O pasado ano, coincidindo co centenario dos acontecementos da Guerra da Independencia en Tui, publicamos en Tudensia diversos “post” describindo os principais acontecemento daqueles episodios bélicos. Completamos hoxe aquela serie cos comentarios que sobre a toma de Tui figuran nas memorias do mariscal Soult, comandante en xefe das tropas napoleónica ao seu paso pola nosa cidade nos primeiros meses de 1809. “Estas memorias, atribuidas ao mariscal Soult, foron aparentemente redactadas durante a campaña de Galicia e Portugal, e rematan cando o exército francés se veu obrigado a abandonar o Oeste e Sur da Península perseguido polo xeneral inglés Arthur Wellesley, duque de Wellington. Coidase que esa devanditas memorias foron escritas posteriormente, utilizando as anotacións do propio mariscal Soult, por Pierre Le Noble, intendente militar e Cabaleiro das Ordes Reais e Militares de San Luís e da Lexión de Honor. Este militar participara na campaña de Austerlitz e, en 1809, chamárao o...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses