Ir al contenido principal

Elena Gerpe, unha poeta no xornal "La Tetera" en 1914.

“La Tetera” foi un xornal tudense que comezou a súa andaina o 12 de outubro de 1913. Xorde coa vocación de contrarrestar a política municipal  e do distrito do Baixo Miño que monopolizaba a familia Ordoñez, primeiro con Ezequiel Ordoñez González, deputado polo distrito entre 1879 e 1901 ao que sucede o seu fillo Mariano Ordoñez como deputado incuestionable entre 1903 e 1923.


Na nosa cidade os representantes do ordoñismo na vida municipal e na vida social están encabezados por Venancio Lorenzo Rodríguez, que ocupou diversos cargos: concelleiro e primeiro tenente de alcalde (1893) e foi nomeado alcalde de Tui a finais de decembro de 1893. Foi tamén deputado provincial en 1896, 1901 e 1905. Volveu ser alcalde de Tui do 1 de xullo de 1909 ata o seu falecemento o 9 de setembro dese ano. A Venancio Lorenzo o sucede como representante do ordoñismo o rexistrador da propiedade José Emilio Herraiz Ruibal, que sen chegar a ocupar cargos no Concello controlaba a situación política do distrito.

A principal oposición política ao ordoñismo conservador, sobre todo en tempos de Ezequiel Ordoñez, non xurdía dos sectores liberais e progresistas -moi desdebuxados no panorama político tudense- senón do grupo tradicionalista, herdeiro natural do carlismo, reunido en torno ao Seminario -fundado en 1850-, cun grupo de sacerdotes encabezado, entre outros, por Antonino Cerviño e o sacerdote, daquela case mozo, Manuel Lago González. En 1893 promoven nas eleccións unha candidatura alternativa, afín ao Partido Integrista de Ramón Nocedal, ameazando seriamente a Ordoñez, que move os seus resortes que acaban desintegrando este núcleo opositor tudense.

Dende este momento os movementos críticos estarán capitalizados por outros sectores conservadores moderados e liberais, ata que nos inicios do século XX aparece no escenario o agrarismo, como eixe central da oposición social e política ao réxime da Restauración.

Naquelas décadas a prensa xogaba un papel primordial no debate político e por tanto en cidades e vilas xorden numerosos xornais como expresión na desta loita política que pretende mobilizar á opinión pública que cobra un progresivo protagonismo.

O ordoñismo tiña un principal apoio, aínda que non constante, no “Faro de Vigo” xa daquela xornal de referencia na nosa bisbarra. Venancio Lorenzo promoveu os xornais “El Vencejo” e “El Aloya”.

Pola súa banda, a oposición tradicionalista tiña como referencia a “El Eco del Miño” e dende 1888 “La Integridad”, cunha posición moi belixerante ata 1893, data do comentado incidente electoral, e logo máis matizada.

No ano 1913, como sinalabamos, foi fundado o quincenario “La Tetera: bi-mensual satírico (sobre cosas del Partido de Tuy)” que no seu editorial na primeira plana do seu primeiro número titulado “Aquí estamos” sinalaba o seguinte:

Amigos de ejercer nuestros derechos de ciudadanos, hemos tenido la humorada de acudir a este recurso para someter a la censura del cuarto poder los actos de los hombres públicos del distrito de Tuy, ridiculizándolos siempre que nos sea posible y ellos se lo merezcan; pues hartos ya de ver cómo se trata al pobre pueblo cual mulo de reata, no queremos hacernos solidarios con nuestro silencio de un estado de cosas que no pueden perdurar sin quebranto del buen nombre de los hijos de la ciudad de Doña Urraca

Este xornal tivo como primeiro director a Jenaro Carrera, “Patolas”, un afamado fabricante de chocolates en Tui. Foi proclamado concelleiro de Tui en xaneiro de 1922 como agrario. Dirixiu tamén o xornal da Federación Agraria tudense, Vida Agraria. Foi detido con motivo da folga dos agrarios de Tui en novembro de 1922. Elixido presidente da Federación Agraria do Partido de Tui en 1924.En 1930 foi nomeado concelleiro e foi tenente alcalde de Tui. Na Segunda República integrouse no Partido Republicano Radical.

No libro de Jose G. Paramos sobre “Prensa periódica tudense” se recolle que Imprimíase dicho periódico en la “Tipografía de Gutenberg” de la villa de La Guardia. Su redacción y administración estaban en Tuy, calle de Seijas 10, o sea la misma casa que habitaba D. Jenaro Carrera, fundador y primer director la La Tetera[1].

O propio G. Paramos nos informa que el título mismo del periódico era una sátira contra el Sr. Herráiz, a quien el Alcalde y el Sindico del municipio tudense le habían regalado un juego de té con motivo de su boda[2]

Os colaboradores deste xornal chámanse “Criticones” e apunta que hai ata seis pero González Paramos no seu libro conclúe que son unicamente o director, Jenaro Carrera, o avogado Emilio Sias e o médico Alejo Diz Jurado, que realiza numerosos escritos nos que destaca a súa calidade en relación co resto dos redatores. Continua o G Paramos sinalando que estas criticas de La Tetera dieron motivo a no pocos disgustos y también para que se repartieran algunos garrotazos, siendo el primero en recibir estos el Sr. Carrera, a quien le acometió en plena vía pública un hijo de D. Sabino Jurado porque dicho periódico ridiculizaba despiadadamente al referido señor en todos los números por sus gestiones en la Alcaldía.

En vista de este percance de los garrotazos, dejó el Sr. Carrera la dirección del periódico, en cuyo cometido y responsabilidad el sustituyó el Sr. Sias a partir del número 11 hasta el último de los publicados (...) Y efectivamente el Sr. Sias recibió también algunas acometidas de las personas que se consifderaban agraviadas por el periódico, pero no por eso cejó en su campaña de criticar cuanto consideraba merecedor de censura[3]

Emilio Sias foi un destacado persoeiro na oposición ao cacicato dos Ordoñez, coaborou activamente co grupo tradicionalista sendo redactor e logo directo do xornal “La Integridad” entre 1903 e 1913, promovendo e dirixindo de seguido “La Tetera”. Participou activamente dende 1903 no movemento agrarista, ao que representa no concello tudense tras as eleccións municipais nas que participa co apoio da Sociedade de Obreiros Agrícolas de Pazos de Reis conseguindo unha acta de concelleiro. Posteriormente se traslada a Vigo – González Paramos di que decepcionado como veremos de seguido polo final do quincenario “La Tetera”- onde dirixe “Noticiero de Vigo”, La Mañana” (1915) e “La Noche”, falecendo naquela cidade en 1918.

A relación dos responsables do xornal tudense co movemento agrarista, leva a que pouco despois do cambio na dirección, a cabaceira sufra unha modificado, pasando del “La Tetera, bi-mensual satírico (sobre cosas del partido de Tui)” a ser identificado, dende o número 18, de 7 de xuño de 1914, como “La Tetera, periódico agrario semi-satírico sobre cosas del partido de Tuy”. Ficaba claramente localizado o posicionamento da oposición.


Tamén a redacción e administracion muda dende a rúa Seijas, onde habitaba e tiña o seu negocio Jenaro Carrera, pasando á rúa Augusto González Besada nº3 ao acceder Emilio Sias á responsabilidade da publicación[4]

Este xornal chegou ata o seu número 61 editado o 6 de decembro de 1914 pero este último número no fue repartido a los suscritores ni se vendió, como los anteriores, por las calles por haberle entregado la tirada completa del mismo al Sr. Herráiz el propio D. Alejo Diz. Habían hecho las paces estos dos señores y con la muerte de La Tetera terminó la oposición ostensible, a la política ordoñista que el Sr. Herráiz representaba en el distrito electoral de Tuy[5]

Nos sesenta números editado de “La Tetera” o número maioritario de artigos están asinados con pseudónimos. Os seus redactores asinan como “Criticón” identificándose coas seis primeiras letras do alfabeto. Certo que resulta evidente que os nomes de Jenaro Carrera, Emilio Sias e Alejo Diz son responsables da maioría dos escritos, especialmente este último[6]. Na publicación, onda aparacen diversos pesudónimos, os escasos nomes propio que atopamos corresponden a Indalecio Carrera Portela de O Rosal ou os irmáns Mariano, Luis e Heriberto Gerpe González e a súa irmá Elena.

Este catro irmáns son fillos do secretario do concello de Tomiño, Mariano Gerpe, que fora anteriormente do municipio de Cruces. Esta familia procede das terras do Deza, concretamente da parroquia de Cello (Lalín)[7]. Con outros parente promoveran unha fabrica de papel na parroquia de San Xiao de Rodis.

Un dos fillos, Luis Gerpe González, foi ordenado sacerdote en Lugo, aínda que trasladouse á diocese de Tui -onde residía a familia- sendo primeiro coadxutor da igrexa de Hospital, filial de Tomiño, despois párroco de Santiago de Estás, Parada das Achas e novamente Estás. Dende a súa época de seminario sempre tivo afección pola escrita. Utilizou os pseudónimos Alberto D'Estebo e Fuco de Outeiro. Publicou en “El Norte de Galicia” o folletín Gallegadas de unha festa (1904) e outras colaboracións xornalísticas.

Luis Gerpe colabora en “La Tetera” con unha serie de cartas abertas dirixidas a José Herráiz de carácter moi crítico coa actividade política dos ordoñistas no distrito, posición certamente curiosa ao tratarse dun presbítero que se adoitaban posicións políticas eran xeralmente de carácter tradicionalista e mesmo integrista. Os posicionamentos de Luis Gerpe, que sempre asina dende Estás, onde exercía como párroco, asi como dos seus irmáns inciden nesta liña de oposición e denuncia das prácticas caciquís de Ordoñez e os seus representantes no distrito. Pola súa banda, Heriberto, que asina dende Estás, e Mariano, dende Baiona na súa estadía vacacional, publican un número moita máis reducido de colaboracións.

Descoñecemos se foi a influencia dos seus irmáns, especialmente de Luis, o que animou a Elena Gerpe a colaborar tamén no quincenario tudense. Sexa como fora, o que podemos establecer é a presenza dunha muller como colaboradora de “La Tetera” nun momento histórico en que eran moi escasas as voces femininas que asinaban na prensa escrita, e moito menos na de carácter local, onde a presión do ambiente resultaba máis abafante para este tipo de novidades.

Descoñecemos practicamente calquera dato biográfico sobre Elena Gerpe, que residía nas terras de Currás - Tomiño coa súa familia, lembramos que o seu pai foi secretario do concello tomiñés nas primeira década do século XX, onde residías varios dos seus irmáns: Luis, como párroco en Estás, Heriberto, ou María que casa en 1905 co tudense Ignacio Areal Diz -co que emigra a América-.

En 1909 sabemos que residía en Tomiño coa súa nai e co seu irmá Luis, pois o xornal “Diario de Galicia: periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general”  no seu número de 17 de decembro de 1909 recolle a súa viaxe de retorno ao Baixo Miño.

A única colaboración de Elena Gerpe que aparece en “La Tetera” foi un longo poema titulado “Canto a Tuy” que figura no número do 14 de xullo de 1914. González Paramos no seu libro é moi crítico co poema de Elena Gerpe: la señorita Elena Gerpe, parienta, sin duda, de los mencionados Gerpe, lanzó, desde las columnas de La Tetera, un Canto a Tuy escrito en quintillas rellenas de ripios y cascote, por entre cuyos materiales antipoéticos asomaban la oreja los prosaismos de la malhadada política rural. No creo que el tal Canto a Tuy haya sido escrito por la señorita gerpe, debió carpintearlo alguno de sus pariente [8]

Esta última afirmación sobre a autoría do poema non deixa de ser unha afirmación con escaso fundamento e con cheiro machista, abondosa naquel tempo en que escribe G. Paramos, 1919.. Carecemos de elementos que non permitan atribuír a autoría do longo poema a Elena Gerpe. Certamente non destaca pola súa alta calidade na composición e métrica, pero resulta un atrevemento tanto da autora como dos responsables de “La Tetera” a inclusión do poema, a única colaboración feminina nos 61 números do xornal tudense e penso non equivocarme se afirmamos que é a primeira colaboradora feminina na prensa tudense ata aquel momento.


O texto de Elena Gerpe se inxire no canón estético ou literario que correspondíalle pola súa condición de muller. La mujer escritora se encuentra atrapada entre una estética romántiva que valora lo espontáno y las estrictas normas que definen culturalmente la feminidad. Gracias a la corriente romática y a su concepción de la escrituta como algo espotáneo, como una expansión del alma, las escritoras encuentran la necesaria validación y legitimación de su escritura a la vez que se ven en la encrucijada de tener que reflejar en su obra las características subjetivas que se adecuaban a su función doméstica -amor tierno y sentimental, sensibilidad ante la belleza natural y el sufrimiento humano, fantasia decorativa, religiosidad arraigada y un inocente desconocimiento del mundo y de la carne[9]. Con todo no poema de Elena Gerpe atopamos tamén un posicionamento político, unha certa crítica social, superando amplamente os estritos canones asignados ás mulleres escritoras. Una circunstancia que merece ser resaltada.

Reproducimos de seguido este poema dedicado a Tui publicado no número 21 que corresponde ao 14 de xullo de 1914 coa recuperación do nome de Elena Gerpe González como unha das escasas mostras da escrita feminina na prensa tudense das ultimas décadas do XIX e as primeiras décadas do século XX.

 

CANTO A TUY

A ti, que brillas lozana,

ciudad garrida y hermosa,

cual rocío que engalana

al nacer de la mañana

el capullo de la rosa.

 

A ti, Tuy, la que enamoras,

honra y gloria de Galicia,

que cual niña encantadora

atrajiste seductora

los pueblos de la Fenicia;

 

A ti, verjel de hermosura,

la de la florida vega

alfombrada de verdura,

que el Miño bordando riega

con raudales de agua pura.

 

A ti quiero bosquejar

en mi pequeña canción

aunque no sepa rimar,

porque le quiero contar

lo que siente el corazón.

 

Cantar quiero tus bellezas

al ronco son de mi lira,

y no taches de proezas

el que cante tus realezas

quien la contempla y admira.

 

Festoneada por el Miño,

dando envidia a Portugal,

estás tú, la sin rival,

como la piel del armiño

sobre alfombra de cendal.

 

Eres la perla agraciada

de esta tierra afortunada

y dice llorosa y triste,

la grande historia pasada,

¡que no eres ya lo que fuiste!

 

Diomedes te fundó

en ameno y fértil valle,

nombre de Tide te dió...

¡Diosa, te llamara yo,

de gentil y esbelto talle!

 

Alzaste al cielo orgullosa

cual el águila real

hiende el aire majestuosa

y cruza la nebulosa

persiguiendo un ideal.

 

Eres muy noble y leal,

tierra de sabios y santos,

abundante manantial

de bellezas y de encantos

que yo canto al natural.

 

Cual tortolilla gimiente

anidada entre rosales

veo lloras tristemente,

y la causa de tus males

es algún hijo insolente.

 

Eres madre cariñosa

que en tu regazo las flores

con arrullos seductores

besas tierna y candorosa

las frentes de tus amores.

 

Los buenos, pero inconscientes,

te miran indiferentes

a pesar de tu cariño

y de que besas sus frentes

como a ti te besa el Miño.

 

No llores, no, tortolilla,

que un día no muy lejano

morirá tu pesadilla.

¡Te lo dice esta chiquilla

con La Tetera en la mano!

 

En tu preciosa pradera

canta siempre el ruiseñor,

pero no chista siquiera

cuando pisa corredera

algún calvo de tu amor.

 

Si hubiese en ti quien a duelo

retase, para su mal...

¡gran excomunión el cielo

caiga sobre ese animal

que así deshonra tu suelo!

 

En ti no siente dolores

el que lejos ve su cuna

su casita y sus amores

porque embelesan a una

tus hidalgos y tus flores.

 

De la sonrisa el rizado

que sus rostros engalana

carácter noble y honrado

es el ser acostumbrado

de tus hijos, Tuy lozana.

 

Y si algún calvo te miente

con su rídiculo esplin

de impolítico delfín

no es así la demás gente.

 

Tus hijas son candorosas

y sencilla palomitas

que alegres y bulliciosas,

a porfía con las rosas

engalanan tus casitas.

 

Sus nobles almas te cantan,

con sublime inspiración.

endechas del corazón

que tus males soliviantan

al timbrar de su canción.

 

Doloridas y piadosas,

de sus ojos de cristal,

brotan lágrimas preciosas

cuando lloran cariñosas

tus reveses y tu mal.

 

Y no cesan de cantar,

de gozar y de reír

en su bello palomar,

cuando lo ven resurgir,

porque te saben amar.

 

Eres, Tuy, el ideal

de los sueños de tus hijos,

endulzado sitial

del que nace en tus cortijos

a tu sombra sin igual.

 

Eres fragante jardín,

donde esparcen sus olores

la azucena y el jazmín,

eres, si quieres, en fin,

un canastillo de flores.

 

Después de ser tan hermosa

y haber en ti gala tanta,

hecha excepción muy honrosa

que haga un músico tu glosa

y enmudezca mi garganta.

 

Y si algún vil caballero,

ruin hijo y mal cristiano

te mide por su rasero

yo le llamaré embustero

con La Tetera en la mano.

 

ELENA GERPE GONZALEZ

Currás, 7-Julio 1914

 

A única colección do quincenario "La Tetera" se conserva no Arquivo Municipal de Tui gracias á xenerosa doazón de Rosendo Bugarín González.

 



[1] G. Paramos, José: Estudio bibliográfico y crítico acerca de la prensa periódica tudense. Madrid, 1918, p. 271.

[2] G. Paramos, José: Op. Cit. P. 274.

[3] G. Paramos, José: Op. Cit. P. 278

[4] Iglesias Almeida, Ernesto: La imprenta en Tui. Tui, 1995, p. 71.

[5] G. Paramos, José: Op. Cit. P. 287

[6] G. Paramos, José Op. Cit. Pp. 277 e 285.

[8] G. Paramos, José: Op. Cit. P. 286.

[9] Pérez Lucas, Paula: Proto-nacionalismo y genéro. Imaginando a Galicia en la prensa femenina. El Iris del Bello Sexo (1841). En Comunicación e Xénero, 1, 2007, pp. 289-307.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le