O Museo Reina Sofía de Madrid presenta actualmente unha ampla exposición retrospectiva sobre a pintora Maruja Mallo, que xa fora exhibida na Fundación Botín en Santander nos meses precedentes. Maruja Mallo é unha das artistas máis sobranceiras da arte contemporánea española do século XX.
![]() |
| Retrato Maruja Mallo no seu estudio rodeada polas súas obras, 1936. Fotografía de Vicente Moreno Díaz (1894-1954). Archivo Moreno. Fototeca do Instituto del Patrimonio Cultural de España |
A raíz desta noticia un
seguidor de Tudensia nos require a que documentemos a presenza de Maruja Mallo
na nosa cidade, onde durante varios anos residen os seus pais e onde nacerá en
1905 o seu irmán Cristino Mallo, afamado escultor.
Maruja e Cristino son
dous fillos do matrimonio de Justo Gómez Mallo e María del Pilar González
Lorenzo, que tiveron cinco fillos e nove fillas, das que unha delas morreu ao
seis anos en 1923.
Justo Gómez Mallo naceu
en 1867, en Madrid, casando con María del Pilar González Lorenzo en abril de
1895 en Vigo. Justo Gómez era funcionario, primeiro topógrafo e logo aprobaría
a oposición para oficial de quinta clase do corpo pericial de Aduanas
percorrendo diversos lugares con postos fronteirizos: Canfranc, Luarca, Tineo,
Vigo, Marín, Fregeneda (Salamanca) e de novo Vigo en 1895, onde casa con Pilar
González, Xixón (1895-1900), de novo Vigo (1900) e Viveiro
Todas as biografías
recollen que Ana María Manuela Josefa Gómez González, Maruja Mallo, naceu na
localidade lucense de Viveiro o 5 de xaneiro do ano 1902. Un dato que estivo
moito tempo agochado. Seguiremos o relato do cronista oficial de Viveiro,
Carlos Nuevo Cal, que xunto a Emilio Xosé Insua, no seu libro “Maruja Mallo,
de prometedora pionera a artista universal: materiais para unha biografía
exacta e completa da pintora viveiresa entre 1902 -1936” clarifican o
nacemento da nosa artista ata daquela sempre citado con dúbidas:
Os
motivos que orixinaron esas sombras foron variados. Por un lado estarían as
propias circunstancias itinerantes, por razóns profesionais paternas, que
envolveron o seu nacemento na localidade luguesa. Por outro, o constante fado
misterioso que a propia pintora axudou a recrear, manifestando repetidamente
que era “celta” de nación, pero sen especificar a súa concreta orixe viveiresa,
levada probablemente por un desexo de universalismo ou cosmopolitismo
internacionalista moi propio da época ao que responde igualmente a súa coñecida
máxima “Los surrealistas queriamos romper las fronteras de todas las Españas”
(....) contribuíu tamén a botar sombras sobre a verdadeira patria de Maruja
Mallo o seu “despiste” intencionado ao respecto da data de nacemento, pois
acostumaba rebaixarse sete ou mais anos, levada dun aquel de coquetería
feminina e dun pretendido toque de nena prodixio co que xogaría nos primeiros
anos artísticos”[i].
A familia Gómez
González reside en varias vivenda da vila da Mariña onde o 5 de decembro de
1903 nace un novo fillo, o quinto, nomeado como Ambrosio Justo.
Carlos Nuevo e Emilio
Ínsua continúan documentando a nenez de Maruja: o Nadal de 1903 foi o último
que pasou en Viveiro a meniña Maruja Mallo, pois a principios de xaneiro de
1904, Justo Gómez trasladouse a Tui coa súa familia para facerse cargo da
administración da alfandega.

Tomada de https://www.facebook.com/fotosantiguastuy
Na nosa cidade nacerá o
sexto fillo, Cristino, o 23 de agosto de 1905 que será bautizado ao día
seguinte na parroquia tudense da catedral na capela de Santa Catalina. Na acta
de nacemento sinalase que a familia residía na rúa Elduayen, o actual paseo de
Calvo Sotelo ou Corredoira. Lementablemente carecemos de noticia sobre o número
da vivenda tanto nos rexistros civís coma eclesiásticos, tampouco se conserva o
padrón municipal daqueles anos para coñecer cal era o edificio de residencia da
familia de Justo Gómez.
