Ir al contenido principal

Bo Nadal cunha panxoliña de Manuel Lago e debuxos de Eduardo Padín


A chegada do Nadal é unha oportunidade marabillosa para que dende Tudensia fagamos chegar a todos os nosos seguidores, en primeiro lugar, a nosa gratitude pola súa constancia e alento, especialmente neste ano de dor, confinamentos e incertezas, así como os nosos mellores desexos dun feliz Nadal e un venturoso ano 2021 que agardamos sexa unha alborada de alento que nos acariñe.

Neno Xesús, debuxo de Eduardo Padín

Achegamos este fermoso poema, case unha panxoliña, do egrexio tudense Manuel Lago González que transmite coa súa habelencia o espírito deste tempo navideño que recolle a grandeza da existencia que é o amor xunto as fermosas imaxes de Eduardo Padín (cedidas xentilmente polo amigo Álvaro Caramés) e da recente nevada no monte Aloia, para desexarvos a todos: 

Bo Nadal  !!!

 

O NENO DE BELEM

 

    Neno de cabelos d’ouro

meu amor e meu tesouro,

          rico, ben,

tanto coma a tu che quero

non lle quixen nin espero

quererlle nunca a ninguén.

 

    Esas manadas de feno,

en que estás deitado, Neno,

          frías son;

deixa que onda ti m’achegue

e te deite y-atafegue

no meu probe corazón.

 

    Pra que durmas ben contente,

n’el terás un leito quente,

          Neno Rei;

e d’amor unha fogueira,

no meu peito, á mesma veira

do teu berce che faréi.

 

    Ven e durme, queridiño;

ven á casa d’un mendiño

          descansar.

Esta cova está moi fría;

Fora d’ela venta e xía...

Vem a pôrte ó pe do lar.

 

    Hei facerche logo un trono;

mais agora durme un sono,

          caravel.

E despóis, cando t’ergueres,

heiche dar, si m’os quixeres,

leite amáis favos de mel.

 

    Hou, meu rei, meu amiguiño,

que na veira d’un camiño

          berce tes,

ven acá, ven ó meu peito

e descansa neste leito

que tan doce e quente ves.

 

    Aquí, neno, meu amigo,

vivirei solo contigo

          pra en xamáis;

e non quero máis ventura

nin riqueza nin fatura.

Ti soliño, e nada máis!


 

Manuel Lago González

Publicado en “La Integridad”


 



 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Bo Nadal cun texto de Manuel Lago González: “Noite Boa” (1892)

Felicitamos hoxe aos seguidores de Tudensia estas festas do Nadal recuperando un breve texto, non o chamaría nin relato, sobre como se celebraba a Noiteboa nas aldeas de Tui nas últimas décadas do século XIX, nun momento en que os labregos galegos vivían nunha economía de subsistencia e nunhas moi duras condicións de vida. Anxo no capitel do arco triunfal da igrexa de San Domingos de Tui, sec. XV Trátase dun texto de Manuel Lago González publicado o 24 de decembro de 1892 no xornal tudense “La Integridad”. Daquela Manuel Lago era un presbítero que formaba parte do claustro de profesores do Seminario tudense e que tiña unha activa participación como xornalista e na vida social en Tui. Ao xornalismo entregouse Lago con verdadeira ardentía e a tarefa que se impuxo foi querer incorporar a defensa das tradicións e os intereses de Galicia ao ideario católico de signo integrista (oposto radicalmente ao liberalismo). Este texto, que non foi publicado posteriormente a súa edición en “La Int...