As datas do Nadal e o Aninovo son propensas á formulación de desexos, de bos desexos, que enchen páxinas de xornais, emisoras de radios e os nosos teléfonos móbiles con numerosos “sms”, pelexando por unha difícil orixinalidade. Ao rebufo deste ambiente xeralizado dende este blog quereriamos formular unha proposta de cara ao vindeiro ano, a piques de comezar, para que fose, alomenos, considerada polas instancias correspondentes. Semella que neste novo 2009 podería iniciarse a construcción do novo centro de saude de Tui, a ubicar na parcela que ocupou a Praza de Abastos na rúa Casal Aboy. Sen entrar a valorar a idoneidade da súa ubicación, en absoluto óptima pero posiblemente a única posible no centro urbán tudense, gostaríamos dende este blog formular unha iniciativa ao respecto. Pero cómpre realizar un doble prantexamento incial, sen esquecer que estamos xa en período de adxudicación deste proxecto por parte da Consellería de Sanidade. Por unha banda, este edificio de carácter públ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses