Ir al contenido principal

Frei Antonio de San Buenaventura, un beato tudense martirizado no Xapón en 1628


Este vindeiro domingo, 24 de novembro, na cidade nipona de Nagasaki terá lugar unha cerimonia de beatificación de 188 mártires, que sufriron martirio naquelas lonxanas terras entre 1603 e 1639, trátase desta volta de cinco relixiosos xesuítas e 183 seglares xaponeses. Xapón foi evanxelizado polo santo español Francisco Xabier, entre os anos 1548 e 1552, pero ao pouco tempo comezou unha feroz persecución contra os que adoptaban aquela nova fe. Os primeiros mártires, que encabeza o xesuíta San Pablo Miki –crucificado en Nagasaki en 1597- foron canonizados en 1862 polo Papa Pío IX que beatificou o 7 de xullo de 1867 a outros 205 mártires naquelas terras niponas. Na honra daqueles primeiros martirizados foi construido en 1962 un monumento deseñado polo arquitecto Kehji Imai e polo escultor Angélico Yasutake Funakoshi.

Naquela beatificación de 1867 foi recoñecido un fillo de Tui, Frei Antonio de San Buenaventura. Un beato tudense moi escasamente coñecido, mesmo nos ámbitos eclesiásticos da diocese de Tui-Vigo. Únicamente teño atopado unha breve referencia á sua persona no libro “Apuntes histórico-biográfico-descriptivos de la Muy Noble y Muy Leal de la Ciudad de Tuy y sus Hijos ilustres” (Tui, Imprenta y Libreria Pérez Hermida, 1884). Cómpre reseñar certa confusión pois nalgunha noticia bibliográfica figura coma canonizado, aínda que semella que únicamente foi beatificado.

Recollemos dunha paxina dixital unha semblanza sobre o beato tudense: “Frei Antonio de San Buenaventura naceu en Tui no ano 1588. Realizou os seus estudos de filosofía na Universidade de Salamanca e nesta cidade ingresou na Orde dos Frades Menores (Franciscanos) realizando a súa profesión relixiosa o 14 de xullo de 1605.

Nese mesmo ano partiu con 59 compañeiros para as illas Filipinas, proseguindo os seus estudos teolóxicos sendo logo ordeado presbítero amosando un grande celo no seu ministerio. Foi escollido para a perigosa misión da evanxelización de Xapón, onde chega no ano 1618.

O seu labor apostólico nos dez anos da sua estadía nas terras niponas ata o seu martirio foi resumido así polo Comisario Xeral da Orde dos Irmáns Menores naquelas terras: “Antonio de San Buenaventura foi obreiro incansabel gañando para Deus unha multitude de almas. Noite e día velaba, confesando, batizando, catequizando, erguendo aos que tiñan caído polo temor ás persecucións, dos que en pouco tempo reconduciu a fe a máis de 2000, permanecendo moitos deles constantes ata o martirio. Naqueles tempos tan difíciles en que o cristianismo era perseguido, batizou a máis de mil pagáns e nos dez anos que durou o seu ministerio apostólico nada puido frear o ardor apostólico do seu celo”.

Denunciado o 21 de xaneiro de 1628 por un falso amigo, foi recluido na terrible cadea de Omura, onde tivo a oportunidade de prepararse con outros moitos compañeiros para o seu martirio. Así escríbelle dende a prisión o 6 de setembro ao P. Pedro Matias, comisario de Filipinas: “ Estou tan sorprendido cando me vexo onde estou e penso que dende hai dazaseis días xa están listos os postes e a leña para seren queimado vivo, que aínda dubido se trátase de mín precísamente. Ouh misericordia de Deus, tan misericordioso que pagas tan xenerosamente a quen tan mal che ten servido!”.

Da prisión de Omura foi trasladado a Nagasaki e na Santa Colina ou Monte dos Mártires, foi queimado vivo en medio de terribles sufrimentos soportados con heroica fortaleza. Era o 8 de setembro de 1628. Tiña 40 anos de idade.

(Tomado de http://www.vidasejemplares.org/Beato%20Antonio%20de%20San%20Buenaventura.pdf)

Esta colina chamada Nishizaka, hoxe é coñecida como Monte dos Mártires, pois nela recibiron o martirio centenares de cristiáns a finais do século XVI e principios de XVII. Unhas persecucións que culminaron co levantamento de Shimabara, en 1638, onde morreron 37000 cristiáns, ficando exterminado o cristianismo das terras niponas ata o século XIX. Asi pois neste mesmo lugar onde terá lugar a solemne cerimonia deste domingo foi martirizado o beato tudense.

Sirvan estas breves liñas para lembrar a figura deste frade franciscano tudense que desenvolveu a súa actividade apostólica no lonxano oriente nos inicios do século XVII e que polo seu martirio foi proclamado beato pola Igrexa Católica. A lembranza dos mártires, como Frei Antonio de San Buenaventura, evidencia a potencia da súa fe, da súa esperanza, e o seu amor por Cristo e a súa Igrexa como unha testemuña perenne da vixencia das súas crenzas. Confiemos, por outra banda, que axiña poidamos contar con novos datos que iluminen as orixes tudenses deste beato.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis