Ir al contenido principal

"Poético" anuncio da sombrereria Medina de Tui


LAS TRES B.B.B.

SOMBRERERIA DE LAUREANO MEDINA
Calle Elduayen (Soportales)
TUY


Otra vez parroquianos
la musa mía
á la calle se lanza
precipitada
y anunciando mi antigua
sombrerería
os acomete á todos
á mano airada.

Sale para deciros
como otros años
que tengo de sombreros
un buen surtido
que á todos los que quieran,
propios y extraños
los vendo por un precio
muy reducido.

Por ella sabrá el público
que ya han llegado
los géneros de estío
de última moda,
y en canales tal número
que yo he pensado
canalizar con ellos
la ciudad toda.

Y una bimba venida
de no sé donde
pero que de seguro
bajó del cielo,
pues al que tiene canas
se las esconde;
¡y al calvo que la compra
le nace el pelo!

Para los que tienen
sangre torera
han traído frascuelos
y cordobeses,
Mazantinis, que el timo
dan á cualquiera
y currilos que duran
sesenta misas.

¡Tengo para los pollos
cada flexible!
que al que sepa ponerlo
con elegancia
créanme a mi señores
es muy posible
que algún inglés lo lleve
de balde á Francia.

Y si no lo llevase
hay un remedio
que al atroz desencanto
muy pronto borra
que, es, el comprarme un kepis
único medio
de que pueda cualquiera
viajar de gorra.

En fin que en mi excelente
sombrerería
hay gorras y sombreros
de efectos tales
que el Rey me los declara
cualquier día
panacea que cura
todos los males.

En ella encuentra el rico
cuanto desea
pues hay unos sombreros
capitalistas
que ya puede el dichoso
que los posea
hacer por esos mundos
cien mil conquistas.

En cambio hay otros muchos
que para el pobre
una ganga resultan
nada liviana
¡Y aún pueda ser que alguno
no se lo cobre!
¡Que á expléndido y rumboso
nadie me gana!.

Vengan pues, á mi casa
todos al punto
y visitan mi antigua
sombrerería
¡Vengan! ¡no se retarden!
que aqui el asunto
es que yo venda el género
todo en un día.

¡A comprar parroquianos
lleguen y ensayen
y verán que barato
vende Medina
Las tres B.B.B. (Soportales)
calle Elduayen.
Pasen, pasen, señores...
que habrá propina
  
Nota.- En dicho establecimiento todos los meses se reciben novedades y se admiten encargos de sombreros de copa, canales de seda, castor y fieltro. También se hace toda clase de reformas que se deseen.

Texto de Xerardo Álvarez Limeses


Paseo da Corredoira (daquela rúa Elduayen), cos soportales onde se atopaba a Sombrereria Medina


Nota sobre o autor:
Xerardo Álvarez Limeses, naceu en Pontevedra en 1871, cursou a carreira de Dereito en Santiago de Compostela e a de Maxisterio en Madrid. Na súa cidade natal fundou o ateneo “Los Amigos del Progreso”, foi académico da Real Academia Galega, fundador do Museo de Pontevedra, redactor das revistas “Extracto de Literatura” e “Galicia Moderna” e autor do volume da “Geografía de Galicia (provincia de Pontevedra)” editada por Carreras i Candi nos anos trinta do pasado século. En castelan publicou “Margaritas” (1892) e “Versos morales” (1898), e posteriormente un libro de versos galegos co título de “Antre dous séculos” (1934). Perteneceu á Sección de Historia do Seminario de Estudos Galegos, onde presentou, entre outros, un estudio sobre o padre Sarmiento.
Casou con Dolores Gallego Martínez, e foi o pai de Amalia Álvarez Gallego, casada con Alexandre Bóveda.Faleceu en 1940.
Entre 1900 e 1920 participou en certames e Xogos Florais nos que obtivo varios galardóns, entre eles o primeiro premio do certame organizado en Tui para conmemorar o milenario do nacemento de San Paio en 1925 co poema titulado “Cantando la eterna gloria del Señor”. Dedicado profesionalmente á docencia, como inspector de educación, tivo unha estreita vinculación con Tui dado que o seu irmá, Darío Álvarez Limeses estableceuse en 1905 na nosa cidade e nela morou coa súa familia ata o seu fusilamento en outubro de 1936. De feito unha das mellores achegas sobre a historia da nosa cidade é a que figura nas páxinas da Geografia de Galicia de Carreras i Candi, no volume dedicado á provincia de Pontevedra.

Dende “Tudensia” agradecemos a Xosé Maria Álvarez Cáccamo a deferencia de achegarnos unha copia deste “volante” editado como promoción desta sombreria tudense.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miñ...