Ir al contenido principal

"O reino da Tudesia" ou as falacias da arqueoloxia cibernáutica


Hai un par de meses no decurso dunha xuntanza de traballo e comentando a importancia do legado histórico da cidade de Tui, un dos presentes comentou a existencia de numerosos períodos da historia tudense ata o de agora ocultos ou descoñecidos, algún de tanta importancia como a existencia na Idade Media do “Reino de Tudesia” cuxa capital estaba na nosa cidade e do que ata o presente ninguén fala. Tras amosar naquela conversa informal a miña sorpresa por tal referencia e manifestar ás miñas dúbidas ao respecto, fun invitado a pescudar en internet onde existía abondosa información sobre este reino. Tras reiterar a miña incredulidade insistiu o meu interlocutor nos documentados traballos que aparecen na Rede sobre este chamado “Reino de Tudesia”.
Poderá comprender o lector que faltoume tempo para achegarme ata o meu ordenador e teclear no buscador de Google a devandita expresión de “Reino de Tudesia” e atopar unha entrada, situada nunha páxina dun servidor de Arxentina, que segundo indica reproduce un artigo da Wikipedia e que comeza así: “Entidad política situada en el ángulo noroccidental de la Península Ibérica q
ue se inicia con el reinado de Witiza asociado a la corona de su padre Égica, prolongado en el señorío de su descendencia hasta fines de la Alta Edad Media". E logo continúa un estenso artigo sobre este pretendido reino.
As sorpresas continúan cando a curiosidade lévame a procurar a referencia citada na Wikipedia, pero curiosamente, ou non tanto, na Wikipedia non existe entrada algunha sobre este reino. E unha de dúas, ou á referencia á Wiki pretende darlle unha verosimisiltude ao traballo ou os responsables da Wiki eliminaron esta artigo da súa enciclopedia por incumplir os parámetros esixidos. Velaí pois a primeira falacia deste despropósito histórico chamado “Reino da Tudesia”.
A rede de Internet é un fantástico instrumento para o coñecemento e a información, para a investigación e súa a difusión, pero esta riqueza é tamén o seu maior perigo, non hai control que garanta a calidade e o rigor da información á que accedemos;
cómpre analizar sempre de onde procede unha información como un elemento que nos axuda a súa avaliación. A "arqueloxia cibernáutica" ten estes riscos, o internauta é coma un arqueólogo que ten de analizar os contidos que atopa para a súa identificación e interpretación. Collendo todo o que atopamos corremos o risco de dar crédito a falsidades como as que nos ocupan hoxe.
Da lectura do devandito artigo sobre este suposto reino (que calquera pode consultar en:
http://reinodelatudesia.fullblog.com.ar/post/reino-de-la-tudesia-articulo-wikipedia-341219034348) cheo de nomes, de relatos e de noticias varias sobre xenealoxias, etc., caberia comentar varios aspectos pero centrémonos en dous case previos:
1.- No relato sobre ese pretendido reino de Tui non hai unha soa cita histórica que garanta a súa existencia; o que si hai é unha manipulación continua dos feitos para xurdindo da coroación de Witiza coma rei ligar toda a súa descendencia, suposta ou real, como titulares deste reino da Tudesia. Cómpre insistir que a historia basease na documentación e non se aporta documento algún que certifique a existencia histórica desta denominación.
En toda a Alta Idade Media, anterior e posterior á invasión musulmana, existiu un “territorio tudensis” con numerosas referencias documentais acreditadas, ou un “comes” ou conde tudense, con xusrisdicción neste territorio... pero aquí non é aportada cita documental algunha que avale a existencia histórica dese pretendido reino.
2.- En segundo lugar, as xenealoxias, as ligazón familiares que aporta este “relato” e sobre as que basea a continuidade histórica dese suposto reino, son extriadas de diversas crónicas e cronicóns medievais do reino astur-leonés que, en xeral, non están aceptadas polos historiadores como fidedignas senón que trátase de relatos creados coa tentativa de consolidar ao novo reino astur enlazando aos monarcas asturianos coa monarquia goda para garantir a lexitimidade do novo reino do Norte.
As chamadas crónicas asturianas (albeldense, rotense ou sebastianense) son as que nutren a meirande parte das relacións familiares que recolle este artigo, pero estas crónicas e outras posteriores están imbuidas do espírito neo-goticista, impulsado polo monarca Afonso III, que tenta vencellar en todos os ámbitos ao nacente reino austuriano coo monarquia visigoda pero a historiografia, aínda recoñecendo o seu caracter de fontes de información, sinala as súas constantes manipulacións ideolóxicas, recreacións fabulosas e mesmo silenzos.
Non hai documentación alguha aceptada polos historiadores que estudan este período que verifique as relacións familiares que os defensores do “Reino da Tudeisa” toman dos cronistas medievais, por tanto a continuidade familiar que pretenden demostrar na dirección do reino da Tudesia carece de rigor histórico. As ascendencias da aristocracia altomedieval galega, como, por exemplo, os “comes” Gatón ou Betote ou Hermenexildo Gutierrez en Tui non é posible rastrexarla máis aló dos seus pais e outros intentos non poden ser calificados mais que coma invencións dalgúns cronistas medievais e que, lamentablemente, atopan eco na actualidade.
Velai pois como de noticias carentes dun mínimo rigor elaborase un relato histórico que pola súa febleza non é merecente dunha crítica pormenorizada. Amáis os propios redactores ao final sinalan: “El reino de la Tudesia cubre un período histórico determinado y preciso. Sin embargo, la sucesión de diferentes entidades políticas a lo largo de la historia es una geografía más o menos coincidente ha convertido en doxa que las unas pudieran ser continuidad de las otras. Si bien este concepto no tiene asidero histórico (...) convertido en mito, los imaginarios populares son tambien constructores de cohesión social de la comunidades humanas que habitan un territorio, en cuanto son componentes fundamentales de las mentalidades”. Ao cabo resulta que non falamos de historia senón da construcción de mitos, de identidades... nun territorio, pero eso basease nunha historia común, vivida por un pobo, que a asume na súa memoria colectiva... pero ese tema da memoria é outro ámbito diferente da investigación propiamente histórica. O que nos presentan ao longo deste relato é pois unha elucubración fantasiosa para afondar nunha memoria histórica común a un territorio, hoxe separado polos propio curso dos acontecementos, o antigo territorio tudense.
Cando estaba redactando este comentario, coñezo o programa do interesante coloquio organizado a inicios do mes de maio pasado no municipio portugués de Boticias sobre a presenza céltica no Noroeste Penínsular –tema de novo recurrente na historiografia galega actual- e sopréndome ao coñecer unha comunicación da tudense Dolores Seoane titulada: “Sobre el território Turdii y el Príncipe de Tudesia”. Da lectura deste relatorio, publicado pola Cámara Municipal de Boticas únicamente comentar que voltamos de novo a falar deste reino ou, usando as expresións desta ponencia, “señorio real” da Tudesia, na mesma liña de non aportar novas probas.
El señorío real de la Tudesia, que aparece referenciado en el siglo VII junto a Hermes Egilón I de Tude, princeps de Tudesia, rex de Gallaecia, abuelo del rey Flavio Witiza Baltés, rey de la Hispania visogoda” enuncia este relatorio, pero ¿onde atopamos esa referencia? ¿en que crónica aparece este reino da Tudesia? ¿en que documento está citado?.
Esta comunicación está de novo baseada en supostos, sen apoiatura documental algunha. Velaí un exemplo: “seguí el desarrollo de las familias gobernantes de la Gallaeciae desde el año 999 hacia atrás (...) si tenemos en cuenta las costumbres ancestrales, es posible que la familia del jefe de los Turdii emparentara con la familia del “legado” del Imperio dando lugar a un nuevo tronco familiar hispano-romano del que, a mediados del siglo IV de la era cristiana, procedia Teodosio I de Roma” (sic). Non paga a pena comentario algún, é todo unha continua mistura de datos tomados de traballos dversos con suposicións da autora.
Remata este relatorio con esta frase que xa o di todo: “Soñar es una característica del ser humano. Los sueños pueden indicarnos un camino a seguir, tambien pueden ser un medio de comunicación con nuestro pasado o simplemente una forma de materializar nuestros más íntimos deseos”. Non cómpre engadir nada.
Tui esta vella cidade precisa investigadores que pescuden nos diversos períodos da súa historia e a Alta Idade Media (a presenza sueva, visigoda, os inicios do reino asturiano...) é dos momentos do noso pasado que demandan máis estudos e coñecemento. Por outra banda, a nosa cidade agarda un novelista que continue o camiño iniciado por Xosé María Álvarez Blázquez, coa súa novela “Las estatuas no hablan”, ou Roque Cameselle co seu relato “Bieto Dubidoso”... convertendo ás vellas ruas, a este outeiro miñoto, en protagonista dunha narración que reflicta a identidade nas nosas xentes. Por mágoa este “conto” do reino da Tudesia é disfrazado dunha verosimilitude e dunha historicidade que levan a confusión, cando no noso acervo colectivo hai abondosos materiais na tradición popular para construir mitos, lendas, soños... Unha cousa é a historia e outra as historias...

Rafael Sánchez Bargiela

Comentarios

  1. Abraiado estou. E non tanto polo da internet, que xa sabemos os que navegamos un pouco que se poden atopar «historias» moi pouco fiables, senón do da señora Dolores Seoane nun coloquio sobre cultura céltica do noroeste.
    A verdade que é un post excelente, noraboa.

    ResponderEliminar
  2. Grazas por estas páxinas nas que tanto aprendemos e coas que tanto gozamos. Aquí quizais comece unha bonita historia entre a teima dun historiador por descubrir a "verdade" que se agacha nos documentos e "Identidade" que precisa botar man de argumentos para afirmarse, aínda que estes non estean en documentos e pairen entre os desexos dos moradores e moradoras da cidade. O malo é cando a "historiadora tudense" non coñece a liña entre a "literatura" e a "historia", ou cando non se achega nin a unha nin a outra...
    É unha sorte que se nos achegue todo este traballo tan interesante.
    Marga do Val

    ResponderEliminar
  3. Parabéns polo artigo. É un pracer ler a túa bitácora e coñecer a historia de Tui dunha fonte tan documentada.
    Propóñoche, se me permites o atrevemento, que nos fales de dous temas sobre os que tamén creo que soe haber bastante confusión entre a xente: a fundación mítica da cidade de Tui por parte dun fillo de Tideo (que moitos veciños dan por verdade histórica) e a autoría da ponte internacional, que constantemente se atribúe a Eiffel.

    ResponderEliminar
  4. Encántame o artículo da nosa terra. Bo traballo!

    ResponderEliminar
  5. Respeto tu punto de vista, pero gracias a Dios Colón, los RRCC y el Papa no se basaron tanto en los documentos preexistentes, de lo contrario todavía podríamos suponer que América no existe, del mismo modo que los fundamentalistas cristianos no creen en la existencia de los dinosaurios, que por supuesto no dejaron documentos escritos.
    Las tradiciones son fuente de conocimiento, mientras que los documentos oficiales sólo muestran una visión parcial de la Historia. ¿Acaso alguien ha leído la historia de la guerra de Troya cantada por un cronista troyano?
    Yo creo firmemente en la existencia de ese reino de la Tudesia porque es tradición familiar transmitida de generación en generación, aunque vivo en un país angloparlante y mis orígenes familiares no son ni portugueses ni gallegos.
    GIULIANA

    ResponderEliminar
  6. Hace varios años un presidente italiano visitó Buenos Aires. Entre los actos con que fue agasajado miembros de la gran colectividad ítaloargentina bailaron danzas tradicionales italianas desconocidas para el propio presidente.
    Es que las tradiciones locales evolucionan, mientras que las comunidades inmigrantes las cristalizan. Tal resulta la del Reino de la Tudesia, una antigua tradición vigente en la quinta provincia gallega hoy olvidada en su tierra de origen.
    No hace falta el Acta de Nacimiento de Colón para admitir que América existe. Hay evidencias.
    Flavio Witiza fue coronado rex en el Regnum Suevorum en vida de su padre Égica y estableció su corte en Tude, donde transcurriera su infancia. La numismática lo corrobora. Por entonces la Tude antigua se encontraba en la margen opuesta del Miño. ¿Porqué coronar un rey donde un duque hubiera sido autoridad suficiente para representar al poder real central?
    El poder de la Hispania Goda está ya muy fragmentado y cada señor es un autócrata en su señorío. Para regir cada territorio se designará a quien sea reconocido como su señor natural, no a un noble palatino.
    Si en la Tudesia se designa a un rex, no a un dux, es porque se trata de un reino y porque el linaje de Égica es el de un rex en ese territorio en el que corona a su hijo. Llamativo, pues la monarquía goda es electiva, no hereditaria. Aquí hay otras tradiciones, que se confirmarán en la sucesión Égica-Witiza-Achila.
    Los últimos reyes de Hispania no han sido godos étnicos. A Ervigio se le presume con fundamento un linaje armenio. Yerra Dolores Seoane; Égica podrá pertenecer a un linaje indígena, godo, suevo, alano, hispanorromano, celta si se quiere, pero no hay documento que indique que perteneciese al linaje Balthes; para entonces la ley goda admite ya los matrimonios mixtos, no como graciosa concesión, sino reconociendo una realidad mixogénica en todos las capas sociales, con aritmético predominio del elemento sustrato mayoritario según las diversas geografías.
    De este Reino de la Tudesia habla el autor del citado artículo. El nombre -Reino da Tudesia, Gallaecia, Regnum Suevorum, Territorio Tudensis, Condado Tudensis- es irrelevante. Prolongación simbólica de reinos anteriores, pero continuidad histórica de algún señorío independiente surgido de la descomposición del inestable Reino Suevo. Sus gobernantes serán reyes –como Witiza-, duques –como Hermenexildo-, o condes -como sus hijos, llamados prínceps-, los auténticos señores del lugar. ¿Tiene relevancia cómo los titulen las “crónicas asturianas” cuando están cargadas de intencionalidad “coa tentativa de consolidar ao novo reino astur enlazando aos monarcas asturianos coa monarquia goda para garantir a lexitimidade do novo reino do Norte”? Permítaseme decir que en este orden se encuadra el matrimonio de Ozenda con Bermudo. La casa Astur se legitima en la alianza matrimonial con la legítima casa real, la del último rey indiscutido de la Hispania unificada, Witiza.
    Muchos linajes regionales hacen tradición su origen en Égica, vía Witiza, Hermenexildo, y el conde-príncipe Gutierre de Celanova. Los mejor documentados resultan los Pazos pontevedreses y los Feijoo del mayorazgo del Codesal, Orense. Esa secuencia es consignada en la monumental enciclopedia de los García Carraffa.
    ¿Documentos que avalen la existencia del Reino? Parece, como dice Giuliana, que la Tudesia será la Troya de Occidente, porque pese a la insumisión de los magnates galaicos medievales al predominio astur no prevalecieron. ¡Si hasta en Tuy se cuestiona hoy la existencia del Reino da Tude!

    Daniel Figueroa Rodrigues

    ResponderEliminar
  7. Algo insolito estos comentarios. Te cuento como es en Uruguay. Las primeras familias gallegas que llegaron a este pais venian de los fracasados intentos castellanos de poblar la Patagonia. Venian siguiendo a su princeps, precisamente. El reino de Tudesia ya no existia, por supuesto, pero el princeps seguia siendo su princeps. En Galicia no se desayunaron de estas cosas? Mis saludos, muy buena tu pagina.

    ResponderEliminar
  8. Bueno, pero entonces existió o no existió ese Reino de la Tudesia o Reino da Tudesia? O será una leyenda conservada por los gallegos en América y olvidada (¿o escondida?) en Europa. Aquí no llegaron muchos gallegos, pero he oido hablar no pocas veces de ese reino. Quizás sea sólo un mito, pero un mito con tanta presencia es sospechoso, verdad?

    ResponderEliminar
  9. Querido anónimo,
    Os tudenses sabemos conservar as tradicións, mantendo, por citar un exemplo, unha continuidade histórica na sede episcopal dende o século V. Este pretendido reino da Tudesia carece da mínima acreditación e o que resulta máis importantes de ningunha tradición e menos aínda documentos que o avale.
    Nunca, por exemplo Guterre de Celanova, pai de San Rosendo, declarouse ou foi nomeado como como rex ou dux da Tudesia... pois o xentilicio correspondente a Tui, ou Tude nas fontes clásicas, é tudensis nunca tudesis.
    Crear tradicións "extemporáneas" a miles de quilómetros é moi doado... pois se carece do coñecemento e da experiencia que o paso do tempo ten aportado ao tudenses.
    Cómpre non confundir literatura e historia.

    ResponderEliminar
  10. As pedras non menten: busca as pedras da tua Oliveira do outro lado do rio e questiona-te porque non aparece história das pedras do que seria baluarte oposto a non ser que fora fielmente acochado pelo mesma xente que tem - sangue, tradición e coraxe (non título nobiliário) para seguir com a espada tinguida por "sangue de reis";

    Uma pequena cousa - a história é contada polos vencedores - nunca polos vencidos: Rosendo eclesiástico é um mito que a Roma moderna pregoa para submisión das masas que - benditas - são chamadas de ovellas fiéis... quem pensa por si mesmo questiona-se: de Bartolomé de Rebordáns, a Maria das Clarisas ata as pedras mal amanhadas da catedral dos Souto-mayor que deixan os seus sepulcros fora dos muros da civitas no convento de San Domingo... hay que estar durmindo ou ler apenas nos libros e non pasear nas ruas, falar co as xentes ou ver as pedras da outra santa maria da oliveira,do outro lado do rio, que falam na sua fachada Norte disso que os teus libros apagaran da história.

    Letrado - sigue buscando: um dia - coma um tal Newton - caerá uma pedra do céo na cabeza chea de datos e abrirá o mundo nobo para o que está preenchido de cousas vellas...

    Saúdo

    ResponderEliminar
  11. Diz o refrão castelhano: "cuando el río suena es que agua lleva". Investigue-se sobre o assunto. Algo há de aparecer, para bem ou para mal. Se existe esse ruxe-ruxe sigamos o ruido para ver onde nos leva. Isso sim é ciência.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas t…

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas.


Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos custodi…

O grupo "Ultreya" tudense (I)

A comezos do ano 1932 o daquela profesor do Instituto de Noia, Álvaro de las Casas, funda con varios rapaces alumnos seus os Grupos Ultreya que terán un curto pero activo papel no desenvolmento da nacionalismo entre a mocidade galega.
Alvaro de las Casas (Ourense, 1902 – Barcelona, 1950) é unha persoalidade apaixoante (o estudo de Uxio Breogan Dieguez asi o documenta). Tras os seus estudos de Filosofía e Letras (especialidade de Historia) en Valladolid, trasladouse a Madrid sendo nomeado secretario particular do conde de Vallellano, alcalde de Madrid. Mantivo de sempre grande relación con intelectuais galegos especialmente con Vicente Risco.
Pero en 1930 da un xiro a súa actividade, adoptando unha actividade galeguista e republicana, incorporándose ao ensino público. Chega en 1930 como profesor de Xeografía e Historia ao Instituto de Noia, posto no que continuará ata a súa destitución polos sublevados en agosto de 1936, cando xa tiña fuxido para Portugal. Tivo unha traxectoria ás veces …