A igrexa tudense de san Domingos, declarada monumento nacional -hoxe Ben de Interese Cultural- no ano 1931 é unha das principais referencias patrimoniais da nosa cidade. A súa obra arquitectónica, exemplo sobranceiro de arte gótica das primeiras décadas do século XV, amplamente reformada no século XVIII, está enriquecida por soberbios retablos barrocos, tanto o maior, dedicado a san Telmo, obra de Antonio del Villar, escultor de Redondela, realizado no 1741, así como retablo do Rosario de autor decoñecido e datable na seguinte década onde destaca a súa afamada representación da batalla de Lepanto.
Este
templo dominico atesoura outros destacados elementos patrimoniais, como é o
caso, por exemplo da escultura pétrea de San Domingos, obra gótica datada en
torno a 1400, a máis antiga conservada en Galicia coa representación iconográfica
deste santo co báculo en tau e a representación dunha pomba, atributo dominicano
case exclusivo de Galicia.
A
outra peza escultórica de gran valor que pasa normalmente desapercibida na
visita a esta igrexa é a escultura popularmente coñecida como “Santo Cristo da
Augas”, localizada na capela dereita do ábsida da igrexa, nun retablo de finais
do século XVIII, cun certo carácter historicista.
O
historiador Aureliano Pardo, un dos principais estudosos da presenza dominica
en Galicia, escribe no seu traballo sobre o convento de San Domingos de Tui,
editado entre 1938 e 1940[i], o seguinte:
La capilla absidial del lado de la Epístola data de la
misma fecha que la mayor (hacia 1424) y titulábase del “Santo Cristo” o del “Buen
Jesús” en el año de 1610 cuando adquirió su patronato el licenciado Juan de
Bugarín
En el último tercio del siglo XVIII el canónigo de Tuy D.
Luis Jiménez de Saboya mandó construir el altar y el retablo del Santo Cristo
de las Aguas, antes denominado del Buen Jesús, en la capilla absidial del lado
de la Epístola y regaló para el una lámpara de plata, dotándola con 6.000
reales para el alumbrado de los cuales hizo entrega a la comunidad dominicana
con fecha 1º de noviembre de 1785; también donó una vinajeras, dos candeleros y
un crucifijo de plata para dicho altar, en el cual hizo además una fundación de
misas. Como bienhechor ilustre del Convento, costeó también todo el cortinaje
de la iglesia y otros objetos de culto.
El retablo construido entonces y costeado por el canónigo
D. Luis Jiménez de Saboya, es greco-romano, con las imágenes del Santo Cristo,
la Virgen y San Juan Evangelista[ii]
en el camarín del centro y al pie del mismo un relieve de las Ánimas y en los
laterales san Luis Beltrán y Santa María Magdalena.
Afonda
no coñecemento desta imaxe a historiadora Carmen Manso, principal especialista
na arte gótica en Galicia, na súa tese sobre a arte dos dominicos en Galicia[iii],de onde recollemos estes párrafos:
La del lado de la Epístola hubo de proyectarse con la
capilla mayor en 1415, de acuerdo con los elementos constructivos que presenta,
y en ella se reconoce el mismo taller que trabajó también en la absidial del
Evangelio (…) La noticia más antigua
sobre su advocación, el Buen Jesús o Dulce Nombre de Jesús, se encuentra en una
carta de donación de Pedro de Alemparte (4-1-1512) destinada al cumplimiento
litúrgico sobre la sepultura de su padre y hermano, donde disponía su inhumación.
El enterramiento se hallaba situado entre el de la esposa de un mercader y el
altar de San Sebastián. Las reducidas dimensiones de la capilla hacen suponer
que este último se encontrase sobre uno de los machones de ingreso. Por otro
lado, la devoción al Buen Jesús en Galicia se documenta a partir de la segunda
mitad del siglo XV, lo que permite conjeturar la existencia de un altar
medieval con la imagen de su titular en el interior de la capilla.
(…)
En el altar moderno de la capilla absidial de la
Epístola, se encuentra un Crucificado, cuyo primitivo emplazamiento se
desconoce. Su traslado a esta capilla – “Santo Christo”- ha de remontarse hacia
finales del siglo XVI.
La figura, unida a la cruz de “gajos” -simulando el tronco
si desbastar- con tres clavos, presenta cuerpo delgado y contornos anatómicos
suaves. El dramatismo se concentra en las magulladuras -leves-, en las heridas
sangrantes del cuerpo y, especialmente, de la cabeza. Ésta, ligeramente vuelta,
ofrece largo cabello, barba y bigotes de pelo natural; corona postiza sogueada
de largos espinos, que le cubre la frente; ojos cerrados y boca entreabierta.
Un paño de pureza en tela, oculta el original. Las piernas ligeramente
separadas, permanecen verticales y los pies se curvan en rotación interna, para
facilitar su traspaso a un solo clavo.
Su parentesco con los crucificados de la catedral de
Ourense y santa María de Fisterra, sin otros paralelos conocidos en Galicia,
facilita tanto su filiación tipológica como su datación a mediados del siglo
XIV. En efecto, con ellos se relaciona la cruz de “gajos”, la corona postiza sogueada
-de espinos largos la de Tui-, el cabello, barba y bigotes de pelo natural; la
delgadez del cuerpo, las manos abiertas con el pulgar separado y los demás
dedos unidos, y las piernas -más juntas las del de Ourense- en vertical. La
cabeza del Cristo de Tui, erguida y ladeada, adopta una postura intermedia con
respecto a la de aquéllos. En el de Ourense, la inclinación frontal oculta
parte del rostro; en el de Fisterra se tiende hacia una inclinación lateral. En
estos, a diferencia del de Tui, se acentúa el dramatismo con numerosas
magulladuras y heridas en el cuerpo, y la incorporación de grandes clavos.
Pola
súa banda, Suso Vila busca unha datación máis temperá desta imaxe[iv]: Grazas á inestimable
colaboración de María José Martínez Martínez (especialista no afamado Santo
Cristo de Burgos cuxa primeira referencia data de 1308) podemos descartar totalmente
a vinculación do Cristo das Augas a este tipo de imaxes, xa que non posúe as
características axeitadas. O Santo Cristo das Augas é unha peza singular, dun valor
inestimable, de procedencia norte europea, e que é posible datala no primeiro
cuarto do século XIV, isto é no momento do traslado do convento dominico en
Tui.
Aínda
que a hipótese de Suso Vila non aporta, por mágoa, información que afonde nesa orixe nórdica da talla, o
seu estudo e mais o de Carmen Manso certifican a antigüidade desta imaxe do
Santo Cristo datable no século XIV, constituíndo unha peza de gran valor
artístico e histórico, un exemplo sobranceiro de escultura medieval.
Noutro
traballo de investigación de Carmen Manso Porto sobre un debuxo do relevo fundacional
do convento dominico tudense, recolle esta historiadora diversos documentos conservados no
Arquivo da Real Academia de la Historia vinculados á documentación empregada
por Enrique Florez para elaborar o tomo dedicado a Tui da súa monumental “España
Sagrada”[v]. Entres estes manuscritos
se conservan unhas Apuntaciones históricas de la ciudad e iglesia de Tuy, que recolle
interesantes notas e que a autora atribúe ao doutor Manuel Clemente Fernández de
Zúñiga, arcediano de Miñor, e un dos colaboradores máis activos do Cabido
tudense con Flórez. Entre estas notas figuran diversas noticias sobre este Santo
Cristo da Augas que nos informan sobre o seu culto e valor devocional:
En esta yglesia y capilla colateral de la epístola está
la devotíssima imagen el Santísimo Christo de las Aguas; es de estatura
perfecta, el espirar con pelo y barba natural, de modo que causa espezial
reverencia y devozión a quantos la miran con atenzión. Dícese que habló a un
religioso mui devoto suyo y que fue hallada en el río Miño por unos pescadores
que, andando pescando en el río y puerto inmediato a la yglesia, le sacaron en
las redes, y que de aquí se le dio el título de las Aguas. Y acaso también
porque en años fatales de grandes secas, después de varias rogativas se acudió
por último recurso a esta santísima ymagen, sacándola en processión y se
consiguió el beneficio de la lluvia con tal prontitud y circunstancias que
parecían milagrosas. También entienden las gentes la pía devozión de lavar los
pies a esta soberana imagen y dar a beber el agua a los enfermos de más peligro
y han experimentado el beneficio de la salud
Estas
noticias de Fernández de Zúñiga son coincidentes con outras diversas atribucións
dunha orixe milagrosa á presenza destas imaxes devocionais do Crucificado. So
por citar exemplos próximos unha similar procedencia é atribuída ao Cristo da
Victoria de Vigo (tamén chamado do Sal, atopado no mar por un barco que tras
diversos avatares o entrega na Colexiata viguesa) ou ao Cristo das Augas de A
Guarda, cuxo descubrimento se sitúa en 1538, ou, por citar outro exemplo, o
Santo Cristo de Fisterra que chegou á igrexa de Santa María das Areas dende o
inmediato océano.
Esta orixe milagrosa da imaxe do noso Cristo das Augas, que chega ao porto tudense e que foi depositada na igrexa vinculada ao peirao, como é o caso da igrexa parroquial de San Xoán do Porto dende onde pasou a integrarse no templo conventual dominico que acabou asumindo as devocións ligadas a esta antiga igrexa altomedieval.
Aínda
que o convento dos dominicos foi desamortizado, o 20 de outubro de 1835, o
culto na igrexa permaneceu ao longo do tempo estando atendida nun período polos
Claretianos (Misioneiros Fillos do Inmaculado Corazón de María), na década dos
anos 20 do pasado século, e posteriormente polos Servitas (Orde dos Servos de María)
que chegaron ata principios dos anos setenta. Eran varias as celebracións
litúrxicas que congregaban aos tudenses neste templo: a festa da Candeloria,
logo Nosa Señora do Carme e a única que se mantén na actualidade: a función do
Desencravo e a saída da procesión do Santo Enterro.
A
pesar desta progresiva perda da actividade cultual nesta igrexa a devoción ao
Santo Cristo das Augas chegou ata os anos cincuenta ou sesenta do pasado século
con periódicas rogativas para lograr a necesaria chuvia que garantise as
colleitas agrícolas. Aínda lembro as copliñas que miña nai cantaba:
Santo Cristo de las Aguas
Nuestro Padre celestial
Mándanos agua del cielo
Según tu divino amor.
Estes
sinxelos versos conservados na memoria popular testemuñan a permanencia do culto
e devoción ao Santo Cristo das Augas e que compre recoller para evitar o seu
definitivo esquecemento. Desta forma, ao valor material deste Crucificado
resulta importante engadirlle este valor inmaterial ligado á secular devoción
que as xentes de Tui tíñanlle a este Santo Cristo das Augas.
Un alto valor patrimonial, dunha das esculturas de maior antigüidade conservadas na nosa cidade, dotada dun dramatismo propio das representacións cristolóxicas dos últimos séculos medievais, pero que actualmente padece -por continuar o paralelismo- un dramático deterioro, atopándose nun estado deplorable de abandono cunha perdida progresiva da encarnadura da imaxe especialmente nas súas pernas e un amplo desgaste da policromía deste Cristo, como podemos contemplar nestas imaxes.
Esta
imaxe medieval do Cristo das Augas non foi sometida a ningún proceso de
restauración nas diversas intervencións realizadas nesta igrexa conventual de
San Domingos, tanto as financiadas pola Xunta de Galicia ou as realizadas no retablo
e cuberta pola Escola Obradoiro de Restauración de Tui na década dos noventa do
pasado século.
Estes vindeiros días de Semana Santa en que a igrexa de San Domingos acollerá de novo o Sermón do Desencravo, coa presenza de numerosos tudenses e visitantes, é unha ocasión idónea para insistir en que resulta imprescindible, e ata urxente, proceder a unha restauración desta talla do Santo Cristo das Augas para garantir a súa axeitada conservación, na ábsida deste templo gótico que tamén reclama unha intervención especialmente para o control das periódicas filtracións de auga que sofre este espazo patrimonial e que xa afectan notoriamente ao retablo de San Vicente Ferrer, no testeiro norte do cruceiro, que continua apuntalado dende hai máis de corenta anos, á espera dunha intervención cada vez máis necesaria.
[i]
Pardo, Aureliano (1938-1940): “El
convento de Santo Domingo de Tuy (apuntes históricos)” en Boletín de la
Comisión de Monumentos Históricos Artísticos de Orense, 11 (1938), págs.
414-521, 527-538; 12 (1939-1940), págs. 44- 48, 117-120, 189-192, 211-216,
282-287, 393-312 y 351- 358
[ii] Estas dúas imaxes foron retiradas nos
anos oitentta do pasado século e supoñemos estarán conservadas no Museo
Diocesano tudense.
[iii]
Manso Porto, Carmen (1993): Arte gótico en Galicia: los Dominicos. Vol. 1,
Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1993, pp. 335-365.
[iv] Vila, Suso (2009): A cidade de Tui
durate a Baixa Idade Media. Toxosoutos, 2009, pp. 356-357
[v]
Manso Porto, Carmen (2015). El convento de Santo Domingo de Tui en la España
sagrada de Enrique Flórez: un dibujo inédito del relieve fundacional. Archivo
Dominicano, 33, 131–169. Recuperado a partir de https://archivodominicano.dominicos.org/ojs/article/view/292
Necesaria intervención e obrigada!
ResponderEliminarGrazas por esta entrada tan necesaria!