![]() |
| Cristino Mallo |
A inmensa maioría dos
estudosos sinala que, en consecuencia, Maruja Mallo reside coa familia na
cidade de Tui, ata que esta se traslada a Verín no ano 1907. Pero de novo o
documentado traballo de Carlos Nuevo e Emilio Ínsua documenta que coincidindo
co nacemento deste novo irmán, Cristino, a nosa protagonista que xa cumprira os
tres anos de idade sería recollida, por unha tempada, polo seu tío Ramiro
González Lorenzo e a súa dona Juliana Lastres Carrera que a levaran con eles a
Corcubión para aliviar un pouco a nai logo do último parto (...) Maruja Mallo
pasará a súa infancia e recibirá a súa formación inicial entre Corcubión e A
Coruña, onde os seus tíos tiñan outra vivenda, mentres que a súa familia
continuaría coa súa vida de traslados a Verín (1907), Xixón (1908) e Aranjuez
(1913) ao mesmo tempo que aumentaba o número de irmáns (Carmen Josefina, María
Luísa, Emilio Manuel e Dolores) (...) O ciclo da estadía de Maruja Mallo en
Galicia pecharíase definitivamente en setembro de 1913, coincidindo co novo traslado
da súa familia a Avilés, momento no que o seu pai foi recollela á Coruña, con
gran desgusto dos seus tíos, que desexaban profillala. A nosa protagonista
reincorporaríase ao núcleo familiar, con once anos e cargada de agasallos, logo
de ter pasado case oito vivindo cos seus tíos entre Corcubión e A Coruña [ii].
Vivirá Maruja a súa adolescencia na vila asturiana ata o traslado definitivo a
Madrid de toda a familia en 1922.
A historiadora da arte
Francisca Moreno Fuentes resume este itinerario de nenez de Maruja Mallo: Ana
María, a quien su familia llamaba Maruja, había nacido en 1902 en Vivero (Lugo)
donde su padre estaba destinado como administrador de aduanas portuarias. Fue
la cuarta de los catorce hijos que tuvieron D. Justo Gómez Mallo y
Dª. Pilar González Lorenzo que disfrutaban de una posición económica más
que desahogada, podrían haber vivido de las rentas procedentes de
las fincas del padre en Aranjuez, pero él no había querido caer en el
señoritismo y trabajó para el Estado con diversos destinos, como administrador
del cuerpo de aduanas, por lo que la familia cambió su lugar de residencia
varias veces durante la infancia de la niña.
Cuando
Maruja tenía tres años ya tenía cinco hermanos, de los cuales dos eran menores
que ella, la familia estaba organizando uno de estos traslados y recibieron la
visita del hermano de Pilar y su esposa, los tíos Ramiro y Juliana, matrimonio
sin hijos que se enamoró de la pequeña Maruja y sugirió la idea de que fuera a
vivir con ellos.
Este
tipo de situaciones era frecuente entre las familias de la época, sobre todo si
el hijo o la hija pasaba a vivir con algún miembro de la familia bien
acomodado, y bien relacionado como es el caso, pues D. Ramiro González Lorenzo
era un próspero hombre de negocios.
En
realidad, en las dos ramas de la familia había empresarios tanto como artistas
y científicos lo que sin duda influyó en la búsqueda permanente de la
excelencia y la innovación en la obra de Maruja Mallo, es seguro que el
ambiente familiar propició el desarrollo de su personalidad singular y
voluntariosa.
La
niña vivió ocho años felices con los tíos que alentaban su temprana
habilidad para la plástica y la colmaban de atenciones y bienes
materiales, alternando estancias en el pueblo de Corcubión en el
espectacular cabo de Finisterre y su casa de A Coruña.
Cuando
Maruja tenía doce años, y ante la insistencia de sus padres, vuelve a vivir con
sus padres y hermanos, que tenían ahora su residencia en Avilés. Según
testimonian sus familiares, la niña llegó a su casa como si llegaran los Reyes
Magos, cargada de regalos para todos.
En Avilés nacerán el resto de sus hermanos y morirán dos de ellos. En 1922, la familia se instala en Madrid y ella ingresa en la Academia de Bellas Artes de San Fernando junto con su hermano Cristino.[iii]
En consecuencia,
podemos afirmar claramente que Maruja Mallo residiu na nosa cidade entre o
traslado familiar a Tui nos inicios de 1904, cando contaba con dous anos de
idade, ata setembro de 1905 en que se traslada cos seus tíos maternos a
Corcubión, permanecendo a familia Gómez González en Tui ata 1907 en que se despraza
a Verín.
Maruja Mallo residiría
pois entre os dous e os tres anos de idade na casa familiar que supomos na rúa
Elduayen e aínda que carecemos de noticia algunha ao respecto, sería probable
que regresase algunha vez á nosa cidade para visitar aos seus pais e irmáns
namentres vivía cos seus tíos.
A nosa artista comezou
a súa formación artística en Avilés na súa Escola de Artes y Oficios e en
diversos estudios particulares como o do pintor Luis Bayón, en 1922 ao
trasladarse a familia a Madrid fórmase, xunto co seu irmán Cristino, na Real
Academia de Bellas Artes de San Fernando onde permaneceu ata 1926. Alí
relacionouse con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Federico
García Lorca, Margarita Manso, Luis Buñuel, María Zambrano e Rafael Alberti.
Durante a década dos anos vinte traballou para numerosas publicacións
literarias como “La Gaceta Literaria”, “El Almanaque Literario” ou “Revista de
Occidente” e realizou portadas de varios libros. En 1932 foi estudar cunha
bolsa da Junta de Ampliación de Estudios, a París e alí entrou en contacto co
surrealismo, coñeceu a Max Ernst, René Magritte, Joan Miró, Giorgio de Chirico
e participou en faladoiros de café con André Breton e Paul Éluard. En París
comezaría a súa grande etapa surrealista. En 1933 tras o falecemento do seu
pai, o seu principal financiador, debe renunciar a continuar na capital gala e
oposita a unha cátedra de Debuxo obtendo destino no Instituto de Arévalo. Pero
non interrompe a súa actividade artística e intelectual.
![]() |
| Maruja Mallo. ‘Kermesse’, 1928. Centre Pompidou, París. |
O inicio da guerra
civil supón un novo capítulo da relación de Maruja Mallo con Galicia e
concretamente con Tui: As principais biografías explícannos que firmemente
comprometida co proxecto cultural e político da República, Maruja Mallo decide
pasar o verán do 36 en Galicia, a súa terra natal. Tense dito que pretendía
impartir aulas na Escola de Artes e Oficios de Vigo e participar no labor das
Misións Pedagóxicas pero, segundo Emilio Ínsua e Carlos Nuevo Cal, o que a
movía en realidade era axudar a organizar un congreso rexional do POUM (Partido
Obrero de Unificación Marxista) no que militaba o que daquela era o seu
compañeiro sentimental, o ourensán Alberto Fernández Martínez, Mezquita, con
quen se tería instalado en Bueu ao comezo da temporada estival.
Sexa
como for, o certo é que ambos chegan a Beluso co bo tempo e ocupan unha
tranquila casa á beira do mar onde reciben a visita de moitos amigos; entre
eles, o xornalista Johan Carballeira, o ilustrador Federico Ribas Montenegro e
a súa compañeira Georgina Boussage e, probablemente, o fotógrafo José Suárez.
Na vila mariñeira, Maruja comeza decontado a debuxar, prepara apuntamentos para
unha nova serie pictórica. Son bocexos de rostros de traballadores do mar,
peixes, dornas, buguinas, áncoras e algas que se conservan no Caderno de
debuxos preparatorios para a serie “A relixión do traballo”[iv].
Segundo Manuel Vicent precisamente iso estaba facendo, pintando, cando soubo da
morte de Calvo Sotelo e cando, pouco despois, presenza como tiran o corpo dun
home desde o balcón do Concello de Bueu. Naquelas primeiras semanas, a artista
observa conmocionada como os estibadores do porto meten en caixas de madeira
seladas con cravos, a membros da masonería para que, confundidos coa
mercadoría, poidan librar a vida. Neste clima de incerteza e violencia,
Mezquita despídese dela e foxe cara a Portugal. Nunca máis se volverán ver. El
foi detido en Lisboa o 11 de novembro de 1936 e devolto a España onde foi
torturado e condenado a morte, condena que despois lle sería conmutada por pena
de cárcere. Finalmente logrou saír de España, grazas á mediación de diversos
amigos. Nunca regresou, viviu exiliado en México, Cuba e Iugoslavia. Faleceu en
1968, en Venezuela, onde o acollera o seu amigo Rómulo Gallegos con quen
cadrara en Beluso en 1935, mentres o escritor venezolano residía na vila.
Cando queda soa, a pintora refúxiase en Vigo, no actual barrio de Lavadores, na casa dun dos seus tíos maternos, desde onde pode escoitar claramente os tiros dos asasinatos que se cometen a diario nas inmediacións. Durante semanas vive con medo a posibilidade dunha denuncia e o temor de ser arrestada. Probablemente, foi entón cando comezou a tomar as notas que usará no texto “Relato veraz de la realidad en Galicia”, enviado desde o exilio ao xornal barcelonés La Vanguardia. Unha extensa e detallada narración dos primeiros meses de guerra en Galicia do que nos ocuparemos máis adiante.
A
finais de 1936, recibe un cablegrama da Asociación de Amigos del Arte de Buenos
Aires emitido o 29 de novembro de 1936. Convídana a participar nunha serie de
conferencias na capital arxentina o que lle serve de escusa para saír de Vigo.
Tense dito que a amizade con Concha Méndez[v]
ou quizais a intervención de Tota Atucha[vi],
tiveron moito que ver coa recepción deste oportuno salvoconduto. De Vigo viaxa
a Tui, onde vivira de nena e onde nacera o seu irmán Cristino. Alí cruza a
fronteira, axudada talvez polos antigos compañeiros de seu pai que exercera en
1903 na administración daquela alfándega. Xa en Portugal, segue viaxe a Lisboa
onde se atopa con Gabriela Mistral, responsable da embaixada de Chile, quen a
pon baixo a súa protección diplomática e a axuda cos trámites para conseguir
unha pasaxe para América. Logra embarcar avanzado xa o mes de xaneiro no
Alcántara, un vapor postal inglés. Leva consigo “Sorpresa del trigo”, segundo
deixou dito o seu cadro máis representativo, e dúas cartas de Gabriela Mistral,
unha para Victoria Ocampo e outra para Alfonso Reyes. Chega á capital
bonaerense o 9 de febreiro de 1937; onde, xa instalada, cadrará cun amplo grupo
de intelectuais e artistas galegos, Luís Seoane, Carmen Muñoz, Rafael Dieste,
Otero Espasandín, Lorenzo Varela e Eduardo Blanco Amor, entre outros[vii].
Pero tamén sobre esta
saída de España fuxindo da represión hai diversas versións. De novo Carlos
Nuevo e Emilio Insúa aportan claridade: durante a súa estadía en Vigo ben é
certo que cumpre a formalidade de se presentar diante das novas autoridades,
alegando a súa calidade de profesora de instituto, o que semella poñela a salvo
de represalias e lle permite ademais recibir emolumentos en tal concepto ata,
polo menos, decembro de 1936 (...) O convite formal da Asociación de Amigos del
Arte de Buenos Aires para impartir conferencias e realizar unha exposición na
capital arxentina será o pretexto agardado por Maruja para cruzar a fronteira
portuguesa por Tui e embarcar en Lisboa, sen maior complicación burocrática, a
pesar do moito que se ten especulado sobre aquelas horas e sobre a axuda que
lle tería emprestado a cónsul chilena Gabriel Mistral, con rumbo a Arxentina[viii]
Maruja Mallo regresou
do exilio en 1965, instalándose no barrio de Salamanca de Madrid para estar
cerca da súa familia. Eran catorce irmáns e oito deles, solteiros, compartían
un piso enorme na rúa Velázquez e con eles mantivo unha ampla relación.
Cando xa tiña 80 anos
comezou o seu recoñecemento público nunha España que a tivo ignorada durante
toda a ditadura franquista. Así, distinguírona coa Medalla de Ouro de Belas
Artes en 1982, a Medalla de Ouro da Comunidade de Madrid en 1990 e a Medalla de
Ouro da Xunta de Galicia en 1991. En 1993, o Centro de Arte Contemporánea de
Galicia dedicoulle unha exposición retrospectiva. Finou en Madrid en 1995 e os
seus restos foron trasladados á súa vila natal de Viveiro[ix]. No ano 2017 dedicóuselle
o “Día das artes galegas”.
Como
xa se anunciou, un ano despois de chegar a Arxentina, a pintora envía a La
Vanguardia a serie de artigos nos que recolle as súas impresións sobre o
sucedido na nosa terra neses primeiros meses de guerra. Non son estes os
primeiros textos en prensa que publica pero son, ata onde sabemos, os únicos
nos que compromiso e a denuncia política resultan tan evidentes. Baixo o título
“Relato veraz de la realidad de Galicia”, a tres columnas e ocupando a metade
inferior da páxina, a crónica, en castelán, repártese ao longo de catro
entregas; aparecidas os días 14, 16, 21 e 26 de agosto de 1938[x]
Nesta serie atopamos varias referencias a Tui que pechan así a relación de
Maruja Mallo coa nosa cidade, sobre a que aporta as informacións das que tivera
coñecemento durante a súa estadía en Lavadores e que extractamos dos referidos
artigos:
La
alameda de Tuy es uno de los lugares de Galicia donde mayor ha sido la matanza.
Cuando por la bestial invasión del Tercio y los moros en Badajoz los campesinos
y obreros huían a refugiarse en la frontera, Portugal, a petición de Franco,
devolvía a los españoles. La alameda de Tuy es hoy llamada por el pueblo:
"El paseo de la muerte".
A las
doce del día, y cuando el sol está más fuerte, es costumbre sacar a los presos
de las cárceles para fusilarlos; pelotones de trabajadores de veinte a cuarenta
años, radiantes de salud, quemados por el sol de las faenas del campo, o
azotados por el salitre de los mares de altura, bajan las escaleras de las
cárceles, serenos. Largas filas de mujeres les siguen arrodilladas, besan las
huellas que van dejando por las calles y las aceras, mientras
dicen: "Les arrancan la vida, por tener ideas, pero aquí aún quedamos
nosotras, y en Madrid están los nuestros". Esta exhibición a pleno día
está organizada para escarmiento de los que creen en la justicia, para los que
están construyendo un mundo nuevo, para el pueblo español creador y ordenador.
La mayor parte de las denuncias las hacen las beatas bigotudas y las prostitutas
desdentadas que van a los Gobiernos civiles y a las Comandancias militares a
hacer declaraciones. Los altos mandos suelen decir acalorados, después de
escuchar estas acusaciones: "Estas sí que son mujeres
patriotas". Después ante la eficacia de las denuncias ellas suelen
decir: "Murieron sin confesión, en pecado mortal. Nosotros, que somos
los buenos, porque vamos a misa, tenemos que rezar por ellos, para que no se
condenen". Hablan así estos escombros encajinados, mientras que los
nombres de las calles Colón, Cajal, Carlos Marx, Rosalía de Castro,
Concepción Arenal, son sustituídos por los nombres de los altos mandos
sangrientos (...) Los escaparates del comercio de La Coruña, El Ferrol,
Santiago, Tuy, Vigo, Orense, toda Galicia, están abarrotados por las banderas
alemanas, italianas, portuguesas y monárquicas españolas. Grandes letreros
dicen: "Haremos una España libre, grande y única". Vocean los
nacionalistas al mismo tiempo que por las calles nos cruzamos con los espías
alemanes, y por sus puertos desembarcan armas extranjeras.

https://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Monumentov%C3%ADtimas.JPG
LOS
MÁRTIRES
Hablaré
de aquellos que conocí personalmente, ya que el número de víctimas es
incalculable (...) Cilio Martínez, tenía catorce años, bajaba de los montes
cargado de piñas para venderlas en las escuelas y en los cuarteles de Tuy.
Después de estallar la traición de los militares, trataba de convencer a los
soldados diciéndoles: "No obedezcáis cuando os obliguen a ir a pelear
en el frente. Rebelaos cuando os ordenen matar a trabajadores; son vuestros
hermanos. Iguales que nosotros, son obreros, campesinos y marineros". Habían
transcurrido pocas semanas cuando C. Martínez fue encarcelado y sentenciado.
Cuando era conducido por el sargento de la guardia civil para ser fusilado, le
iba repitiendo por la agitación del terror: "Señor, ¿verdad que ya no
le venderé más piñas?, ¿verdad que ya no le venderé más
piñas?". Pidió justicia antes de la primera descarga. La libertad era
su aspiración más alta.
Deste mozo Cilio
Martínez carecemos de noticia algunha, reseñar unicamente que son moi escasos
os fusilamentos documentados de menores de idade. Resulta significativo que en
Tui carezamos de noticia sobre este crime infame cando na memoria colectiva
segue perdurando a lembranza daqueles fusilamentos de 1936 e 1937. Podemos
especular cunha confusión de Maruja Mallo ao identificar a este rapaz como
tudense. Sexa como for cómpre afondar esta figura de Cilio Martínez para
documentar a súa posible existencia.
Os interesados na
lectura destes artigos poden facelo no seguinte enlace: https://historiasdearteyguerra.blogspot.com/2012/12/relato-veraz-de-la-realidad-de-galicia.html
En conclusión, Maruja
Mallo, unha das grandes artistas da nosa vangarda tivo unha efémera relación
con Tui onde residiu entre os dous e tres anos de idade, ata o nacemento do seu
irmán Cristino, por onde logrou escapar da barbarie desatada tras o inicio da
Guerra Civil e á que dedicou algunhas liñas de lembranza sobre a represión
dende o seu exilio en Arxentina[xi].
[i] Nuevo Cal, Carlos e Ínsua
López, Emi lio(2010):Maruja Mallo, de prometedora pionera a artista
universal: materiais para unha biografía exacta e completa da pintora viveiresa
entre 1902 -1936. Fundación Caixa
Galicia, p. 18.
[ii] Nuevo Cal, Carlos e Insua López,
Emilio (2010), p. 24-27.
[iii] En https://www.fundacionannao.org/noticias/maruja-mallo-la-dificultad-de-lo-diferente-francisca-moreno-fuentes.html
[iv] Galicia había ya penetrado en
la inspiración de Mallo. La prueba es el "Cuaderno de Galicia", en
sus páginas, aparecen apuntes, elementos y formas (redes, peces, lanchas,
algas...) que darían pie a series como "La religión del trabajo", que
tomaron cuerpo en Argentina Se llama
"Cuaderno de Galicia", tal y como lo tituló Maruja Mallo, pero el
crítico de arte Carlos López Bernárdez sostiene que debería ser "Cuaderno
de Beluso" en recuerdo a la parroquia buenense donde Maruja Mallo estuvo
una temporada gestando sobre papel y con un lápiz la serie "La religión
del trabajo", dedicada, especialmente a la clase marinera.
[v] Concepción Méndez Cuesta, nada
en Madrid o 27 de xullo de 1898 e finada na Cidade de México o 7 de decembro de
1986, foi unha escritora, poeta, dramaturga e guionista española, contemporánea
da Xeración do 27. Estivo casada con Manuel Altolaguirre. Pertencía ao grupo de
Las Sinsombrero, onde estableceu a amizade con Maruja Mallo.
[vi] María de las Mercedes Adela
Atucha y Llavallol (1887-1970) coñecida como Tota é a condesa de Cuevas de
Vera, nacida en Buenos Aires e casada co nobre español Carlos Caro y Potestad,
I Conde de Cuevas de Vera. Estivo moi vinculada co grupo dos surrealistas
hispanos, estivo relacionada con Luis Buñuel.
[vii] Arias Chachero, Patricia
(2023): “Relato veraz : o verán de 1936 en Galicia segundo a pintora Maruja
Mallo” en Aunios revista cultural da
illa de Ons, Asociación Cultural PineiÓns, nº28, pp. 36-37. http://bueu.esy.es/Revistas/Aunios/28/08-Maruja-Patricia.pdf
[viii] Nuevo Cal, Carlos e Insua López,
Emilio (2010), p. 218-219.
[ix] Fandiño, Xosé Ramón : Maruja
Mallo. Publicado o 11/11/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega)
https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1733.
Recuperado o 26/10/2025
[x] Arias Chachero, Patricia (2023), p. 37.
[xi] Un achegamento xeral á figura da nosa artista en Vidal, Carme: Maruxa Mallo. Edicións A Nosa Terra , 1999 e a novela de Ana Rodríguez Fisher: Notre Dame de la Alegria, Siruela, 2025.
.%20Archivo%20Moreno.%20Fototeca%20del%20Instituto%20del%20Patrimonio%20Cultural%20de%20Espa%C3%B1a.jpg)




Comentarios
Publicar un comentario