No último post falamos da necesidade de conserva o patrimonio inmaterial que atesoura a nosa cidade, naquel caso no que atinxe a certos topónimos que pola expansión urbanísticas da cidade e os conseguintes cambios no rueiro vanse perdendo para a memoria colectiva. Similar necesidade sucede coas tradicións populares expresadas a través de lendas que foron transmitidas oralmente polos nosos devanceiros. Actualmente esta secular cadea que nos une coa nosa historia e identidade foi rachada polos procesos de modernización que modifican os hábitos sociais e culturais nun proceso esmagador de unificación dos mesmos. Por tanto, recoller e documentar estas vellas lendas e tradicións populares que tantos de nos escoitamos na nosa infancia para evitar a súa desaparición e a conseguinte “desmemoria” colectiva resulta unha necesidade perentoria para a nosa sociedade. Unha destas tradicións mais coñecida no entorno tudense atinxe á capela a Virxe do Camiño, na parroquia de Rebordáns, na antigo...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses