Ir al contenido principal

Entradas

As pestes en Tui

Aquilino González Santiso foi un destacado investigador en temas de historia e cultura do Baixo Miño. Salientar o seu papel no Equipo Arqueológico del Bajo Miño, que integraba xunto a Jesús Gómez Sobrino e Xoán Martínez “Tamuxe” e que nos anos 70 e 80 do pasado século tivo unha intensa actividade na comarca. Posteriormente foi fundador e primeiro presidente do Instituto de Estudios Tudense, consolidando o seu labor a prol do patrimonio cultural de Tui e a comarca do Baixo Miño. No libro das festas de San Telmo de 1994 publicou un artigo que pola súa actualidade, ao abeiro da pandemia do Covid 19, reproducimos de seguido. Las enfermedades epidémicas fueron siempre una preocupación de las autoridades o gobernadores ya que cuando azotaban a una ciudad eran numerosísimas las bajas que producían en la población. Disponemos de interesantes estudios sobre sus efectos en Galicia (F. Villamail, 1951) o en zonas determinadas como Ourense (O. Gallego, 1973), Vigo (C. González Muño...

O proxecto de construción da Ponte Internacional de Tui (e II)

Rematabamos onte cunha referencia ao autor do proxecto da Ponte Internacional, Pelayo Mancebo Agreda (Calahorra 1845 – 1912) enxeñeiro de camiños, que ocupou un escano como deputado do Partido Moderado polo distrito rioxano de Arnedo en 1884, e é autor de numerosas obras públicas ao longo da Península: a ponte de San Clodio, sobre o río Sil no concello de Ribas de Sil, a de Castejón, en Navarra, o encoro da Estanca en Calahorra ou a ponte, en terras portuguesas, que comunicaba as localidades de Entre os Rios e Castelo de Paiva derrubada no 2001 con numerosas vítimas. Mancebo Agrada describe asi a súa obra no devandito artigo de 1890: ADOPCIÓN DEL SISTEMA.- La importancia de las fundaciones no daba lugar a dudas; había que proyectar un puente metálico, y los tramos rectos estaban indicados; yo entendí desde luego que, asimismo, la continuidad de las vigas; pero como por este tiempo (1878) existía entre muchos ingenieros una verdadera preocupación contra la continuidad en...

O proceso de construción da Ponte Internacional de Tui (I)

O 25 de marzo de 1886 foi inaugurada oficialmente a Ponte Internacional de Tui nun acto solemne que congregou a unha multitude para contemplar o bico que as locomotoras déronse na via férrea no medio da nova ponte. A ponte deseñada por Pelayo Mancebo é un exemplo soberbio da chamada arquitectura de ferro en Galicia, e xunto á Catedral un dos símbolos icónicos de Tui. Resulta sorprendente que a nosa cidade sexa recoñecida por dous monumentos tan dispares: unha catedral románica e gótica e unha ponte metálica propia da modernidade. Pero tamén dende hai 134 anos esta ponte é símbolo da perenne comunicación entre Galicia e Portugal, da unión entre Valença e Tui, hoxe expresada na creación da Eurocidade. En Tudensia temos publicados diversos post relacionados coa Ponte Internacional e a súa significación; neste enlace podemos consultar  estes artigos: http://tudensia.blogspot.com/search?q=ponte+internacional A celebración deste aniversario é unha oportunidade para ache...

VIII kalendas aprili (24 de marzo): 850 anos dos privilexios á cidade de Tui por Fernando II

Este 24 de marzo cúmprese o 850 aniversario dun acontecemento histórico de gran relevancia para a historia de Tui. Nesa data, VIIII kalendas aprili Era MCCVIII , o rei Fernando II estando na nosa cidade concédelle á cidade de Tui e aos seus habitantes diversos privilexios e reordena o espazo territorial da cidade, unha decisión que marcou o devir da nosa cidade para sempre. Fernando II e Urraca (Tombo de Toxos Outos) O proceso de independencia do reino de Portugal afecta directamente a nosa cidade que entra nos obxectivos estratéxicos do reino galaico-leonés e do nacente reino portugués. Estes enfrontamentos entre os reis galego-leoneses e os condes portucalenses nos primeiros anos do século XII e as conseguintes invasión do territorio tudense polas tropas portuguesas temos de consideralos dentro do proceso de independencia do condado portucalanse: invasión de Tereixa en 1121 (ao ano seguinte o seu fillo Afonso Henriques, futuro rei portugués, será armado cabaleiro na nosa ...