Nas eleccións de 1893 e de 1898 resultará electo polo distrito pontevedrés de Cambados o tudense Antonio Díaz de Rábago y Aguiar, que morre moi novo neste último ano. Pertenceu ao Partido Liberal y estivo sempre ligado á figura do politico galego Eugenio Montero Ríos. Retratro de Augusto Gonzalez Besada no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui (1920) Tras o seu pasamento sucédeo, en 1899, na representación pola vila de O Salnés un dos mais egrexio tudenses, Augusto González Besada y Mein . Foi un dos grandes políticos galegos da Restauración membro do Partido Conservador. “ Orador metódico e persuasivo demostraba nos seus discursos a fonda preparación que dedicaba ao estudio dos grandes problemas (…) era un intelectual que pretendeu darlle á política a modernidade e fondura da que carecía ”. Fillo de Basilio González Besada Vidal, avogado, alcalde de Tui e deputado provincial en varias oportunidades, autor dunha obra moi práctica sobre os foros, era de ideas integristas como o...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses