Ir al contenido principal

Catro bispos tudenses e os nove aneis dos santos bispos de Santo Estevo de Ribas de Sil

Nestas xornadas de decembro os medios de comunicación recollen a descuberta de catro aneis nun dos relicarios da igrexa do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (actualmente en proceso de restauración), concretamente nun arca que acollía no seu interior os restos óseos dos coñecidos como “os nove santos bispos”. Segundo recollen as informacións xornalísticas a urna preséntase dividida en catro compartimentos, que presuntamente conservan as reliquias de catro de aqueles nove bispos. Nun dos compartimentos, entre as reliquias óseas, atopouse unha bolsa de tea (probablemente seda) con bordados en fío de ouro. Ante a sorpresa dos presentes, dentro da pequena bolsa atopábanse catro aneis de prata con pedras de diversa calidade e dous documentos escritos.


Tomada de : http://www.obispadodeourense.com/

Un deles é unha pequena etiqueta en pergamiño, que debía recoller os catro aneis. Na parte interna da mesma aparece un texto no que se pode ler: "Estes quatro aneis son dos que quedaron dos nove Santos Bispos. Son os que quedaron. Os demais desapareceron. Por eles pásase auga para os enfermos e sanan moi[tos]".



Tomada de : http://www.obispadodeourense.com/

Emilio Duro Pena, fala na súa monumental obra sobre o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil ao abordar o tema dos nove santos bispos galegos que alí morreron, recolle que no proceso de canonización sobre a vida, milagres e veneración e culto público dos corpos e reliquias destes nove bispos faise referencia aos milagres obrados polos aneis, aínda que sen indicar de cantos son. En concreto, preséntanse varios casos de curación, entre os que destaca o da afillada de Bautista Celma, mestre reixeiro, cega de nacemento.

A lenda dos aneis, recolle o dixital Historia de Galicia, remóntase ao ano 921 cando nove bispos;  Osorio, Servando, Froalengo, Ansurio, Viliulfo, Vimarasio, Pelaio, Afonso e Pedro chegaron ao mosteiro fuxindo dos musulmáns. Portaban aneis que as xentes do lugar comezaron a dicir que eran milagreiros. A lenda foi crecendo e o caso é que as súas sepulturas serviron como lugar de culto e peregrinación durante a Idade Media, pois se lles atribuíron  feitos sobrenaturais. E aquí entra en xogo a lenda popular: supostamente os nove aneis episcopais -depositados durante décadas e décadas nun cofre de prata- atesouraban propiedades portentosas…. se os cegos os tocaban recuperaban a vista, se os tolleitos tamén o facían volvían andar, e se alguén co demo no corpo se situaba fronte a eles entraba en transo e regresaba á cordura devota.

A sona destas reliquias milagrosas é testemuñada polo rei Afonso IX que en 1220 nunha doazón a este mosteiro sinala: doy y concedo al monasterio de San Esteban y de los nueve cuerpos de los santos obispos que allí están enterrados por quien Dios hace infinitos milagros A construción do cenobio benedictino respecta estas reliquias que atraían a grande número de peregrinos situadas anteriormente no exterior do templo e agora no claustro principal, denominado “dos bispos”. Como recolle Manuel Castiñeiras no seu magnifico traballo "San Estevo de Ribas de Sil revisitado: nuevos hallazgos e hipótesis sobre el monasterio medieval” publicado na revista “Porta da aira” de 2006 existe incluso un intento de internacionalización do seu culto nun documento asinado en Rieti (Italia) en 1298 por nove arcebispos e bispos hispanos, lusitanos e italianos concedendo indulxencias aos visiten o mosteiro de Santo Estevo.

Non é obxecto deste post abordar a evolución do culto destes novo santos bispos nen a situación dos seus corpos, primeiro no exterior do primitivo templo románico, logo no claustro do mosteiro e, finalmente, nun retablo no interior da igrexa do cenobio da Ribeira Sacra. O interesado atopará información no artigo de Manuel Castiñeiras.


Escudo do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil coas mitras dos nove santos bispos

Pero, nesta altura preguntará o lector de Tudensia, que relación existe entre estas reliquias e Tui. Chegaremos a elo.

Ata a Idade Moderna non temos referencias á identidade destes nove bispos santos e milagreiros, seguindo a M. Castiñeiras o principal documento corresponde a 1662 cando o abade de Santo Estevo solicita ao bispo de Ourense o privilexio de rezo e misa para estes nove bispos. Neste documento figuran os seus nomes e sedes: Ansurio e Vimarario, de Ourense; Gonzalo Osorio e Froalengo de Coimbra; Servando, Vililufo y Pelayo de Iria; Alfonso, de Astorga e Ourense; Pedro, sen sede coñecida. Asi como o dato de que todos eles abandonaran a súa sede para retirarse á vida monástica.

Manuel Castiñeiras no seu estudo certifica a historicidade destes bispos. Ansurio é bispo de Ourense entre 909 e 922; Vimarario ou Vimara foi bispo de Tui entre 937-942; tanto Gonzalo Osorio como Froalengo son bispos coninbricenses nos inicios do século X; Servando non está documentado ao contrario que Pelayo, bispo de Iria entre 977 e 985 e logo retirado como monxe a Celanova; Viliulfo foi bispo tudense entre 952 e 990 e finalmente Pedro, que nunha pintura existente no mosteiro se liga á sede de Braga.

A presenza de Vimario e Viliulfo no mosteiro de Ribas de Sil está relacionada con dous aspectos históricos que ambos ilustran. Viliufo refúxiase en Ribas de Sil fuxindo das acometidas de viquingos e normandos que asolaban a Galicia occidental naqueles tempos, como anteriormente outros prelados chegaron a este cenobio escapando das acometidas musulmáns. Pero outros como Vimario reproducen un ideal relixioso ou ascético característicos daqueles anos, unha renuncia ao mundo na liña do que tamén realizou San Rosendo, que sendo bispo de Mondoñedo ingresou como monxe en Celanova. Como subliña Manuel Castiñeiras en todos ellos subyace el horizonte del retiro a la vida monástica como medio de expiación de culpas y de la consiguiente búsqueda del estado de beatitud. No olvidemos que en el período altomedieval el modelo eclesiológico imperante es el monástico, por lo que el monje goza siempre de un prestigio mayor desde el punto de vista religioso. De ahí lo sintomático que resulta que nueve obispos hubiesen huido del mundo en busca de un retiro en Ribas de Sil.

Pero para afondar nesta relación da sede tudense cos bispos santos de Ribas de Sil cómpre recorrer ao sempre ben documentado historiador tudense Francisco Ávila y La Cueva que na súa monumental Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tui y su obispado escrita en torno a 1854 ao referirse varios bispos de Tui sinala tamén a súa vinculación co mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e a tradición do nove bispos santos. Dedica mesmo un capítulo a este tema Del culto que los nueve santos obispos tienen en San Esteban de Ribas de Sil onde recolle diversos pormenores do seu culto. Pero ao longo da súa obra da noticia dos diversos prelados tudenses que integran a nómina dos santos bispos de Ribas de Sil.



Un dos aneis atopado tomada de : http://www.obispadodeourense.com/

En concreto, Ávila y La Cueva sinala aos seguintes:

-        Vimara, bispo de Tui dende o ano 936 e después de haber gobernado la iglesia de Tuy con acierto y edificación cosa de doce años, renunció a la dignidad acia el de 948, y enamorado de la particular observancia que se profesaba en el monasterio de San Esteban de Ribas de Sil orden del gran padre San Benito que llevaba a si los ojos de los varones más espitiruales, se retiró a vivir a el con los Monges y allí entregado a una vida todo contemplativa austera y edificantes concluyó la carrera de sus días con gran fama de santidad como lo acredita la multitud de milagros que Dios obró por medio de este su siervo y de los otros ocho compañeros santos que con el descansan en aquel Monasterio y mas la veneración y culto que siempre le han tributado los fieles. Sinala que este bispo Vimara, igual que o mozo San Paio, é sobriño doutro prelado tudense, San Hermoxio, que tamén se retirou a un mosteiro neste caso, en Labruxa.

-        Viliulfo, dende o ano 952 ata o 1003. Cita Avila y La Cueva que no ano 970 los Normando con una crecida Armada hicieron una entrada en Galicia, en la que destruyeron completamente los territorios de Tuy y Orense (…) no pudiendo susistir San Viliulfo en esta ciudad pasó a vivir con los monges de San Esteban de Ribas de Sil (…) y allí pasó el resto de su vida, ocupado con más empeño en el ejercicio de todo género de virtudes y austeridades (…) pero no obstante su retirada de Tuy siguió desde San Esteban gobernando su Iglesia. (…) acabó con fama de santidad en que hasta hoy persevera, siendo uno de los nuevo obispos a quienes tributa culto aquel Monasterio y sus Fieles

-        Paio ou Pelayo, dos primeiros anos do século XI. Con varios argumentos esgrime Avila y La Cueva que o Paio dos bispos santos de Ribas de Sil non pode ser nin o prelado de Iria nin o de Lugo, afirmando la retirada de Pelayo obispo de Tuy al indicado monasterio pues en el tiempo en que este vivía era frecuentemente invadido nuestro país y no podían vivir los obispos en su ciudad sin gran riesgo de sus personas, por cuyo motivo ya su antecesor (Viliulfo) pasó a vivir al propio Monasterio (…) y allí su vida fue de tanto exemplo y edificación que acabó con gran fama de santidad, tributándole los Fieles desde entonces hasta hoy culto de veneración.

-        Alfonso I, tamén dos primeiros anos do século XI, foi o último prelado tudense ata a restauración da sede cara o ano 1069 co bispo Xurxo. Sinala o erudito tudense que tal vez Alfonso 1º despues de llevado cautivo por los Normandos tuvo modo para proporcionar su livertad o rescate y precaviéndose de otro insulto igual imitó a sus antecesores Viliulfo y Pelayo retirándose a vivir al Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil donde exercitado en obras de virtud y edificación concluyó sus días santamente, pues como aseguran algunos historiadores es Alfonso obispo de Tuy uno de los nueve santos prelados que se veneran y reconocen por tales en aquella casa.

Temos pois a tradición que catro destes bispos santos de Ribas de Sil ocuparon a sede tudense e tras a súa morte en aroma de santidade forman parte deste elenco de santos de Riba de Sil. Como sinalou o Licenciado Molina, e repite Avila y La Cueva, en los dedos de los cuerpos de estos obispos se hallaron muy ricos anillos, en los cuales agora, dice, se halla mucha virtud que procede ansi de las piedras como de sus dueños, esto denota la veneración en que por entonces, esto es, a mediados del siglo 16 eran tenidos los mencionados anillos.

A noticia da descuberta de varios destes aneis nun dos relicarios da igrexa monástica de Ribas de Sil permite recuperar estas antigas tradicións que relacionan a sede tudense con esta devoción da Ribeira Sacra, amplamente estendida e que ten orixinado afamadas tradicións que se conservan na memoria colectiva do noso pobo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Lembranza agradecida a Xabier Añoveros

Onte á tarde, nos comezos de setembro, cando xa as horas diúrnas minguaron, o aire nos anticipa a proximidade do outono e as conversas se centraban nestas intranscendencias, recibín a triste noticia do falecemento, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, de Xabier Añoveros Trías de Bes, navarro de berce, barcelonés de vida e traxectoria e tudense de corazón.   “ Tuy (con i grego como adoitaba a escribir pois con este arcaísmo semellaba reflectir mellor a antigüidade da nosa cidade) es una ciudad de la que estoy enamorado desde hace muchos años ” e, como é propio dun noivo, a esta vella cidade lle ten dedicado horas, estudos, e moi especialmente un agarimo permanente centrado na súa querida “Casa da Canicouba”. O seu noivado e posterior matrimonio con Julia García-Valdecasas Salgado, filla da tudense Julia Salgado Peñarredonda, o ligou dende 1968 a este outeiro pétreo sobre o Miño, que é Tui. Non sei se foi a longa tradición tudense da familia de Julia, o rico arquivo da Casa da Ca...