Achegamos a todos os lectores de “Tudensia” os nosos mellores desexos dun feliz e santo Nadal, na compaña de familiares e amigos, cun breve poema publicado en “La Integridad” tudense na Noiteboa de 1892, asinado unicamente polas iniciais AE que non conseguimos identificar.
![]() |
| Detalle dun debuxo de Eduardo Padín |
NADAL
Á beira d’un camiño
n-fondo d’unha cova,
naceu á media noite
un neniño mais lindo ca
unha rosa.
Os anxeles, ó vel-o,
baixano dend’a groria,
batendo as aas d’ouro
e cantando cantigas
harmoniosas.
Os pobres pastoriños
que por ovellas ollan,
espertando contentes
y-á adoral-o marcharon en viola
Cand’alcendeu o día
as fogueiras da aurora,
un cántico d’alaudos
foi resoando pol-a terra toda.
AE
Publicado no xornal tudense “La Integridad” o
24 de decembro de 1892.
Remato reproducindo unhas
liñas recibidas, do amigo e xornalista Roberto Ledo, entre tantas mensaxes de
felicitación que me parecen acaídas para este momento:
Entre
libros y memoria celebras la Navidad: la Historia abre sus páginas y en ellas nace
la Verdad.
Bo Nadal !

Comentarios
Publicar un comentario