Ir al contenido principal

A iconografía do Nadal no pórtico da Catedral (e II): a Epifanía

Continuamos neste novo post coa análise das representacións iconográficas da portada da catedral tudense, centrándonos hoxe nas escenas relativas á Epifanía que figuran no segundo nivel do tímpano deste pórtico e que recollen dous momento relacionados coa presenza dos Magos no ciclo de Nadal: a súa visita ao rei Herodes e a posterior adoración ao Neno Xesús.


No momento da Encarnación ou Nacemento de Xesús este acontecemento é revelado polo anuncio dos anxos aos pastores de Belén, ou sexa aos xudeus, pois Xesús asume a condición de Mesías ou o salvador agardado polo pobo de Israel. Pero os relatos evanxélicos recollen de seguido o episodio da Epifanía, ou primeira manifestación da divindade de Xesús, a primixenia teofanía de Cristo, agora a persoas alleas ao pobo de Israel, aos Magos de Oriente, expresando como a misión salvífica deste Neno abrangue a toda a humanidade, tamén aos denominados xentís.

O relato evanxélico de Mateo sobre a presenza dos Magos recolle a presenza da estrela, a visita ao rei Herodes, a adoración, o sono para non volver onda Herodes, a posterior matanza de nenos ordenada polo monarca e a fuxida da sagrada familia a Exipto. Serán outras fontes narrativas posteriores as que amplíen os detalles sobre estes episodios: nomes dos Magos, a súa orixe, idade do Neno, etc.

A representación tudense, que continua cun programa iconográfico ligado á catedral francesa de Laón -como sinalamos no anterior post- contén dúas escena interconectadas, pois as figuras dos Magos comparten a visita ao rei Herodes e a Adoración; de novo percíbemos un aparición dun dinamismo que supera o hieratismo ou rixidez dos modelos románico. Un dos Magos, o único que apreciamos porta coroa, fala co rei Herodes, namentres que outro olla cara aos espectadores e, finalmente, o terceiro deles adora ao Neno Xesús e a súa Nai.

Pórtico da catedral de Laon - Francia

A iconografía dos Magos foi evolucionando cos séculos, transformándose progresivamente en reis, en número de tres, pois o relato do evanxelista Mateo non concreta o seu número, que se deduce dos agasallos entregados -ouro, incenso e mirra-. Teológicamente, con el número tres hacían alusión a la Trinidad, cifra que permitía relacionarlos con las edades de la vida y considerarlos delegados de las tres partes del mundo conocido(..) En las obras más tempranas no hay diferencias aparentes entre ellos, pasando después a representar las tres edades de la vida –juventud, madurez y vejez–. El Cathalogus Sanctorum (siglo XV) determinó sus edades en 60, 40 y 20 años. Como representantes de las distintas razas y del tributo que le rinde al Niño toda la humanidad, se los vinculó con los descendientes de los hijos de Noé: Sem habría partido a Asia, Cam a África y Jafet a Europa. El rey que venía de Asia era el de más edad, el maduro era el procedente de Europa y el más joven el originario de África. Pero la fijación de sus tipos tardó en consolidarse[1]

Aínda que unha apreciación axeitada destas imaxes non é doada, podemos albiscar que na escena tudense, figuran xas representados como Reis, e así o Mago que fala con Herodes porta unha coroa que non observamos nos outros dous personaxes. Non resulta posible afirmar se na representación tudense se reflicten as expresadas tres idades ou se un dos Reis, o situado no centro, carece de barba. O que parece máis seguro é que aínda non figura unha representación de Baltasar, identificado como rei negro, manténdose os tres magos como de raza branca[2]


A indumentaria corresponde coa que se adoita empregar na plena idade Media, pois en las obras más antiguas estos personajes visten a la moda oriental con túnica corta, pantalones denominados shawar ajustados a las piernas y tocados con el gorro frigio o pileus por considerarse que eran magos oriundos de Persia, como van ataviados en San Apolinar el Nuevo (Rávena). Al adquirir su consideración de magos un matiz peyorativo, se los transformó en reyes, vistiéndose como tales, según la moda de la época, y tocándose con corona que puede cambiarse por un lujoso tocado en las obras clasificadas en fechas más tardías[3]

Cunha roupa tamén que corresponde á realeza se representa a Herodes, onde os artífices elaboran amplas túnicas demostrando nos seus pregues o seu dominio técnico e a súa habelencia, superadora dos parámetros propios do románico.

A figura de Herodes, representado sentado sobre unha cadeira, destaca pola súa postura coas pernas cruzadas que tradicionalmente se considera irrespectuosa e que remarca a condición prepotente que xa atopamos no relato evanxélico. Esta posición postural de Herodes non é moi habitual pero existen paralelos á representación tudense, así na portada da igrexa de Santa María la Real de Olite (Navarra), tamén datada no século XIII. Outra similitude entre ambas escenas está disposición dos tres Reis Magos: un ollando a Herodes, outro cara os espectadores e finalmente, o terceiro rei, xa en postura de adoración.

Portada da igrexa de Santa María la Real de Olite - Navarra

O Rei que departe con Herodes aparece representado con coroa e un cofre nunha das más. Na outra man porta un caxato ou bastón, que neste caso podemos relacionar cunha alusión a condición de viaxeiros, de peregrinos, destes tres Reis Magos que percorren unha gran distancia, conducidos por unha estrela -non representada no pórtico tudense-. Na liturxia os Reis Magos son invocados como padroeiros e protectores dos peregrinos.

Resaltar que Herodes coa súa man indica ao centro do tímpano, á escena central do mesmo, unha transición remarcada por outro dos Reis co seu agasallo que comunica coa adoración do terceiro Mago ao Neno Xesús e a Nosa Señora. Xa falamos das indicacións de dinamismo que corresponden a este primeiro gótico, datado no caso tudense arredor de 1225.

Los presentes que ofrecen los Reyes al Niño son, como se narra en el Evangelio Armenio de la Infancia y en el Pseudo-Beda, oro, por su condición de rey; incienso, por su condición divina, y mirra, por su condición humana (…) Estos presentes le son ofrecidos al Niño con las manos veladas en señal de respeto en las obras más tempranas, y posteriormente en cofres y recipientes de gran lujo adaptados a la moda del momento[4].

Na nosa escena os reis portan os correspondentes cofres cos seus agasallos nas mans que entregan ao Neno Xesús. A partir del periodo románico la Epifanía se convirtió en un vehículo de conceptualización teológica importante no solo para la vida religiosa, sino también para la política feudal, como un modo de exaltación del poder temporal y de la generosidad de los donantes. Es un periodo en el que prolifera esta iconografía tanto en tímpanos de portadas, capiteles, pintura mural, sobre tabla, miniatura, esmaltes, etc. Los personajes ya se representan como reyes, con largas túnicas y coronados, y dos de ellos barbados. Iconográficamente se impone la adoración, donde uno de los reyes en actitud genuflexa presenta los dones al Niño (…). En el arte occidental la genuflexión con una rodilla apoyada en tierra caracterizará el acto de adoración al Niño siguiendo la ceremonia feudal del homenaje del vasallo a su señor, mientras en el arte oriental la adoración se realiza mediante la proskynesis o prostatio.

Na escena tudense ollamos este xesto de adoración xenuflexa dun dos Reis en recoñecemento ao Neno Xesús como Deus e como Señor, nunha actualización da escena adoitada aos tempos feudais especialmente nunha cidade onde o señorío recae no propio bispo titular desta catedral. Como xa comentamos este rei carece de coroa, que pode deberse a unha tradición iconográfica pola que o rei máis próximo ao Neno se quita a súa coroa en sinal de recoñecemento e de que está diante dun Rei moito mais poderoso.

Neste segundo nivel do tímpano resalta especialmente a figura da Virxe María que porta no seu colo ao Neno Xesús (que por magoa perdeu nalgún momento a súa cabeza), que coa súa man bendice ao adorador, nunha postura xestual moi característica e que deriva dos pantocrator, ou representacións típicas da arte románica de Cristo cos seus atributos de omnipotente e soberano

A Virxe María aparece sobre unha cadeira e como o trono do Neno Xesús, respondendo ao modelo de orixe bizantina denominado Theotokos, figura igualmente coroada, como raíña, en correspondencia coa escena do Nacemento, do primeiro nivel deste tímpano, onde se alude a esta alta condición. Tamén resaltada pola presenza de dous anxos sobre a súa cabeza, aludindo a súa condición de raíña do ceos

Esta representación iconográfica podemos relacionala, polo seu paralelismo, coa imaxe mariana da “Patrona” que presidía, nos últimos tempos medievais, o altar maior da catedral tudense e que hoxe se conserva no seu museo catedralicio. Desta forma o pórtico da catedral tudense sinala á titular do propio templo, Santa María, que goza de especial protagonismo nesta portada.

 


Completa este segundo nivel do tímpano a figura de San Xosé, como integrante desta Sagrada Familia, pero carecendo de protagonismo na escena senón coma un personaxe secundario. A súa representación se axusta ao canon da época portando o seu bastón ou vara, que andando os séculos se aparecerá sempre florida.

Neste momento cómpre unha precisión. Entre as figuras de Maria e o Neno e San Xosé figura un personaxe, parece que axeonllado, portando unha copa, que nos “engana” pois induce a lembrar a un novo rei adorando ao Neno Xesús. Sen embargo, esta figura foi colocada na escena nas primeiras décadas so século XX descoñecendo hoxe as razóns que animaron a esta alteración desta portada. Achegamos un debuxo desta portada publicado no número de 18 de abril de 1880  de “La Ilustración Gallega y Asturiana” onde comprobamos a súa inexistencia. Tampouco figura na fotografía de Rosendo Bugarín editada en 1904 por Pedro Ferrer, de A Coruña, no Portfolio Galicia. A partir desta data xa aparece colocada esta figura ata os nosos días que altera a visión orixinaria desta portada.

Gravado en "La Ilustración Gallega y Asturiana" 18.04.1880

Fotografía de Rosendo Bugarín en "Portfolio Galicia" de 1904

Tres notas finais. Por unha banda, entre as figuras que aparecen nas columnas desta portada está a posible representación da raíña de Saba. Un tema empregado en época medieval como una prefiguración de la Adoración de los Reyes en el Antiguo Testamento se encuentra en la visita de la reina de Saba a Salomón en Jerusalén (1R. 10, 1-29)[5] que relacionamos coa misión salvadora de Cristo para todos a humanidade. Unha liña de traballo e investigación que é preciso abordar para unha comprensión integral desta portada.

Sinalar tamén que o terceiro nivel deste tímpano é unha alusión á Xerusalén celeste, ao reino do ceos ao que estamos chamados todos os homes e cuxo acceso a todos os homes foi aberto pola pascua de Cristo, pola súa Encarnación, Morte e Resurrección, misterios da fe que son representados nesta portada. Un pórtico que, precisamente, da acceso ao novo templo, á nova presenza de Deus entre os homes, que é esta Catedral dedicada a Santa María.

Finalmente, aludir como parte do programa iconográfico representado nesta portada figura “resumido” nun dos capiteis do arco triunfal da igrexa de San Domingos de Tui. Esta cabeceira do templo dominico foi financiada polo bispo Juan Fernández de Soutomaior nos inicios do século XV.


Unha nota a modo de epílogo para concluír este post. Non podemos esquecer que durante moitos séculos esta portada estivo policromada, aínda hoxe son perceptibles nalgúns recunchos os restos cromáticos. Descoñecementos ata que punto estes elementos iconográficos que vimos analizando estaban potenciados o diminuídos polo uso da cor. Os modos de percepción do noso patrimonio mudan co devir dos tempos pero a súa mensaxe permanece perenne, hai case oito séculos, entre nós.



[1] RODRIGUEZ PEINADO, Laura (2012): “La Epifanía” en Revista digital de iconografía medieval, ISSN 2254-7312, Vol. 4, Nº. 8, págs. 27-44;

[2] En el siglo XIV hace su aparición la figura del rey negro, reforzando el mensaje de la universalidad de la salvación. Ya hemos comentado cómo en el Pseudo-Beda ya se menciona el color foscus de Baltasar, pero en la Edad Media se pensaba que los negros constituían una raza condenada y degenerada como descendientes de Cam, el hijo de Noé que se burló de su desnudez (Gn. 9, 22-27), por eso su inclusión en la iconografía es tardía. Una de las primeras obras donde aparece es en la Adoración de los Reyes de Altichiero da Zevio (Oratorio di San Giorgio, Padua, 1384), y en la tabla del Altar Wurzach de Hans Multscher (Gemäldegalerie, Berlín, 1437) ya se muestra totalmente caracterizado. Pero la figura del rey negro no se hará habitual hasta el siglo XVI y la mayoría de las Adoraciones de los Reyes del siglo XV siguen mostrando a los tres de raza blanca. En RODRIGUEZ PEINADO, Laura (2012): Op. Cit.

[3] Op. Cit.

[4] Op. Cit.

[5] Op. Cit.

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...