Ir al contenido principal

Os selos sobre Tui e o Grupo Filatélico tudense

A filatelia é unha afección dedicada a coleccionar e clasificar selos, sobres e outros documentos postais. Dende a edición do primeiro selo postal, en Inglaterra o 6 de maio de 1840, no caso de España o 1 de xaneiro de 1850, comezou paralelamente o coleccionismo destes gravados. Nos selos podemos contemplar parte da historia e da cultura dun país ao recoller nas súas emisións imaxes de persoeiros, monumentos, pinturas, acontecementos destacados, flora, fauna... en definitiva, un amplo abano da realidade de cada país emisor.

A afección polas coleccións de selos conta con numerosos seguidores e aínda que os cambios nas comunicacións, concretamente as epistolares, parecen cuestionar mesmo a súa continuidade segue gozando dun amplo número de seguidores.

En Tui temos unha agrupación local de dilatada historia, con sesenta anos de traxectoria -que cumpre este ano-, e que reúne a un amplo fato de coleccionistas. O Grupo Filatélico e Numismático de Tui foi creado no ano 1962, deste xeito no vindeiro mes de novembro esta agrupación cumprirá 60 de existencia. O xermolo deste colectivo estaba nas xuntanzas que diversos afeccionados realizaban no “Centro Portugués” pero moi especialmente no bazar, localizado no Paseo da Corredoira, de Alberto Estévez de Figueirido, “Albertito”, gran afeccionado filatélico.

Alli, animados por los éxitos que mundialmente estaba consiguiendo el filatelista tudense José González García, decidieron constituirse en una sociedade filatélica. Fueron ellos los señores Ildefonso Baquero Fortes, a la sazón primer teniente de alcalde de Tui; el antes nombrado, José González García; José Luis de la Peña y Aznar, cónsul de España en Valença do Minho; Abraham da Costa Seixas, Alberto Estévez Piña, Pilar Saracho Urtiaga, Luis Rodríguez Silva, Miguel Angel Vidal Álvarez, Javier Vila Garcia, Juan Álvarez Caramés y Carlos Pérez-Fonterosa Antón. Excusó su asistencia por motivos profesionales Alberto Estevez de Figueirido (Albertito). El Sr. González García hace constar sus deseos de que figuren entre los socios fundadores sus hijos José Manuel, Carlos, Miguel, Joaquín y Manuel González Troncoso. Los mismos deseos, con referencia a sus hijos, los hace el Sr. De la Peña y Aznar.

Se nombra una comisión gestora que preside Ildefonso Baquero Fortes, como secretario, Carlos Pérez-Fonterosa, y vocales Abraham da Costa Seijas, Miguel Ángel Vidal Álvarez, Luis Rodríguez Silva y Alberto Estévez Piña. Sería una asociación sin ánimo de lucro y “con la finalidad de fomentar en la ciudad de Tui y sus contornos la noble aficción, bella y cultural que es el coleccionismo de sellos”. No se había incluido en aquellas fechas la sección numismática.

O primeiro presidente falece ao pouco tempo ocupando a  presidencia deste colectivo a Carlos Pérez-Fonterosa, que segue hoxe sendo un dos directivos deste Grupo (dos seus escritos espallados por diversos catálogos das exposición filatélicas tudenses tomamos moitos datos para este post).

De inmediato, organizan na sede do Club Náutico “San Telmo” a primeira exposición filatélica, con expositores de madeira entregados polo concello tudense que presidía José Casal Aboy. Hubo una sección de honor, en donde estuvieron expuestos una representación de los sellos de D. José González García y de la de D. José Luis de la Peña y Aznar, con sus importantes colecciones (…) además recuerdo que pasaban de 20 los expositores que nos mostraban  sus magnificas colecciones, entre ellos, los señores Da Costa e Seixas, Vidal Álvarez, Rodríguez Silva y Estévez Piña, además de Javier Vila García todos miembros de la gestora. A este último, le fue concedido por el jurado el Gran Premio de la muestra. Los responsables de las valoraciones, fueron los conocidos filatelistas y publicistas, D. Manuel Lago García y D. José María Álvarez Blázquez (…) pocos días después se divulgó la noticia de que D. José González García había conquistado en Estambul (Turquía) la Medalla de Oro y el Gran Premio de Honor de la “Istambul 63” con sus colecciones de Portugal y las colonias, como las mejores del mundo.

