Ir al contenido principal

Sabino Jurado Romero, recuperando nomes tudenses do exilio español

A historia dun territorio, dunha cidade é tamén a historia da súa veciñanza, dos avatares que ao longo do tempo protagonizan os homes e mulleres desa cidade, desa terra, que coa súa actividade, co seu traballo, coas súas luces e sombras identifican a ese territorio, constrúen unha identidade colectiva que conforma a unha poboación. En consecuencia, recuperar as historias persoais de habitantes non é unha mera curiosidade senón documentar anacos da nosa historia colectiva.

Sinatura de Sabino Jurado Romero

Recuperamos hoxe o nome de Sabino Jurado Romero, avogado tudense nacido no ano 1900 na nosa cidade. O seu pai era Sabino Jurado que foi alcalde de Tui entre 1909 e 1914, formando parte do partido conservador e, por tanto, integrado no grupo ordoñista -que controlaba o distrito tudense-. De humilde orixe logrou titularse como avogado na Universidade de Santiago de Compostela, exercendo na nosa cidade ata que a súa dedicación como titular dunha casa de cambios de moeda, situada no Paseo da Corredoira, deulle unha notable fortuna. Sabino Jurado contrajo matrimonio en Lisboa el año 1897 con doña María Romero Madeira, natural de dicha ciudad, hija de don Manuel Romero Alonso, natural de Budiño, y doña Teresa Madeira, de Lisboa, y tuvieron cinco hijos, todos varones, Ángel y José (gemelos), Sabino, Alfonso y Álvaro (...) falleció en su ciudad natal el 7 de abril de 1916.[i]

Destes fillos, o máis coñecido ata agora é José Jurado Romero, que naceu en Tui en 1898. Estudió la carrera de Medicina en la Universidad de Santiago de Compostela y en la de Madrid, obteniendo en esta última, en 1927, la especialidad de Ginecología, que prácticó, antes de instalarse en Tui, en Londres y Brasil. Contrajo matrimonio en el año 1933 en A Guarda con doña María Alonso Martínez, natural de dicha población, y tuvieron dos hijos José María y María de los Ángeles.[ii]

José Antonio Uris Guisantes sinala que José Jurado foi dos primeiros militantes de Falange Española en A Guarda. Por esta condición foi nomeado pola autoridade militar membro da Comisión Gestora do concello guardés tras a sublevación militar do 18 de xullo de 1936 como síndico. Continúa Uris que o Síndico José Jurado Romero é de triste lembranza para moitas familias guardesas e foi cesado fulminantemente polo Gobernador Civil, en vista dos informes que sobre os seus desmáns na represión tiña enriba da mesa

Uris recolle que nunha reunión o 10 de agosto de 1936 no restaurante do seu irmá xemelgo Angel Jurado no Monte Tecla (hoxe edificio do Museo)[iii] acordaron os nomes daquelas persoas que esa mesma xornada serían represaliados e fusiladas, en concreto cinco veciños da Guarda, A partir dese día dimite o Alcalde, asustado polos acontecementos que estaban acontecendo, en escasos días as autoridades militares, en sesión do 15 de agosto, nomean a D. Nicolás Alonso Linares "O Lamprea" como novo alcalde mantendo a todos os membros da Xestora agás a José Jurado.[iv]

José Jurado, con consulta médica na rúa Augusto González Besada,  será alcalde de Tui entre 1951 e 1957 desempeñando tamén diversos postos como xefe comarcal de Falange Española y Tradicionalista (FET), responsable da “Obra sindical del 18 de julio” que se ocupaba da asistencia sanitaria, de “Educación y Descanso” promovida tamén polo sindicato vertical franquista. Morreu en Tui no ano 1971.

Tamén vinculado aos primeiros tempos da Falanxe no Baixo Miño figura Álvaro Jurado Romero. Xosé Álvarez Castro no seu blog “Pontevedra nos ano do medo” sinala que era monárquico, xefe local de FET y de las JONS e tiña antecedentes de detencións por diversos motivos e figura como testemuña de cargo causa 422/1938, que se lle instruíu a Ángel Domínguez León “Cucú”, Alfredo Rocha Fonseca, Ángel Rodal Lanzós, Marcelino Tajes Justo  onde o sinala como “comercialmente que deja bastante que desear”. As fontes orais o sinalan como altamente implicado na represión promovida tras o 18 de xullo.[v]

A traxectoria de Sabino Jurado Romero resulta completamente diverxente no ámbito político.

Sabino nace en Tui no ano 1900, estudia dereito exercendo como avogado en Madrid, traballando como “agente en los juzgados de Madrid”, ata o inicio da guerra civil. Aínda que carecemos de noticias sobre a súa militancia política figura nos arquivos como afiliado ao sindicato socialista Unión General de Trabajadores.

Segundo un informe da Junta de Auxilio a los Republicanos españoles de 1941 “politicamente el interesado dice que no perteneció a ningún partido y que para sus ascensos en el ejército, se valió de un aval que le proporcionó Izquierda Republicana con quien simpatiazaba en Madrid. Sindicalmente pertenede a la UGT, desde el año 1930, según recibos de cuotas pagadas que exhibe.”

Casa en Madrid con Pilar Sancho Forcada, nada en Madrid en 1909, funcionaria, e teñen tres fillos José Luis (1928), Marisol (1930) e Diana (1932).

Tras o estoupido da guerra civil Sabino se alista, segundo sinala el mesmo nun escrito, como voluntario no exercito republicano dende primeira hora: combatiente en la guerra española como voluntario desde el mes Julio de 1936 en el frente de Córdoba, herido grave en la defensa de Pozoblanco (no mes de abril de 1937), y al finalizar la guerra comandante jefe de Operaciones del Estado Mayor del XVIII Cuerpo del Ejército. Foi tamén comandante das Divisións 27ª e 60ª na batalla do Ebro.

Segundo os informes que presenta posteriormente en México abandona España o 12 de febreiro de 1939. Tras cruzar a fronteira foi recluído, primeiro, no campo de concentración de Prats de Molló, situado no municipio homónimo do Rosellón francés a só 13 quilómetros da fronteira, era o lugar de chegada para os refuxiados españois que pasan a fronteria por Coll d’Ares, lugar prioritario de paso antes da súa toma polas tropas franquistas.

Sabino Jurado é pois un dos milleiros de militares españois que participa na denominada “Retirada”, nome co que se coñece o éxodo a Francia dentro do exilio republicano español entre o 28 de xaneiro e o 13 de febreiro de 1939, tras a caída de Barcelona e o avance das tropas sublevadas. Jurado Romero forma parte do último continxente en participar na “Retirada” pois o paso queda cortado cando o 13 de febreiro as tropas de Franco tomen a estrada de Molló.

Pasa posteriormente ao campo de concentración de Arlés-sur-Téch e finalmente ao de Barcarès, aberto o 18 de febreiro de 1939 para acoller, en principio provisoriamente, aos refuxiados de campos próximos saturados de refuxiados, instalados en barracóns situados na propia praia. Sabino estaba aloxado no “Islote B, pabellón de Oficiales”. Segundo el mesmo informa ao Comité Técnico de Ayuda los Refugiados Españoles sufriu malos tratos nos tres meses de estancia nestes campos de concentración.

Carecemos de noticias sobre a situación da familia de Sabino Jurado durante a guerra civil, pero deberon desprazarse no territorio republicano diante do avance das tropas republicanas e finalmente cruzar ao exilio en Francia. O que sabemos que é Sabino Jurado xunto coa súa esposa, Pilar Sancho, e os seus tres fillos embarcan no buque Sinaia con destino a México o 25 de maio de 1939.

O Sinaia foi o primeiro buque no que chegou un numeroso grupo de exiliados españois a México tras o triunfo dos sublevados na Guerra civil española.  O buque partiu de Sète, en Francia, cara México, o 25 de maio de 1939 e chegou ao porto de Veracruz en México dezanove días despois, o 13 de xuño. En total embarcaron 307 familias, 1.599 persoas, a maioría (953) homes maiores de 15 anos, que se refuxiaron en Francia e que aceptaron a oferta do presidente de México, que naquel entón era Lázaro Cárdenas, de ser acollidos. Todos os pasaxeiros foron liberados dos campos de concentración en Francia. A viaxe foi organizado polo Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE) e a organización mexicana, Comité Técnico de Axuda aos Refuxiados Españois.

Chegada do Sinaia a Veracruz

Curiosamente na documentación consultada Sabino Jurado figura nos listados de pasaxeiros do Sinaia, conservados na Fundación Pablo Iglesias, coa visa nº 1061 pero non se indica que viaxe acompañado da súa familia. Sin embargo, na ficha do rexistro de estranxeiros do Servicio de Migración do Goberno de México figura unicamente a súa esposa, Pilar Sancho Forcada e seus fillos pero co mesmo número de visa o que implica un desprazamento familiar a bordo do Sinaia.

Finalizado este penoso periplo de exilio de España coa derrota republicana, o paso polos campos de concentración franceses para os refuxiados españois e a travesía no Sinaia, ábrese para a Sabino Jurado e a súa familia uns anos cheos de dificultades, ata dramáticas, para atopar unha estabilidade económica que permita iniciar unha nova vida no exilio mexicano. Un panorama común a tantos exiliados e que tantas veces descoñecemos e infravaloramos dende a distancia física e temporal.

A análise da documentación conservada nos permite coñecer este periplo de Sabino Jurado Romero e a súa familia.

Ficha do Servicio de Emigración de México de Pilar Sancho

Tras a chegada no Sinaia establecen a residencia en México DF coa condición de “inmigrantes asilados políticos” autorizada dende o 14 de xuño de 1939.

Nun escrito de 20 de maio de 1940 Sabino solicita a Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles (JARE)[vi] socorro económico e roupa, expresando no seu escrito o seguinte:

recurro a la Junta de Socorros de del JARE en solicitud de auxilio económico con que poder hacer frente a la angustiosa situación en que con mis familiares me encuentro. Creo oportuno manifestar que desde primero del año actual dejé de cobrar el auxilio que percibía en el Comité Técnico de Ayuda[vii], por lo que durante los meses de enero, febrero y marzo pasé por días de máxima penuria sin casi poder dar de comer a mi mujer y tres hijos, teniendo que recurrir al empeño de las pocas ropas que tenía y así en medio de privaciones sin cuento pasé estos tres meses; una agravación en mi situación me llevo a insistir al Comité Técnico para que fuese seleccionado y aún cuando no conseguí esto, logré que durante el pasado mes de abril me diesen el socorro diario.

En esta situación desesperada acudo a esa Junta, manifestando cuales son mis necesidades.

En la actualidad, y según pruebas que tengo a su disposición para la oportuna comprobación, debo más dos meses de luz, la mensualidades de alquiler de casa correspondientes a los meses de marzo, abril y mayo, pesando sobre mi la amenaza de ser deshauciado de no satisfacer dichos recibos en el transcurso de este mes.

En el Monte de Piedad tengo empeñadas las ropas que cito (enumera ata quince empeños de roupa diversa: abrigos, traxes, cazadora, colchas sabanas, etc e tamén unha máquina fotográfica que é a peza de mais valor).

O 24 de maio a Comisión de Socorros de JARE acorda un socorro urxente de 160 pesos á Sabino Jurado e a súa familia.

Ao pouco tempo Jurado Romero envialle unha carta a Indalecio Prieto, como presidente de JARE, indicando que

un hermano mio huído de la zona franquista poco antes de terminar la guerra[viii], en la actualidad con residencia en Puerto Rico, me ha enviado una máquina para hacer punto de media en la que pueda mi mujer trabajar en casa y contribuir así al sostenimiento del hogar, pero los derechos arancelarios de aduana suman la cantidad de  292,43 pesos, cantidad que no tengo, pues me encuentro sin trabajo, por lo que a Ud me dirijo en súplica de que me sea prestada dicha suma que devolvería en el plazo antes posible y en las condiciones que estipulasen ustedes. (...)  Asimismo le hago constar mi situción actual: me encuentro sin trabajo, y a pesar que me concedió el JARE una beca para mis hijos en el Instituto Ruiz de Alarcón[ix], aún no han podido ir por encontrarse dos de ellos enfermos, todo esto señor Prieto contribuye a hacer desesperada mi situación que, créame, no puede ser peor. Nunha nota manuscrita no mesmo escrito se sinala a concesión da axuda: que si, con garantias.

O 21 de setembro de 1940 solicita á sección de socorros da JARE unha axuda temporal para trasladarse ao municipio de Veracruz (sinalando o restaurante Prendes con destino no seu escrito). Unha axuda que foi concedida.

Pero a estadía en Veracruz debeu ser breve pois retorna a México DF solicitando, en maio de 1941, ser beneficiario do Servizo Médico-Farmacéutico de JARE, incluíndo á súa esposa e os seus tres fillos. Manifesta nesta solicitude que traballa como agente viajero a comisión para a Fábrica de calzados G.B.P., os seus ingresos que cifra entre 160 e 200 pesos ao mes son os únicos da súa familia.

Nun informe interno de JARE en relación a esta solicitude se sinala que en esta capital se dedicó a viajar por cuenta de algunas casas comerciales y hoy tiene las que el interesado cita en su escrito, comprobado en la visita que se le ha hecho. Posee carnet, o credencial de viajante de comercio, nº 1621, expedido con fecha 10 de octubre de 1940 y valedero por un año y está pendiente de salir de nuevo a viajar por la Casas que recientemente ha quirido para representarlas, y que son de importancia, como la de camisas “Manchester” y la de calzado. No mesmo informe se recolle que os seus tres fillos están internos no colexio Franco-Español de México DF.

O 16 de xuño de 1941 solicita á JARE un préstamo de 450 pesos con destino a los fines que a continuación expongo: soy agente-viajero representante de las siguientes Negociaciones: Fábrica de calzados G.B.P., “Compañía de camisas Manchester”, “Maricopa Trading, CO”, Fábrica de calzado de mujer Regis”, Fábricas de Bontería Boston Sweater CO. SA. y “Fábrica de ropa íntima Caresse, SA.”

He efectuado ya tres viajes por el interior de la República llevando unicamente la representación de dos de las casas citadas con resultados económicamente buenos, ultimamente y en vista del resultado de mi trabajo me han concedido nuevas representaciones que me permitirán, sin fantasías, cifras elevadas de beneficios; pero como las comisiones que devengue no son cobrables hasta los 30, 60, 90 y 120 días -según se hayan hecho las operaciones de venta-  es por lo que necesito disponer de la cantidad necesaria para los gastos de viaje durante el primer mes, más la cantidad que destine para la atención de mi familia durante este tiempo (...) como forma de pago para reintegrar dicho préstamo podía hacerlo en cinco plazos mensuales a partir de los treinta días de ser concedido mediante letras de cambio. Pero esta solicitude é denegada, con data 3 de xullo de 1941, pola JARE por haber variado sus circunstancias personales.

Pero as dificultades que a vida presenta a Sabino Jurado non remataron aínda. Nun novo escrito á JARE de data 11 de xullo de 1941, escribe o seguinte: con fecha 3 de los corrientes me fue comunicado por esa Delegación el haber quedado en suspenso mi instancia a Ud dirijida con fecha 16 ppdo por haber variado mis circunstancias personales, indicándome que puedo reproducirla con las modificaciones que estime necesarias.

Considero obvio decirle que la desgracia sufrida empeoró mi situación. El sacar adelante a tres niños, faltos ya para siempre del amor de madre es hoy mi preocupación, por ello supe hasta ahora ahogar otros sentimientos, pues en la muerte de mi compañera se perfila y prueba la comisión de un hecho delictivo, pero no encontré el apoyo de ninguna persona influyente para se hiciesen las diligencias que esclareciesen el hecho. Llegó a México aceptando la hidalguía de un amparo, pero su extraña muerte aquí nadie se creyó en el deber de esclarecer.

Hoy més que antes es necesario que trabaje, esta desgracia me ocasionó gastos para mi grandiosos que unidos a la ayuda que esa Delegación me prestó, ayuda a la que de una manera muy especial quiero hacerles presente mi agradecimiento, me permitió traer su cadaver a esta ciudad. Mi única perspectiva es emprender el viaje, pues las Casas que represento por carta me ratificaron su conformidad.

Por tanto suplico se tenga en cuenta mi petición del ppdo 16, con súplica de que sea atendida, para a su vez poder atender yo a tres vida que mañana han de ser útiles a España.

Como comprobamos a morte da súa muller, Pilar Sancho, é unha nova e desgraciada eiva cando comezaba a mellorar a situación familiar. Non podemos actualmente coñecer as circunstancias desta morte nen o lugar onde tivo lugar, pois do escrito antes citado deducimos que non foi en México DF onde residía Sabino Jurado e os seus fillos.

Nunha nota manuscrita do seu expediente como refuxiado en México figura que foille entrega unha axuda económica de 525 pesos para os gastos de enterro e que el agradece na carta antes mencionada.

Finalmente nunha data indeterminada de inicios do ano 1946 Sabino Jurado solicita ao Comité Técnico del Fideicomiso para auxiliar a los republicanos españoles me sea concedida una beca de colegiatura a favor de mi hijo José Luis Jurado Sancho para la Academia Hispano Mexicana en donde debe cursar el último año de la Enseñanza Secundaria. Quiero hacer presente a Ustedes que me he quedado viudo en México con tres hijos, que con grandes esfuerzos y a costa de privaciones tengo a mis dos hijas interas y que mis ingresos en el lugar en que trabajo -Café Betis- fluctuan entre 230 y 250 pesos mensuales, lo que no me permite pagar la Colegiatura de mi hijo.

No informe elaborado en relación a esa solicitude se indica que de los datos obtenidos sobre la situación económica de este señor se llegó a conocimiento de que, a parte de los ingresos señalados en la instancia, obtiene algunos otros muy reducidos, de donde se deduce ser cierto lo que en la misma se expone de no poder pagar la colegiatura de su hijo. Finalmente a beca foille concedida o 16 de febreiro de 1946.

Deducimos deste escritos un cambio na dedicación profesional de Sabino que xa non exerce como comercial senón que traballa na hostalaría. Un cambio para atender aos seus fillos? Fracasou a súa actividade como viaxante de comercio?

A última noticia que temos sobre Sabino Jurado foi que casou de novo en 1943 coa mexicana María Castillejo Martínez, falecendo en Benito Juarez, Distrito Federal, no ano 1970.

Deste percorrido vital sobre a traxectoria do tudense Sabino Jurado Romero restan numerosas preguntas sen resposta, quedando esta biografía aberta a novas investigacións e achegas que permitan documentar a vida deste avogado no exilio mexicano e a súa familia.

Sabino Jurado Romero expresa a dramática experiencia da guerra civil e nomeadamente dos perdedores que obrigados ao exilio deben comezar de novo a súa vida, sumando ao peso da derrota a procura dun sustento para eles e as súas familias. Un papel imprescindible xogan as diversas entidades de axuda aos exiliados. Pero tantas veces, como vimos nesta caso, resulta moi dificultoso acceder a un traballo que garanta unha estabilidade económica para iniciar e afrontar a nova existencia lonxe da patria. Tantas veces, como neste caso, temos que valorar a empeño e determinación -as veces excepcionais- deste exiliados que emprenden unha nova vida para eles e as súas familias.

Tamén esta biografía ilustra a dramática experiencia que implicou o conflito civil que desemboca na guerra e posterior ditadura, que racha coas relacións familiares e sociais, que provoca odios, xenreiras, mortes, asasinatos, represións, esquecementos, exilios.... Ata o punto que consultados algúns tudenses, de alongada memoria, sobre o seu coñecemento de familia Jurado Romero todos lembraban a José e Álvaro ou mesmo Angel, pero o esquecemento sobre Sabino era completo. Ninguén o lembraba nin recordaba ter escoitado palabra algunha sobre él, evidenciando un inxusto proceso de cancelación.

Rescatamos con estas notas a figura de Sabino Jurado Romero confiando en completar con novos datos a súa biografía que incorporamos así a memoria colectiva da nosa cidade.



[i] Estes datos está tomados de Añoveros y Trias de Bés, Xabier e Martinez Gamallo, Loli: Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Tui, 2008, p. 53.

[ii] Añoveros y Trías de Bés, Xabier: Op. Cit. P. 239.

[iii] “Restaurante que traza sobre el año 1930 para su sobrina Rosario y su marido Ángel Jurado Del proyecto, pensado para ubicar en la cima del Monte Santa Tecla de A Guarda, solamente se ejecutará una parte, la que en la actualidad ocupa el museo de la citania de este monte” en Iglesias Veiga, Xosé Ramón: “Contenidos regionalistas en la arquitectura de Antonio Palacios en Galicia” en Espacio, Tiempo y Forma, Serie VII, Historia del Arte, t. 7, 1994, pp. 383-417

[vi] A Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles (JARE) foi unha organización creada pola Deputación Permanente das Cortes Republicanas no exilio para asistir aos refuxiados españois no exilio. Para a constitución da JARE foi de enorme importancia a apropiación do cargamento do barco Vita por parte de Indalecio Prieto. Este barco e o seu cargamento, propiedade do Goberno Republicano, estaba fondeado en Veracruz e contiña nas súas adegas os bens evacuados de España, cos caudais que debían financiar o Goberno da República, pero, especialmente, o SERE (Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles, creado por Juan Negrín, namentres a JARE estaba impulsada por Indalecio Prieto, trasladando ao este ámbito a agria disputa política entre ambos sectores do exilio) . Co recurso económico e o respaldo da Deputación Permanente, que se autoproclamou como a única representación legal da República no exilio, a JARE entrou en clara competencia co SERE. En setembro de 1939, a JARE trasladouse de Francia a México, o cal non impediu que seguise actuando en Francia e máis desde que o SERE deixou de funcionar de maneira efectiva tras a ocupación de Francia durante a II Guerra Mundial.

[vii] O Comité Técnico de Ayuda a los Republicanos Españoles en México foi un organismo dependente do Servizo de Evacuación aos Republicanos Españois (SERE) que fora creado polo presidente Negrín. O CTARE comprometeuse a procurar cobertura sanitaria e a dar emprego a todos os españois refuxiados que chegasen exiliados ao país, para o que se crearon empresas con máis de tres mil postos de traballo distribuídos en diferentes sectores: industria, agricultura, educación, cultura, etcétera. Á súa vez, os refuxiados tiveron a opción de crear os seus propios negocios, para o que podían pedir un préstamo ao Comité. O labor do CTARE durante o primeiro ano do exilio foi imprescindible. Sen ela, moitos refuxiados non tivesen a oportunidade de comezar de novo. Aínda que é certo que o Comité tivo algúns fracasos e cometeu erros, non o é menos que a tarefa asistencial que desempeñaron fixo posible que unhas 8.700 persoas beneficiásense das súas axudas, cun orzamento que oscilou entre os oito e nove millóns de pesos. Con todo, o Comité tivo unha curta vida, debido a que os seus fondos esgotáronse en 1940, moitas das empresas que crearon terminaron en bancarrota e ao enfrontamento constante entre Prieto e Negrín. Por todo iso, en 1942 as súas oficinas víronse obrigadas a pechar para sempre, pero pronto foi substituído pola JARE.

[viii] Descoñezo se este irmá é Ángel -de quen dimos alguna noticia na nota III- ou Alfonso. O destino en Puerto Rico encaixa cun lugar no que tradicionalmente existe unha ampla comunidade de emigrantes de A Guarda.

[ix] Co obxecto de escolarizar aos fillos dos refuxiados a JARE creou en México a Academia Hispano-Mexicana e o Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón. Ambos permanecen activos na actualidade, aínda que o Ruiz de Alarcón foi substituído en 1942 polo Colexio Madrid fundado o 21 de xuño de 1941.

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...