Ir al contenido principal

Un libro singular: "Itinerarios histórico-musicais, Tui"




Os libros nos remiten a todos ao mundo da palabra, da comunicación escrita, da literatura que coa súa capacidade creativa nos achega a facetas da realidade ou da ficción ... pero, ás veces, atopamos libros que por medio da expresión escrita nos introducen noutros ámbitos expresivos, abrenos ao descubrimento ou, cando menos, á percepción de aspectos da nosa realidade que pasan a cotío inavertidos para o común das personas.

O amplo legado patrimonial que custodiamos os tudenses é susceptible de ser abordado desde múltiples perspectivas. Normalmente dende unha óptica histórica e, nomeadamente, artística nos achegamos ao coñecemento dos nosos monumentos e da nosa traxectoria histórica.

Esta libro que ven de sair do prelo editado po Ouvirmos, “Itinerarios histórico-musicais, Tui” corresponde a unha feliz inicitiva que ten editados xa os volumes correspondentes a Pontevedra, Celanova, Rianxo, Mondoñedo, Vigo, Ourense, Lugo, Monforte de Lemos e agora Tui. Un coidado deseño e unhas boas fotografias de Eutropoio Rodríguez acompañan aos textos de Richard Rivera e Ana Garcia González que realizar, respectivamente, un itinerario histórico-musical pola cidade miñota e unha “memoria musical de Tui” sinalando os principais fitos da historia musical da nosa cidade. Completa a publicación un cd con cinco temas musicais vencellados a Tui: O Introito da Misa de Requiem (1799) do mestre de capela compostelá Melchor López; unha composición para piano de Frei Rosendo Salvado: “Fantasia, variacións e final para piano forte”; “San Campio, balada galega” con letra de Manuel Lago González e música de J. Torres Creo ; “Marcha de chirimias da Catedral de Tui” segundo a transcrición de Manuel Martínez Posse, e “Danza gremial dos ferreiros” polo grupo de gaitas “Faíscas do Xiabre”.

Salientar do libro o seu caracter de guía, pois está pensado para realizar un percorrido pola cidade visitando o patrimonio arquitectónico e cultural e descubrindo nestes lugares a pegada musical que agochan; aportando unha proposta de roteiro musical por Tui de grande interese, e que abre novas ópticas para achegarmos ao noso conxunto patrimonial.

Por outra banda, a obra ofrece o resultado dunha investigación interesante sobre a historia musical tudense, no que vai recollendo referencias á presenza da música ao longo do tempo, como a noticia de que xa en 1420 temos rexistrada a presenza musical do órgano, pois o Cabido manda pagar vinte maravedies “ao frade que aguissa os orgoons”, ou que o primeiro mestre de capela documento é Lorenzo Xara, a quen sucede en 1550 Henrico Scaffen, o único estranxeiro que ocupou este cargo. Unha orquestra catedralicia da que hoxe conservanse no Museo dous interesantes instrumentos: un fagot e unha chirimia, ambos do século XVIII. Capitulo especial posuen no libro a figura de Rosendo Salvado, os Xogos Florais de 1891, as rogativas do Monte Aloia ou as chrimias da Catedral.




Un comentario para certas omisións que, sen reducirlle valor á publicación, é unha mágoa non foran recollidas nesta obra. Especialmente lamentable é que non recollan o fermoso debuxo dun gaiteiro, posiblemente a imaxe máis antiga deste músico, que figura nun libro de toma de hábitos datado en 1569 e iluminado por Francisco de Caldas, conservado no arquivo do mosteiro das Clarisas, onde, por certo existe tamén un amplo conxunto de cantorais de diversos séculos. Botamos en falla tamén unha mención máis concreta os cantorais, algúns de pergameo, do arquivo catedralicio e que foron estudiados recentemente polo profesor Olleros Rey.

Tamén son significativas as omisións dalgúns músicos tudenses: Samuel Diz, Francisco Comesaña, etc. ou vencellados a Tui por residencia como Tomás Camacho ou Miguel de Santiago (quen, por certo, ten composto varias obras sobre a nosa cidade e bisbarra). Tamen reducidas as referencias á musica vencelladas aos oficios e rutuais litúrxicos e á cultura popular (cantos de reis e nadal, seráns, etc.).

E finalmente, moitas son as omisións que atopamos na bibliografia, especialmente artigos de Ernesto Iglesias Almeira, Domingo Cameselle Bastos, Manuel Fernández Valdés, Jesús Gómez Sobrino, etc que completarían axeitadamente esta apartado que pecha a obra que comentamos.

En definitiva unha obra absolutamente recomendable e que nos achega a aspectos descoñecidos ou escasamente recoñecidos polos propios tudenses, e que, nunha nova oportunidade, evidencia a importancia do noso patrimonio cultural e a necesidade de afondar no seu coñecemento multidisciplinar. Este propio libro é unha práctica guía para visitar a nosa cidade e que, no futuro, esperemos que sirva para a creación dun roteiro musical da cidade. Pois o proxecto da editorial Ouvirmos tamén comprende este tipo de propostas de turismo cultural.


Rafael Sánchez Bargiela


Comentarios

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall