Galicia está a conmemorar o centenario da fundación, na cidade de Ourense, da revista “Nós” e, por extensión, da denominada xeración ou grupo Nós. Un feixe de creadores e dinamizadores da vida cultural, social e política de Galicia entre 1920 e 1936. Vicente Risco (1884-1963), Ramón Otero Pedrayo (1888-1976), Antón Losada Diéguez (1884-1929), Florentino López Cuevillas (1896-1958), Ramón Cabanillas (1876-195) e Castelao (1886-1950) son algún dos nomes máis relevantes da historia da cultura galega e os principais representantes deste grupo. En xuño de 1920 unha xuntanza deste fato de intelectuais realizada no Café Méndez Vigo, de Pontevedra, foi o xerme dun fito histórico e cultural en Galicia: o nacemento da revista Nós, o 30 de outubro dese mesmo ano na cidade de Ourense, verdadeira cerna deste grupo. A revista será impresa en Pontevedra dende 1923, ata que no número 18, coa ditadura de Primo de Rivera, suspéndese a publicación. En 1925 volvería á imprenta na Coruña e logo en ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses