Ir al contenido principal

Entradas

Os mártires de Sobredo, "froreceu unha rosa que agoira Libertade"

A vida tudense do século XX é ainda, por mágoa, prácticamente descoñecida para o gran público pola falta de estudos e investigacións sobre este período que, polas circunstancias históricas vividas ou sufridas posteriormente, pese a súa proximidade temporal é coma un valeiro mouro. Unha das páxinas de meirande interese neste percorrido histórico do século XX o ten de ocupar o movemento agrarista, que nas primeiras décadas do século pasado, foi quen de movilizar de xeito inmensamente maioritario aos labregos de Galicia enteira. É preciso lembrar que os nosos campesiños naquela altura non eran propietarios das terras que dende había séculos cultivaban senón que tiñan o dominio útil pero non a propiedade da terra, e estaban sometidos ao réxime foral que viña de época medieval e polo que tiñan a obriga de pagar unha renda periódica ao propietario. Tras o proceso desamortizador dos bens eclesiásticos boa parte destas rendas forais foron adquiridas, en pública subasta, polos elementos acomoda...

Frei Antonio de San Buenaventura, un beato tudense martirizado no Xapón en 1628

Este vindeiro domingo, 24 de novembro, na cidade nipona de Nagasaki terá lugar unha cerimonia de beatificación de 188 mártires, que sufriron martirio naquelas lonxanas terras entre 1603 e 1639, trátase desta volta de cinco relixiosos xesuítas e 183 seglares xaponeses. Xapón foi evanxelizado polo santo español Francisco Xabier, entre os anos 1548 e 1552, pero ao pouco tempo comezou unha feroz persecución contra os que adoptaban aquela nova fe. Os primeiros mártires, que encabeza o xesuíta San Pablo Miki –crucificado en Nagasaki en 1597- foron canonizados en 1862 polo Papa Pío IX que beatificou o 7 de xullo de 1867 a outros 205 mártires naquelas terras niponas. Na honra daqueles primeiros martirizados foi construido en 1962 un monumento deseñado polo arquitecto Kehji Imai e polo escultor Angélico Yasutake Funakoshi. Naquela beatificación de 1867 foi recoñecido un fillo de Tui, Frei Antonio de San Buenaventura. Un beato tudense moi escasamente coñecido, mesmo nos ámbitos eclesiásticos d...

Lamentable construción xunto á igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns

A Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns é un dos máis sobranceiros elementos do patrimonio monumetal tudense, expoñente da continuidade do habitat no noso territorio dende a época romana ata os nosos días. Este templo levantado sobre unha necropole imperial posue elementos constructivos do século XI, como exemplo do agromar do románico na nosa terra, visibles especialmente na capelas laterais da cabeceira. A capela central foi transformada no século seguinte. Neste espazo están os elementos máis valiosos desta igrexa. Pois ben a escasos metros da cabaceira románica desta alfaia da arte da Galicia foi levantado un galpón de bloques de cemento que impacta visualmente de xeito lamentable no entorno desta igrexa. Certamente neste caso estamos diante dunha nova agresión ao patrimonio cultural da nosa cidade que cómpre reparar. Confiemos que os responsables da conservación axeitada do noso patrimonio promovan as medidas legais precisas para devolver á este templo o seu entorno libera...

Congreso Álvarez Blázquez en Tui

A Real Academia Galega, a Consellería de Cultura e Deporte e o Concello de Tui organizan a celebración na nosa cidade do "Congreso Álvarez Blázquez" como peche ao ano dedicado a escritor e investigador tudense Xosé Maria Álvarez Blázquez. Desenvolvérase en Tui do 11 ao 13 de decembro. A inscrición formalizarase enviando un correo electrónico ó enderezo secretaria@realacademiagalega.org en que se fará constar nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono, correo electrónico e modo de inscrición.

LA ESTANCIA DE LINDBERG EN TUI – VALENÇA EN “EL PUEBLO GALLEGO”

LA ESTANCIA DE LINDBERG EN TUI – VALENÇA EN “EL PUEBLO GALLEGO” El coronel Carlos Lindbergh y su esposa y pasaron la noche de ayer en el “Albatros”. Este que se haya en su fondeadero de Poza de Crasto casi varado en la ribera de una islita y sujeto a los arbustos mediante un cable, no ha sido movido en todo el día de su emplazamiento. Lo primero que hicieron los esposos Lindbergh al apuntar la mañana fue dedicarse a inspeccionar el aparato. El famoso piloto del “Spirit of Saint Louis” revisó el “Albatros” atentamente limpiando el motor y los flotadores. Luego procedió al aprovisionamiento de combustible, trasegándose 150 litros de gasolina en los depósitos del hidro (...). Los vecinos de Caldelas prácticos en la navegación fluvial en esta zona del Miño se han expresado admirados de la pericia del coronel. Aunque ancho en aquellos lugares el río no ofrece un gran calado y, sobre todo, las piedras a flor de agua abundan. Incluso los pequeños botes han de navegar con mil cuidados....

Y Lindbergh acuatizó en el Miño

Publicado en "Faro de Vigo" do sábado 8 de novembro de 2008, pódese consultar tamén en http://media.epi.es/www.farodevigo.es/media/documentos/2008-12-08_DOC_2008-11-08_02_16_22_elsabado.pdf Y Lindbergh acuatizó en el Miño La niebla obligó hace 75 años al famoso aviador a posar su hidroavión en aguas del Miño a su paso por Caldelas de Tui Por J. A. Otero Ricart “A las cuatro de la tarde de ayer nuestro corresponsal en Tuy, señor García Sánchez, nos comunicó por teléfono que el hidro de Lindbergh había acuatizado en las cercanías de Caldelas de Tuy, para donde salía seguidamente”. Así comenzaba la primera de las pormenorizadas crónicas que publicó FARO DE VIGO sobre el inesperado acuatizaje de Charles Lindbergh en el río Miño el 13 de noviembre de 1933. En mayo de 1927 el nombre de Charles Lindbergh se había hecho mundialmente famoso al convertirse en el primer aviador que lograba cruzar el Océano Atlántico sin escalas. Su vuelo entre Nueva York y París p...

A prol dun museo no Mosteiro das Clarisas

O Mosteiro das Clarisas tudenses érguese como solemne conxunto arquitectónico no alto do outeiro tudense, ocupando o solar da antiga igrexa da Oliveira e os primeiros pazos episcopais e dos iniciais elementos defensivos da cidade como a chamada “Torre Vella” de Fernando II. Aínda hoxe o peche norte deste mosteiro é a muralla medieval que agocha a única porta que se conserva: a das Estrabancas, actualmente cegada pero perfectamente visible. Un conxunto enriquecido pola igrexa conventual edificada seguindo os planos do mestre arquitecto compostelá Domingo de Andrade e os armoniosos retábulos, posiblemente obra de Francisco de Castro Canseco, e dotados dun grande equilibro estético e artístico. Pero esta comunidade, que agora celebra o quinto centenario da súa existencia, maila penalidades sofridas por guerras e conquistas, aínda conserva nas dependencias da clausura numerosos obxectos de uso litúrxico ou mesmo doméstico que posuen unha singular trascendencia como pezas de interese ...

Ezequiel Ordoñez González

A vila e concello de Ponteareas foi lugar de nacemento de numerosos persoeiros que no mundo da política acadaron importantes e significativos postos xa no mundo parlamentario ou no goberno de España. Unha familia, os Bugallal, lograron instaurar no distrito de Ponteareas e noutros lugares do sur de Galicia, nas últimas décadas do século XIX e primeiros anos do XX, un control intenso da vida política e, sobre todo, dos procesos electorais no que Enrique Hervés nomeou como “unicato bugallalista”. Saturnino Álvarez Bugallal, Gabino, Isidoro ou Dario Bugallal Araujo, Senén Canido Pardo, Luis Usera, Manuel Fernández Barrón, son representantes desta ampla “familia” política. Pero dende outras liñas políticas non podemos esquecer nomes Antonio Domínguez Prieto, Emiliano Iglesias Ambrosio, Alejandro Viana Esperón ou Amado Garra Castellanzuelo, que ficou sempre as portas do Parlamento non acadando, a pesar da sua fama, acta de deputado nos comicios aos que presentouse. Pero nesta longa relac...

O Museo forestal de Areas

“Vida Gallega” foi unha revista que marcou un fito na prensa de Galicia; o seu carácter divulgador, a súa cobertura galega e, sobre todo, o seu importante contido gráfico, con numerosas fotografías en cada número foi, no seu momento, un éxito editorial e na actualidade é unha ferramenta de primeira magnitude para documentar as primeiras décadas do século pasado. No número editado o 15 de agosto de 1917 o seu director Jaime Solá, facía unha crónica da súa visita ao viveiro forestal de Areas. “ El vivero forestal es una extensión enorme de terreno en la cual, con unas míseras pesetas del Estado, dadas en forma fragmentaria –que es el modo mejor de hacerlas infructíferas- el ingeniero Areses puso los cimientos de su magna obra de resurgimiento regional (...) Areses hizo construir una casa ideal en medio del vivero y alrededor vació los dones de Pan, Ceres y Pompona. De todo hay en aquellas tierras artística y científicamente cultivadas. En cuarenta mil tiestos, cuarenta mil arboli...

Francisco Sánchez, "o tudense"

FRANCISCO SÁNCHEZ Rematabamos a última achega a Tudensia reivindicando, ao abeiro da celebración da Xornada europea da cultura xudía en Tui, o nome de Francisco Sánchez como expresión sobranceira, e serodia no tempo, da aportación que xudeus e xudaizantes teñen realizado á historia de Tui. Insisto no feito realmente sorprendente que Tui, o seu berce, únicamente lembre a este fillo egrexio co nome dun Instituto de Ensino Secundario e que ningunha rúa, placa, estatua… rememore para tudenses e visitantes ao posiblemente máis importante fillo desta terra. Teremos de visitar Braga para contemplar na Praza de Sâo Joâo unha imponente estatura deste médico e filósofo. Francisco Sánchez forneceu na sua obra filosófica algunhas das liñas mestras do pensamento moderno. Os nosos irmáns portugueses ben que souberon da súa importancia e insistiron dabondo na súa condición de bracarense, baseandose na información proporcionada por un dos seus discípulos. Pero no ano 1907 o investigador fr...

Presenza xudía en Tui, mitos e realidades

PRESENZA XUDÍA EN TUI, mitos e realidades A feliz iniciativa tudense de sumarse ás celebracións que, por toda Europa, se realizan nesta fin de semana para chamar a atención sobre o importante papel que a cultura xudía tivo no desenvolvemento da cultura europea posibilitará que os tudenses poidan achegarse mediante visitas guiadas a diversas testemuñas materiais que evidencian a herdanza das xentes xudías na nosa cidade. Conta Tui con duas testemuñas, case únicas, que ilustran a presenza e influencia das xentes xudías na nosa cidade. Por unha banda, a inscrición no Claustro da Catedral dun candelabro de sete brazos, unha menorá, situada fronte a entrada á Sala Capitular románica. O historiador Carlos Barros, sinala que “a gravación desta menorá non se pode confundir cunha marca de canteiro, como ás veces a estrela de cinco puntas; polo seu tamaño e significación non cadra cunha función técnico-constructiva, pois representa de xeito sen dúbida consciente o símbolo máis antigo...

Cincocentos anos das"Encerradas" tudenses

Polo seu interese reproducimos o artigo editado no suplemento "Baixo Miño" do Faro de Vigo do pasado sábado 30 de agosto de 2008. CINCOCEN TOS ANOS DAS “ENCERRADAS” TUDENSES Nunha data indeterminada do ano de 1508 dez mulleres de Tui xuntánse para comezar a vivir en comunidade a súa vocación relixiosa, poñendo en común as súas pertenzas e posesións. Eran aquelas mulleres, segundo recolle o benemérito historiador tudense Avila y La Cueva , as seguintes: Ana de la Cruz , Leonor de Cristo, María Francisca, Inés Pérez, María González, Blanca de Cristo, Isabel Agustina, Ana de los Santos, María Vázquez xunto con Dona María Suárez Sarmiento, Vigaria desta comunidade. Andando os anos anos esta grupo de mulleres adoptan a regla de San Francisco, acadando do Papa León X unha bula de 13 de novembro de 1515 pola que se lles concede vivir segundo a Orden Terceira de Penitencia Claustral do mesmo santo, ficando baixo a xurisdicción e obediencia dos bispos de Tui. Fúndase deste...