Ir al contenido principal

Entradas

O navío "San Telmo" e o "descubrimento" da Antártida

O pasado día 6 de agosto o xornal “El Mundo” publicaba un artigo titulado Muerte en el hielo: los españoles olvidados que descubrieron la Antártida ( http://www.elmundo.es/papel/cultura/2018/08/06/5b65d7cf268e3e425d8b4611.html ) en que rememora a expedición do navío San Telmo de 1819 e que foron os primeiros homes documentados en chegar ao continente antártico aínda que por mor das inclemencias climáticas e que provocaron tamen a mortede todos naquela viaxe. Recolle este artigo á noticia da edicion por parte do afamado escritor de novelas históricas sobre heroes españois,  Alber Vázquez (Rentería, 1969), dun novo libro, recen saído do prelo de  La Esfera de los Libros, titulado: Muerte en el hielo. La historia del San Telmo y los españoles que descubrieron la Antártida .   A edición desta obra é unha oportunidade para lembrar esta desventurada expedición do navio “San Telmo”  un dos buques de mais sona no seu momento que fora construído nos “...

Unha contextualización histórica de San Telmo

A figura de San Telmo é unha referencia esencial na historia e na identidade tudense, pois dende hai mais de oito século acompaña á vida das xentes de Tui. Moito se ten escrito sobre a súa figura, o seu culto e devoción, sobre a extensión xeográfica desta advocación, a súa iconografia, o proceso de identificación entre Frei Pedro Gonçalves, o Corpo Santo e San Telmo... por citar algunha das múltiples perspectivas desde as que podemos achegarnos á figura do noso patrón. Moitas das biografias existentes sobre San Telmo non deixan de ser unha haxiografia, que beben de fontes medievais (tanto dos seus miragres como da súa vida recollida no Pasionario da Catedral tudense) e modernas (especialmente as obras de Frei Fernando de Pineda do século XVIII) pero carecen dun achegamento ao seu contexto histórico que permita comprender a permanencia do culto e a devoción a un frade dominico que foi transformándose de Frei Pedro Gonçalves a Corpo Santo e, desde o século XVI, a San Telmo ou Sa...

Manuel Fernández-Valdés Costas, cronista oficial de Tui

Manuel Fernández Costas (Tui, 1887-1962) reclama una biografía que nos achegue a súa importancia e significación. Trátase dun dos principais investigadores da historia tudense e tamén, curiosamente, dos mais esquecidos na actualidade. Neste blog temos recollido en diversas oportunidades referencias á súa actividade e, incluso, algún dos seus artigos xornalísticos. No volume III da revista “ Tuy. Museo y Archivo Histórico Diocesano ” (1980) o seu fillo Eloy publica un moi breve apunte biográfico do seu pai xunto a unha moi interesante achega das súas publicacións, especialmente en xornais e revistas, pois en formato libro unicamente saíron dos prelo dúas obras da súa autoría. Unha de carácter profesional (foi funcionario do Corpo Pericial de Aduanas) titulada “ Arbitrios, impuestos y recargos que liquidan las aduanas en la importación y exportación de mercancias ” (Madrid, Editorial Plutarco, 1948) e outra sobre historia tudense e que recolle e amplía unha serie de artigos publi...

Cristobal Colón Fonterosa e Tui

Ás veces un rato de navegación pola rede na procura dalgún dato nos conduce a outra liña de investigación ou coñecemento inesperado. Rebuscando nos primeiros números da revista gráfica “Vida Gallega” que fundou en 1909 o xornalista Jaime Solá, e que con diversos avatares chegou ata o ano 1963, demos cun artigo sobre Celso García de la Riega e a súa teoría sobre o Colón galego. García de la Riega (1844-1914) é un funcionario, deputado, xornalista e investigador pontevedrés, pero sobre todo é coñecido por ser o inicador e impulsor da teoría da orixe galega de Cristobal Colón, sendo o primeiro en atacar a teoría xenovesa nunha conferencia realizada en Madrid en 1898 a petición da Sociedad Geográfica de Madrid. Cristobal Colón e a súa biografia estiveron sempre rodeadas de incognitas e dúbidas, mesmo antes da súa morte. A súa personalidade e os pleitos que emprendeu el mesmo ou os seus herdeiros pola sucesión do seu morgado non fixeron máis que contribuír a este afastamento que ...

O grupo "Ultreya" tudense (e II)

O principal froito do fecundo labor dos “Ultreyas” tudenses é a creación do “Museo de Tui” nunhas dependencias cedidas polo Concello de Tui ao grupo  no antigo convento de San Domingos, onde estaba instalado o Instituto de Segunda Enseñanza.  Antigo convento de San Domingos A creación deste Museo é un fito na historia cultural de Tui e situaba á nosa cidade no panaorama da investigación arqueolóxica e histórica de Galicia. Unha inicitiva que será interrumpida pola Guerra Civil e que non atopará continuidade ata a apertura do Museo Diocesano no ano 1976. Por mágoa non temos atopado imaxe algunha deste Museo. No semanario tudense “Tribuna” se informa, en 1934, sobre este novo Museo: “ Llega a nosotros la noticia de que esta agrupación local de jóvenes bajo la dirección de nuestro distinguido amigo Manuel Fernández Costas está organizando un notable museo de arte y prehistoria. En él figuran ya curiosos útiles de piedra de las edades prehistóricas recogidos en ...