A figura de José González é básica no ámbito da filatelia, pois acadou un amplo recoñecemento internacional as súas colección de selos de Portugal e as súas colonia. A relación de premios en exposicións e certames filatélicos é excepcional entre finais do anos cincuenta e os setenta do pasado século. Invitado a numerosas convenciones, impartió asimismo conferencias ilustradas sobre las primeras emisiones de sellos de Portugal. Podríamos  citar, entre otros, colectivos, la ofrecida en el Colletors Club de Nueva York o en el The Royal Philately de Londres, clubs de reconocido prestigio y que le sirvieron para figurar en el Rol internacional de filatelistas distinguidos. En recoñecemento a súa traxectoria o goberno de Portugal nomeouno “Cabaleiro da orden do Infante don Henrique” no ano 1971. El Club Filatélico de Portugal acuñó sendas medallas de plata y bronce con su efigie, hoy en día muy buscadas por los coleccionistas.


Da vitalidade que logrou este grupo tudense da testemuña o feito de que o 17 de abril de 1966 foi creada, en Tui, a Federación Gallega de Sociedades Filatélicas con once entidades filatélicas fundadoras: O Barco de Valdeorras, A Coruña, A Estrada, A Guarda, Noia, Ourense, Pontevedra, Ribadavia, Santiago, Vigo e Ponferrada.

Este Grupo filatélico promoveu en Tui cerca de corenta exposicións e outros tantos mataselos conmemorativos concedidos por Correos. O primeiro para a exposición do ano 1964 coa imaxe do brasón da cidade, coa media lúa e as tres estrelas. Dende aquela son numerosos os mataselos concedidos á agrupación tudense cunha ampla gama de motivos relacionados coa nosa cidade.

Cabe destacar ao abordar esta traxectoria que no ano 2000 o colectivo tudense recibe a “Medalla de ouro ao mérito filatélico” por su historial, difusión de cultura filatelica y gestión  protocolaria entre las instituciones de Galicia y Norte de Portugal. O grupo tudense valora tamén a aceptación por membros da Casa Real da presidencia de honra de diversas exposición filatélicas celebradas en Tui: en 2002 é o daquela Príncipe de Asturias, Felipe de Borbón, en nos anos 2004 e 2012 serán SS. MM. D. Juan Carlos e Dona Sofía.

Pero un dos principais obxectivos do Grupo Filatélico de Tui foi, de sempre, conseguir un selo sobre a nosa cidade, pero houbo que esperar trinta e cinco anos. E así gracias ao seu empuxe e iniciativa foi editado no ano 2001 o primeiro selo de Correos dedicado a Tui, en concreto a unha imaxe do pórtico da nosa catedral de Santa María. Como afirma Carlos Pérez-Fonterosa, el acontecimiento constituyó un hito para nuestro Grupo y la ciudad de Tui fue la emisión, por primera vez en la historia de la filatelia española, de un sello dedicado a nuestra catedral (…) después de 152 años de efectos postales en España sin solo sello de nuestra histórica ciudad.

Este selo foi emitido o 14 de maio de 2001 e presentado nun acto no Club Internacional de Prensa de Santiago de Compostela co Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, e  Director General de Correos. Contou cunha tirada de 1.200.000 exemplares.

Para o segundo selo que contase cunha ilustración relativa a Tui non foi preciso esperar moito; do ano seguinte, 2002, data un selo dedicado ao centenario da Escola de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Madrid e que conta cunha ilustración da ponte internacional Tui – Valença.

O selo foi presentado en Tui, o 4 de abril de 2003, por Alberto Núñez Feijóo daquela xa conselleiro de Política Territorial da Xunta de Galicia e que anteriormente ocupara a Presidente de Correos, que recibiu as insignias de ouro do Concello de Tui e do Grupo Filatélico tudense.

A seguinte edición de selos que atinxen á nosa cidade corresponden ao ano 2013, comezando a súa posta en circulación o 4 de xullo no que foron presentados no concello tudense. Foi unha tirada de 300.000 exemplares da serie “Personajes”. Neste caso con dous selos, dedicado un á figura do noso patrón, San Telmo, coa imaxe da Catedral tudense como fondo e outro dos selos recolle á figura do tudense Rosendo Salvado Rotea, fundador da Abadía de Nova Nursia en Australia onde foi pioneiro no recoñecemento dos dereitos e dignidade dos aborixes daquel continente.


Dende hai cerca dunha década Correos promove novos tipos de emisións filatélicas máis aló dos programas do seu servizo filatélico e das emisións para o franqueo postal. Trátase de emisión de selos personalizados, segundo as indicacións do cliente, con tiradas máis curtas en número pero que amplían enormemente o abano dos motivos filatélicos editados. Recollemos os promovidos pola asociación tudense o que non desbota a existencia doutras emisións deste tipo que recolla algunha referencia á nosa cidade.

A este tipo de emisións “baixo demanda” corresponde dous selos editados no ano 2016 e promovidos novamente lo Grupo Filatélico de Tui. Con data 19 de xullo de 2016 foi editado un selo que leva impreso o escudo e a bandeira de Tui.

Este selo válido para franqueo sen embargo non se distribuía nas oficinas de Correos senón unicamente a través do Grupo Filatélico tudense. Lamentablemente a imaxe do escudo de Tui con corresponde nin coa que naquel momento posuía o Concello de Tui nin co escudo que posteriormente aprobou a Xunta de Galicia.

No mes de outubro do mesmo ano 2016 foi editado outro selo, de tipo personalizado, dedicado neste caso á Eurocidade Tui-Valença e tamén promovido polo colectivo filatélico tudense. O deseño desta estampilla é a imaxe de Tui e Valença realizada en torno a 1510 polo escudeiro portugués Duarte D’Armas e que corresponde ao encargo realizado polo rei D. Manuel para que fixera un informe e valoración das defensas do reino de Portugal. Esta ilustración é a imaxe máis antiga que conserva das nosa cidades e posibilita un coñecemento pormenorizado das defensas de ambas cidades.

A edición deste selo coincidiu cunha nova exposición filatélica organizada polo Grupo de Tui, neste caso dedicada ao 75 anos da Brilat, a brigada aerotransportable do Exército de Terra con base en Figueirido – Pontevedra e que mantiña e mantén estreitos lazos coa nosa cidade.

Nestes anos Correos tiña comezado un amplo traballo en torno aos camiños xacobeos na súa oferta de servizos e na súa promoción de imaxe corporativa. Entre as numerosas iniciativas que promove está a edición dunha tarxeta filatélica dedicada ao Camiño Portugués no ano 2018 que inclúe diversos selos con imaxes representativas das diversas localidades que percorre esta ruta xacobea, entre elas, a cidade de Tui. O imaxe do selo sobre Tui reproduce á ponte internacional, proxectada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo e inaugurada o 25 de marzo de 1886 e quen conforma a entrada en Galicia dos camiños portugueses.

O Camiño Portugués é tamén a temática que aborda a nova emisión filatélica dedicada a Tui. Editado a inicios do ano 2019 trátase dun selo co lema “Tui, puerta del Camino Portugués” e conta cunha ilustración a plumiña da fachada da catedral tudense realizada polo debuxante Martín Rodríguez, natural de Tui e residente nas illas Canarias.

En abril de 2019 en colaboración coa Federación Española de sociedades filatélicas (FESOFI) e co patrocinio de Correos, o Colexio Maristas de Tui acolleu unha exposición sobre "El mundo de los sellos", que pretende familiarizar aos escolares coas posibilidades do selo como elemento de cultura e diversión, asi como diversas actividades como talleres de filatelia, de escritura, etc. Entre as propostas realizadas estivo un concurso para a elaboración dun selo da nosa localidade, sendo a gañadora a alumna de 3º de Primaria, Celia Bargiela Morales. Selo editado por Correos nesas mesmas datas.

Finalmente, o último editado por Correos referente a Tui foi posto en circulación nos primeiros días deste ano 2022 e corresponde á serie filatélica “12 meses 12 provincias” que neste mes de xaneiro está dedicado á provincia de Pontevedra escollendo a imaxe do claustro da catedral tudense como símbolo da nosa provincia.

Un total de dez selos, que son dez fitos na traxectoria do Grupo Filatélico e Numismático de Tui, hoxe presidido por José Manuel González Troncoso e no que continúan varios dos seus fundadores, entre eles Carlos Pérez-Fonterosa e Pilar Saracho. Sesenta anos de promoción do coleccionismo filatélico en Tui e por extensión de dinamizadores da vida social e cultural da nosa cidade coa súas permanentes actividades que teñen o seu mellor expoñente nestas emisións de selos que contribúen á divulgación de Tui e os seus recursos patrimoniais e turísticos. A celebración deste aniversario, ao longo desde ano 2022, ben merece o noso recoñecemento e gratitude.

Comentarios

  1. Muito interessante. Então para os crleccionadores é um verdadeiro presente. Parabéns

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall