Ir al contenido principal

Entradas

Cuarto centenario do titulo de "Moi nobre e moi leal" á cidade de Tui: preguntas e hipóteses

  Hai unhas semanas o amigo Carlos Pérez-Fonterosa, afervoado seguidor deste blog e a quen lle dedico este artigo, escribiume un whastapp reclamando que dende Tudensia nos ocupásemos da conmemoración do cuarto centenario da concesión por parte do Rei Filipe IV á nosa cidade do título de “Moi nobre e moi leal cidade” que segundo a información achegada foi o 13 de outubro do ano 1623. Celebrariamos por tanto estes días de outubro o catrocentos aniversario desta distinción honorífica. A condición de cidade de Tui figura xa na documentación medieval e asi no documento do ano 1071 de Dona Urraca que concede diversas doazóns a recentemente restaurada diocese tudense atopamos a expresión “ Tudensis sedis ipse episcopus... ipsam civitatem” e dende aquela todos privilexios concedidos á Tui fan referencia a súa condición de cidade. Como afirma Pedro López: El concepto actual de ciudad hace referencia a una población grande tanto por su extensión como por el número de sus habitantes, pe...

Un relato histórico sobre Tui de Leopoldo Martínez Padín, no seu bicentenario

  Onte, 23 de setembro, cumpríronse douscentos anos do nacemento na rúa Canicouba tudense do escritor e historiador tudense Leopoldo Martínez Padín, a quen lle temos dedicado o último post deaste blogue. Hoxe completamos esta achega sobre Martínez Padín recollendo un breve relato ou narración histórica sobre o pasado de Tui. Cómpre lembrar que a figura de Leopoldo Martínez Padín e a súa obra, especialmente a referida á historia de Galicia, necesita ser contextualizada dun dobre sentido para a súa axeitada comprensión. Por unha banda, reivindicando a singular aportación que significa a publicación en 1849 do primeiro volume da “Historia política, religiosa y decriptiva de Galicia” que destaca polo amplo enfoque e cun ambicioso plan a desenvolver. En ella no sólo intenta narrar los acontecimiento sino que examina también, auunque con muy poca profundidad y rigor científico, todos los aspectos (a la altura de su época) greográfico-socio-económico-políticos de la sociedad gallega [...

Bicentenario de Leopoldo Martínez Padín

  Unha das rúas máis céntricas de Tui leva o nome de Leopoldo Martínez Padín, pero estou certo que a inmensa maioría dos tudenses descoñecen por completo algún dato sobre este persoeiro asentado dende hai máis dun século no rueiro tudense. Leopoldo Constantino Eustaquio era fillo de Francisco Xavier Martínez de Seixo e Joaquina Padín y Giménez de Ortega, Leopoldo nace na rúa da Canicouba o 21 de setembro de 1823, sendo bautizado ao día seguinte na catedral [1] . Polos avós paternos a súa familia procedía de Sanguiñeda (Mos) e polos maternos de Vigo. En case todas as biografías consultada se afirma que ingresa no Seminario Conciliar tudense, onde permanece dous anos estudando Gramática e Filosofía, para continuar logo os estudos de Xurisprudencia e Cánones, recibindo en ambos a licenciatura en 1847, coa cualificación de “némine discrepante” a claustro pleno. Sen embargo, cómpre precisar que o Seminario Conciliar tudense non foi creado ata o ano 1850 polo bispo Casarrubios y Me...