñecemento do prodixio da divindade feita home.
Sobre
este conxunto anxélico atopamos outra constante nas representacións iconográficas
da Natividade: es habitual es señalar el lugar del nacimiento con la
presencia de un astro en el cielo, estrella que guiará después a los Magos, y
del que en ocasiones partirá un haz de luz que culminará en la figura del
recién nacido[5]
Este astro e a súa luz irradiante figura en numerosos relatos medievais nos que
beben os que deseñan estas representacións iconográficas.
Ben
ao caso lembrar neste punto que estes conxuntos escultóricos adoitaban estar pintados,
como aínda podemos albiscar nalgunha figuras do pórtico tudense, o que contribuiría
a destacar, mediante o uso de cores, estas alusións simbólicas como é neste
caso que comentamos o raio de luz que alumearía dende o ceo o lugar do portentoso
natalicio.
Acompañan
a esta escena central outros momentos dos relatos sobre o Nacemento de Cristo. Ollando
de dereita a esquerda, figura, en primeiro lugar, o momento da Anunciación polo
arcanxo San Gabriel á María, unha moza de Nazareth, da elección divina para concibir,
por obra do Espírito Santo, ao Fillo de Deus. O arcanxo, que pola súa postura
corporal evidencia que baixa do ceo como enviado de Deus, porta unha cartela,
da que non podemos albiscar o seu contigo -de seguro que algunha frase ou
palabra do texto evanxélico sobre a Anunciación-. Pola súa banda, María é
representada ollando ao arcanxo e cunha man aberta a él dirixida, simbolizando a
aceptación do anuncio que recibe, que se expresa tamén na representación de
María xa embarazada, aludindo á tradición que sinala como a Virxe tras aceptar
o anuncio anxélico comezou a concepción do seu fillo.
Estas
imaxe da Virxe grávida son propias de época medieval, e progresivamente foron
sendo abandonadas ao considerarse -especialmente tras a contrarreforma
tridentina- unha expresión pouco decorosa para Nosa Señora. Na catedral de Tui,
curiosamente, conservamos varios exemplos desta representación de Santa María
embarazada ou “preñada” ou da Expectación como se denominada un dos principais
retablos barrocos deste templo catedralicio.
O
tímpano continua coa figura de San Xosé, o esposo e María e pai putativo de
Xesús. No caso tudense a figura do patriarca segue as pautas das súas representacións
medievais: nun lugar secundario, adormecido ou pensativo, representando as
dúbidas respecto da súa prometida e o seu embarazo. O relato evanxélico recolle
como un anxo faloulle en sonos a Xosé para acoller a María e non dubidar da
condición divina do seu fillo. A figura de Xosé está tan inmediata á anterior
escena da Anunciación que parecen compartir o mesmo anxo, e ao mesmo tempo
participa da representación do Nacemento, acompañando á Virxe María logo do
alumbramento.
Velaí
un dos elementos que os historiadores da arte comentan como propios dun tímpano
que responde xa a os inicios do gótico, onde se supera o hieratismo do románico
na procura dun certo dinamismo nas representacións escultóricas, pois os
personaxes se comunican entre si e incluso buscan ao espectador.
Similares
características estilísticas figuran na escena do lado esquerdo, onde se
representa o anuncio polos anxos aos pastores do Nacemento do Fillo de Deus. Un
anxo acompañado dunha cartela, que en numerosas oportunidades alude ao canto e tamén
á mensaxe transmitida, diríxese a dous pastores que aparecen acompañados das
ovellas que coidan e para identificar, como sinala o relato evanxélico, que
estaban ao raso, figuran varias representacións de arbores e outros elementos
vexetais. De novo neste espazo unha das ovellas comunica esta escena coa do
Nacemento, contribuíndo pois ao contido dinamismo que caracteriza a esta
primeira arte gótica.
Temos
pois neste escena central do tímpano da nosa Catedral unha referencia aos dous
momentos centrais da historia da salvación: Encarnación, na pascua de Nadal, e a
Pascua de Resurrección, que culmina a misión salvadora de Cristo. Estas escenas
representan o momento culminante da historia, como Deus mesmo por medio do seu
Fillo unixénito asume a humanidade, tomando a nosa condición por medio da súa
Encarnación, coa misión salvífica de redimirnos mediante a súa paixón, morte e
resurrección xa anunciada nesta iconografía. Unha presenza divina que se prolonga
no tempo na súa Igrexa, simbolizada por María, nai e figura da Igrexa, á que
esta portada da acceso. No interior deste templo estes simbolismo iconográficos
adquiren a súa plenitude, ao pasar do signo á realidade da presenza de Deus
entre nos por medio dos sacramentos que se administran neste novo templo, o corpo
de Deus, que á a Igrexa.
Agardo
que estas reflexións -que continuaremos en días próximos coas escenas da Epifanía-
nos aproximen aos misterios do Nadal e son ocasión para desexar a todos os
nosos seguidores os desexos dun feliz e santo Nadal.
[1] GONZALEZ
HERNANDO, Irene (2010): El nacimiento de Cristo. Irene González Hernando.
Revista digital de iconografía medieval, ISSN 2254-7312, Vol. 2, Nº. 4, págs.
41-59.
[2] GÓMEZ
GÓMEZ, Agustín (1998): “La iconografía del parto en el arte románico hispano”,
Príncipe de Viana, año LIX, nº 213, pp. 79-102. Disponible en línea: http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=16123
[3] GÓMEZ GÓMEZ, Agustín (1998), Op. Cit.
[4] GONZALEZ
HERNANDO, Irene (2010): Op. Cit.
[5] GONZALEZ
HERNANDO, Irene (2010): Op. Cit.
Comentarios
Publicar un comentario