Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2025

Relembrando a visión de Sor Lucía en Tui no seu XCVI aniversario

Hai hoxe noventa e seis anos, o 13 de xuño de 1929, tivo lugar na capela das Irmás Doroteas de Tui un singular acontecemento: a visión da Santísima Trindade por Sor Lucia, a vidente de Fátima que por aqueles anos residía no convento tudense. A devoción a Nosa Señora de Fátima e as súas revelacións ou visións, en 1917, aos tres pastoriños de Aljustrel: Francisco e Jacinta Martos e a súa curmá Lucía de Jesús Rosa dos Santos, que contaba daquela con dez anos de idade, son actualmente un fenómeno universal cunha ampla popularidade. Xa en “Tudensia” nos temos ocupado nun post do ano 2020 sobre a relación de Tui con esta devoción e nomeadamente coa figura de Sor Lucia: https://tudensia.blogspot.com/2020/05/sor-lucia-e-tui.html no que recolliamos o seguinte: Tras comunicar ás autoridades eclesiásticas as visións e no decurso do proceso de verificación das mesmas, Lucía (que nacera en 1907) con apenas catorce anos é levada, polos responsables da diocese Leiria, ao Instituto Van Séller (...

Cantares tudenses para o Día das Letras Galegas 2025

Resulta feliz a iniciativa da Real Academia Galega de dedicar neste ano 2025 a celebración do Día das Letras Galegas á poesía popular oral, ás cantareiras, reivindicando, en palabras da propia Academia, dous esteos fundamentais da lingua e da cultura de noso: o legado de tantas mulleres do pobo que, coma as que protagonizan estas Letras colectivas, foron principais creadoras e transmisoras da poesía popular oral  mais a súa continuidade en novas voces, que abren á tradición e á lingua novos e exitosos vieiros creativos. En “Tudensia” temos reivindicado en numerosas oportunidades a potencialidade da nosa cultura tradicional ao ser un elemento vital na construción da identidade e o desenvolvemento dun pobo. A través dela, transmítense valores, tradicións, costumes e coñecementos de xeración en xeración, o que permite consolidar unha identidade propia e única. Músicos en Tui na rúa Pracer, ano 1925. Fotografía de Gonzalo Gutiérrez.  Esta cultura tradicional é un acervo que re...

Os santos da procesión de san Telmo

En diversas oportunidades varios seguidores deste blog nos teñen suxerido elaborar un post que aborde á procesión de San Telmo e nomeadamente as imaxes que participan na mesma, unha tradición non tan antiga pero plenamente consolidada como unha das referencias do patrimonio inmaterial da nosa cidade. No último post publicado en “Tudensia” hai uns días ao falar da “barca” de San Telmo recollíamos unha notas breves sobre as procesións que se celebraban en Tui para honrar ao noso patrón san Telmo que reproducimos para contextualizar o contido deste posto aínda co risco de reiteración: As celebracións litúrxicas na festividade de san Telmo chegan ata a metade do século XX centradas no culto catedralicio: vésperas solemnes no día anterior, misas á primeira hora na igrexa de San Telmo, procesión das reliquias e a continuación Misa Pontifical como música e sermón solemne, para rematar á tarde coas Vésperas e a continuación a exposición pública das reliquias de San Telmo e doutros santos c...