Ir al contenido principal

O Museo forestal de Areas




“Vida Gallega” foi unha revista que marcou un fito na prensa de Galicia; o seu carácter divulgador, a súa cobertura galega e, sobre todo, o seu importante contido gráfico, con numerosas fotografías en cada número foi, no seu momento, un éxito editorial e na actualidade é unha ferramenta de primeira magnitude para documentar as primeiras décadas do século pasado. No número editado o 15 de agosto de 1917 o seu director Jaime Solá, facía unha crónica da súa visita ao viveiro forestal de Areas.
El vivero forestal es una extensión enorme de terreno en la cual, con unas míseras pesetas del Estado, dadas en forma fragmentaria –que es el modo mejor de hacerlas infructíferas- el ingeniero Areses puso los cimientos de su magna obra de resurgimiento regional (...) Areses hizo construir una casa ideal en medio del vivero y alrededor vació los dones de Pan, Ceres y Pompona. De todo hay en aquellas tierras artística y científicamente cultivadas. En cuarenta mil tiestos, cuarenta mil arbolitos de todas las especies (...) en sus centenares de miles de árboles está en potencia el porvenir del campo gallego (...) Areses, con una visión perfecta de un mañana esplendoroso para su querido país natal, puso al servicio del bosque futuro toda su fe y todas sus energías. Y de su ciencia y de su actividad nació esa gran obra, orgullo de España, gloria positiva y grande de nuestro país, que se extiende a tres kilómetros de Tuy y que se llama modestamente “Vivero Forestal”. Visitadlo. Admiradlo. Meditad sobre él. Y diréis: Aún es más de lo que dijo ese escritor”.
Este recinto que tanta admiración suscita ven de cumprir recentemente o seu centario pois foi aló polo 1906 cando Rafael Areses Vidal encetou esta obra, o Viveiro forestal, destiñado a fornecer arbores para a repoboación dos nosos montes e en especial do Aloia. Rafael Areses nacera en Tui en 1878, ingresando no Corpo de Enxeñeiros de Montes no ano 1902, a súa preocupación pola reforestación dos nosos montes levouno a promover, como membro do Distrito Forestal de Pontevedra-Coruña, a repoboación do Monte Aloia, creando o Viveiro Forestal de Areas, no monte de Seixos Albos, o primeiro das súas características de Galicia. En 1909 encetou as primeiras prantacións oficiais en Oia, Tui, A Guarda (no monte de Santa Tegra), Baiona ou Ponteareas contando cunha importante oposición veciñal pois os campesiños veían recortadas as zonas dedicadas ao pasto, pero os suministros dende este viveiro forestal de Areas impulsaron a estensión dos piñeiros polos montes de Galicia.
En 1917 foi trasladado ao Distrito de Ourense-Lugo e continuou o seu labor de promoción da repoboación, creou viveiros, casas forestais, etc. Logo da Guerra Civil ocupou diversos cargos en Madrid e Valencia e no 1945 foi nomeado Presidente de Sección do Consejo Superior de Montes. Finou no ano 1943.
Rafael Areses salientou polo seu compromiso polo estudio e divulgación da riqueza forestal de Galicia, promoveu as repoboacións en base ás especies de crecemento rápido e turnos de corta curtos, especialmente cos diversos tipos de piñeiros. Pero a súa concepción dun monte que ofrece un espazo de disfrute público vencellado a un aproveitamento forestal e o desenvolvemento económico conseguinte é unha idea moi próxima aos actuais conceptos de sostenibilidade
Pero neste Viveiro o enxeñeiro Areses levou adiante outra empresa hoxe esquecida polos tudenses: un museo sobre a nosa cultura agrícola e forestal, pois o enxeñeiro tudense salientaba polo seu carácter pedagóxico e divulgador. Neste marco de difusión científica impulsa a creación no recinto forestal de Areas dun museo forestal, un museo relacionado co mundo das arbores, da madeira, da economía e da vida no ámbito rural.
O relato de Solá continúa: “Es un asombro, es una joya el museo forestal de Areas, hecho por Areses. Por afuera un edificio lindísimo, no grande, con una escalinata palaciega (…) Penetráis en el vestíbulo y veis, en correcta exhibición, los aperos de labranza. En una sala os sorprende una exposición de instrumentos de trabajo sobre la madera y los objetos que es posible hacer con esos instrumentos. Por ejemplo: al lado de un bloque de boj veis un adminículo de acero destinado a la primera roturación de su corteza. Después, este mismo bloque como sería más manipulado y la herramienta que ha de labrarlo nuevamente. Después el boj ya sometido a una nueva transformación y el cuchillo, el garfio, el escoplo que lleva a la reciedad arbórea un nuevo paso hacia su próximo destino. Y así hasta que el bloque llega a ser cuchara.
Pues esto se repite con otras herramientas y con otras maderas. Y es, al fin, una exposición evolutiva, progresiva, demostrativa de lo que el cultivo del árbol da de si y de lo que con la madera hace, en el fondo de nuestros valles, la pequeña industria derivada de la gran industria. Al lado de estos minúsculos arados, rejas, carros aldeanos… unos molinos de madera, unas cerraduras de madera también. Y primores en corcho que demuestran que el alcornoque, cuando cae en buenas manos, no es tan tozudo y vano como nos habíamos creído.
¿Y la exposición de semillas en unos pomos elegantes, transparentes, que prestigian sendos escudos del cuerpo de ingenieros? ¿ Y las fotografías de árboles corpulentos, gigantes arbóreos que existen en Galicia?.¿Y la habitación regia destinada a un alto visitante “forestal” que si fuese el mismo Rey no echaría de menos el confort, la limpieza, los detalles que puede tener en su palacio?”.
Por mágoa carecemos ata agora doutras referencias a este Museo forestal de Areas que para quen escribe estas liñas era por completo descoñecido ata hai escaso tempo. Cabería lembrar que por aqueles anos son moi escasos os museos abertos ao público en Galicia, e de temática etnográfica, ou monográfica, como este de Areas, poderíamos citar únicamente o Museo que Enrique Peinador, propietario do Balneario de Mondariz, tiña creado na súa finca de Sanmil, en Pías – Ponteareas. Este Museo forestal de Areas foi pois unha iniciativa certamente novidosa e que evidencia a capacidade creativa do tudense Rafael Areses.
Rafael Sánchez Bargiela

Comentarios

  1. Moi interesante o artigo. Descoñecía totalmente que Vida Gallega adicara ao Viveiro Forestal de Areas unha reportaxe. Tiven non hai moito a oportunidade de visitar as instalacións do Viveiro (xa que descoñecíao completamente) e a verdade que resulta moi valioso para a nosa historia contemporánea. Espero que preserven as instalacións orixinais como parte do valor do histórico do recinto.
    É unha mágoa que o Viveiro sega a ser tan descoñecido para os tudenses, e o relato de Vida Gallega ven de manifestar claramente o valor que no seu tempo se lle daba ao traballo de Rafael Areses.
    A ver se este blog permite apreciar a nosa historia, incluida a máis recente.

    Un saudo

    ResponderEliminar
  2. Gracias polos comentarios, espero incorporar temas de certo interese. Falaremos outro día da Aula Forestal que teñen instalado no Viveiro recentemente.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  3. Hai tempo lera que durante unha estancia que fixera a Infanta Isabel de Borbón "La Chata" ao balneario de Mondariz, en 1914, aproveitara para visitar o viveiro de Areas onde asinou no seu libro de honra ademáis de doarlle un retrato seu.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall