Ir al contenido principal

11 de outubro de 1924, centenario do gordo da lotería en Tui

 Neste blog temos recollido ao longo dos dezaseis anos da súa existencia numerosos acontecemento, avatares ou persoeiros da vida tudense no decurso dos séculos. Pero en moi escasas oportunidades temos reparado en acontecementos da vida diaria da nosa localidade.

Gracias á xenerosidade de Juan José Cortegoso Durán, a quen todos coñecemos como “Cheché”, daremos conta hoxe do centenario dun extraordinario evento na nosa cidade, cando en Tui cae o “gordo” do primeiro sorteo extraordinario que organizou Loterías xunto coa “Cruz Vermella” (“Cruz Roja”) e celebrado o 11 de outubro de 1924. No pasado mes de maio celebrouse o centenario desta colaboración ininterrompida con este sorteo.

A Lotería Nacional Española é unha das que goza de máis fama e prestixio a nivel mundial; as súas orixes están no século XVIII no reinado de Carlos III, cando a Facenda Pública Española atravesaba momentos difíciles nos que, a pesar das continuas reformas do sistema fiscal, non se lograba frear o crecemento do déficit público. É entón cando xorde a lotería como unha decisión fiscal, pero encuberta baixo a aparencia dun xogo no que todos podían participar e obter premios. A lotería era en realidade un imposto encuberto que debía achegar novos ingresos ás arcas reais.

É este monarca quen encomenda ao Marqués de Esquilache, Ministro de Facenda por aquel entón, que fixese vir de Nápoles ao director da lotto napolitana, don José Peya, para que póñese en marcha a lotería española. Coa Real Orde do 30 de setembro de 1763, a lotería en España queda instaurada. O primeiro sorteo desta Lotería Real, denominada "beneficiata ou primitiva", celebrouse, a modo de ensaio e só para Madrid, o 10 de decembro dese mesmo ano 1763.[i]

É durante o reinado de Carlos IV cando o seu carácter benéfico comezou a incrementarse, pois o Estado doaba parte dos beneficios a hospitais, centros de beneficencia, eclesiásticos, hospicios e montepíos.

En torno a 1769 establecérase en México outra lotería distinta ao modelo italiano, que consistía na impresión de cada sorteo en billetes enteiros, medios ou cuartos, ao igual que actualmente se fai cos décimos. Este tipo de lotería sería a que case un século despois desbancase á Primitiva e se implantase en España. Así, o 23 de novembro de 1811, as Cortes de Cádiz aprobaban por unanimidade a proposta a este novo tipo de lotería, mediante a cal o Estado pretendía unha vez máis incrementar as malparadas arcas do Tesouro que, debido á guerra contra Napoleón.

O primeiro sorteo da coñecida como lotería "moderna ou nacional" celebrouse o 4 de marzo de 1812 ás nove da mañá en Cádiz, quince días antes de aprobarse a Constitución da Monarquía Española. O sistema de xogo era moi similar ao que coñecemos hoxe en día, os billetes estaban impresos a unha soa cara coas sinaturas dos dous directores xerais e a cantidade destinada a repartir entre os 250 premios e 500 aproximacións era de 30.000 pesos fortes, sendo o premio maior de 8.000 pesos (uns 120 euros).

A gran aceptación desta lotería entre toda a poboación levou ao monarca Fernando VII a considerar a introdución de sorteos extraordinarios con maiores premios, sendo o de Nadal o de maior aceptación e que se mantén como desde 1892, aínda que esta denominación non figurou nos décimos ata 1897.

A denominación de “gordo” ao premio da lotaría parece que se remonta aos inicios da lotería en 1763. Para promocionar a nova Lotería de Números decidiuse presentar unha mascota e difundir a súa imaxe en estampas e selos a modo de amuleto. Chámase “O Anano Afortunado”, o “Fanático da Lotería” ou “O Anano Mil Homes”, e é a caricatura dun personaxe gordecho, vestido con roupa recuberta de bolas e números, e cun sombreiro tricorne, bastón e espada como complementos. Esta personaxe resulta un completo éxito e vai recibindo diversos nomes entre eles “O gordo” que se asocia progresivamente ao primeiro premio do sorteo de Nadal, de sempre o máis importante de cada ano.

A popularidade dos sorteos levou a establecer sorteos extraordinarios como foi o caso, que vimos comentando, deste sorteo para Cruz Vermella establecido en 1924. Aquel primeiro sorteo foi celebrado “a beneficio de la Cruz Roja y de la Lucha Antituberculosa” e tiña uns premio moi substanciosos, un total de 2.000.000 millóns de pesetas ao billete, e por conseguinte 200.000 pesetas ao décimo. O importe de cada décimo era de 25,00 pesetas.

Dado o volume dos premios, con 25 premios maiores (o primeiro de 200.000 por décimo, o segundo 100.000 pesetas, o terceiro 50.000 pesetas, o cuarto de 20.000, o quinto de 10.000 e vinte premios máis de 1.000 pesetas ao décimo) suscitouse un grande interese por este sorteo, recibindo o primeiro premio o título de “gordo”.

Para calibrar ben a dimensión deste sorteo, cabe sinalar que naquel altura o ingreso medio dun fogar de traballadores en España era de arredor de 4.300 pesetas ao ano (en Galicia substancialmente menor) ou que o ingreso medio diario por fogar andaba por 11,90 pesetas (en Galicia escasamente superaba as 9,50 pesetas)[ii]. Mercar un décimo de 25 pesetas non estaba ao alcance da inmensa maioría da poboación popularizándose por tanto as participación de menor importe.

Neste sorteo extraordinario de 11 de outubro de 1924, hai agora un século a fortuna trouxo ata Tui o primeiro premio integramente deixando na cidade cerca dos dous millóns de pesetas (pois algúns décimos non vendidos foron devoltos).

En escasas oportunidades foi a fortuna xenerosa con Tui, unicamente teño localizado un primeiro premio no sorteo ordinario de 10 de decembro de 1907 co número 16.904; ou unha serie do “gordo” de Nadal en 1978 co número 15.640. Noutros anos neste sorteo navideño tocaron billetes do 5º premio (2006), 4º premio (2011) ou 5º premio (2016).

A Administración de Loterías da viúva de José Gándara Comesaña estaba situada no edificio que fai esquina entre a Corredoira e a rúa Augusto González Besada. Neste lugar tiña tamén José Gándara un importante negocio de ultramarinos e coloniais (como se adoitada chamar daquela) e no local inmediato na daquela rúa Elduayen (hoxe Calvo Sotelo) estaba o despacho de lotería. José Gándara Comesaña, falece o 25 de febreiro de 1919, ficando ao fronte da administración de loterías a súa viúva Ángela Fernández González e o seu fillo José Gándara Fernández.

Curiosamente dende hai escasos meses nese mesmo inmoble foi instalada unha das actuais administracións de lotería de Tui. Ogallá nalgún destes establecementos poidan os tudenses gozar dunha nova visita da fortuna en breve prazo. ¿Será de novo o 1.348 como hai cen anos? ¿Fican aínda abonados a este número na nosa cidade? Preguntas que deixamos para a resposta dos nosos lectores.

Ilustraremos este acontecemento coas crónicas xornalísticas do periódico tudense “La Integridad” que foi quen deu a leda noticia na cidade, completando estes apuntes cunha breve referencia do xornal da Coruña “El Ideal Gallego”.

La Integridad, 11 de outubro de 1924

EL SORTEO EXTRAORDINARIO. EL PREMIO GORDO EN TUI

Nuestra agencia de información en Madrid nos comunica en telefonema urgente, recibido a las once y cuarenta, que en el sorteo extraordinario de la lotería nacional celebrado hoy en Madrid ha correspondido al número 1.348 el premio GORDO vendido en Tuy.

Tan pronto tuvimos noticia de tan grata nueva la hemos dado a conocer al público por medio de la pizarra de nuestro periódico.

Sabemos que los diez billetes del número 1.348 han sido vendidos en la Administración de Loterías de la señora viuda de Gándara.

Se nos dice que el GORDO está muy repartido y que han sido agraciadas don diversas cantidades modestas familias de esta localidad.

Se han repartido varias participaciones de peseta.

Sabemos que el comerciante de esta plaza y exalcalde, don Agustín Blanco, lleva una participación de diez pesetas; el almacenista don Cándido del Barrio una de cinco, el abogado don José García Sánchez también ha sido favorecido con la suerte pues hace años que viene jugando en ese número, el joven don José Gándara, hijo de la dueña de la Administración de Loterías donde se despacharon los billetes, ha repartido diversas participaciones, reservándose alguna.

El cónsul portugués en esta ciudad señor Consiglieri jugaba un décimo.

También han sido agraciados con la suerte algunos redactores de este diario, que jugaban pequeñas cantidades.

El lunes daremos una amplia información acerca de este “golpe de fortuna” que ha tenido Tuy donde han caído dos millones de pesetas.

Damos nuestra efusiva enhorabuena a los agraciados.


La Integridad, 13 de outubro de 1924

EL GORDO EN TUY

La Fortuna obsequia a nuestra ciudad con cerca de dos millones de pesetas.- El 1.348 muy repartido.- Júbilo en el pueblo

Podemos dar a nuestros lectores nuevo pormenores del fausto acontecimiento que, durante los días de anteayer y ayer, fue el tema único de todas las conversaciones en los corrillos y tertulias de nuestra ciudad.

La primera noticia

A las once y cuarenta y cinco de la mañana del sábado se recibió en esta redacción un telefonema urgente depositado por nuestra Agencia en Madrid a las diez y cuarenta y cinco minutos. Dicho telefonema venía concebido en los siguientes términos” Gordo 1.348 Tuy”.

Inmediatamente dimo a conocer tan agradable noticia por medio de nuestra pizarra que colocamos en La Corredera, en el establecimiento central de don Venancio Gayoso.

La noticia corrió por la ciudad con extraordinaria rapidez.

Nuestro reportaje

Con la precipitación del caso y para poder adelantar  en nuestro número del sábado algunos datos a los lectores salió de esta redacción un reporter con la misión de transmitirnos telefónicamente cuantas noticias y comentarios fuese posible recoger.

En la casa de la señora viuda de Gándara

Nuestros primeros pasos fueron encaminados a la Administración de Loterías de la señora viuda de Gándara.

Allí nada pudieron decirnos por hallarse ausente el lotero, nuestro querido amigo don José Gándara.

Sin embargo, pudimos saber que el número premiado se había vendido en décimos y que estos habían sido adquiridos para Tuy eb casi su totalidad.

Hablando con uno de los agraciados

Poco después supimos que el acreditado comerciante y exalcalde de esta ciudad, don Agustín Blanco Arias, poseía una participación de 10 pesetas en el número premiado.

A dicho señor le corresponde la bonita cantidad de 80.000 pesetas.

Fuimos nosotros los primeros que le dimos la grata nueva y él en cambio nos facilitó datos interesantes acerca de quienes fueron los felices poseedores del número agraciado.

El señor Blanco fue quien indicó al señor Gándara la conveniencia de repartir un décimo en participaciones a fin de evitar su devolución a Madrid.

Hízolo así Gándara. Se quedó él con un décimo y dio diez pesetas al señor Blanco Arias; cinco pesetas a un vecino de Rebordanes y otras cinco a don Cándido del Barrio.

La corazonada de Parreño.- 24 mil pesetas en La Integridad

Parreño, nuestro compañero Parreño, que jamás sintió la acuciadora necesidad de lanzarse a la vorágine de la loca aventura. La tentadora fortuna no pudo nunca romper con sus halagüeñas promesas el ciclo del desdén con el que respondió a sus insinuantes coqueterías.

Pero hé aquí, que, Parreño, nuestro imperturbable compañero, hace días ha perdido su estoicismo. Siente un interior desasosiego da pez a la pluma, fija su vista zahorí en las volutas de humo que lanza a bocanadas nuestro “Duende de las Canteras” y encarándose con nuestro querido compañero Limeses, le recomienda:

“Compre, amigo Don Darío, un décimo para la extraordinaria del once -y repartiendo como se hace entre gente de buena conciencia, nos haremos ricos. ¡Es una corazonada! ¡¡Palabra!

Esto dijo. Y descargando el enorme peso que gravitaba sobre su corazón, Parreño, nuestro querido compañero Parreño, torna a bogar en las galeras de la Prensa.

Camarón que se duerme…

“Acude, corre, vuela” … dijo el poeta. Pero Tyde no acudió, no corrió, no voló. ¡Se durmió!

Y por no acudir, ni correr, ni volar, dejó escapar el décimo. ¡Ay Dios! ¡Y lo que lo hemos sentido después!

Mas Tyde que quiere a todo trance complacer a Parreño, logra que Gándara le ceda tres pesetas de las cinco que a él le quedan y cede una a cada uno de nosotros.

Y, hé aquí, como una bella mañana de otoño la Fortuna derramó su cuerno de la abundancia en nuestra redacción.

Un buen pellizco

Dos décimos los juega nuestro estimado colega el culto abogado, don José García Sánchez, corresponsal de Faro de Vigo.

A este señor le corresponde la crecida cantidad de cuatrocientas mil pesetas.

Según parece el citado señor hace años que viene jugando en el número agraciado con gran ahínco y probada fe.

Mas agraciados

Otro décimo lo posee el acreditado comerciante de esta localidad, don Canuto Santolalla, a quien le ha correspondido por la tanto la no despreciable suma de cuarenta mil duros.

La vecina Gervasia Varela, llevaba también un décimo. Esta señora dio participaciones de cuatro pesetas a don Cesar Novás y al comerciante don Venancio Varela y de una peseta a la señorita Carmiña Santolalla.

Otro décimo lo juega el industrial don Rafael García, establecido en Madrid, que hace pocos días estuvo en esta ciudad.

Un vecino de Valença juega también otro décimo entero.

Y otro huyó hacia el interior de España, en poder de agüista del Balneario de Caldelas.

El industrial don José Fernández, juega un décimo entero.

Y por último de otro no se conoce todavía a punto fijo el paradero.

A todos los agraciados les enviamos nuestra más sincera enhorabuena, al mismo tiempo que hacemos votos para que el favor de la fortuna sirva para aumentar la vida de trabajo fecundo y el bienestar de nuestro querido pueblo.

Un consejo desacertado.- Déjese usted de número feos.

El cónsul de Portugal, señor Pereira, tenía ya elegido un décimo del número 1.348. Pero, surge un amigo, supersticioso, nota que las cifras de dicho número no suman trece, si no dieciséis y le indica que debe cambiarlo por otro.

Y ved como una sencilla suma, dividió al amigo Pereira. ¡Lo dividió por el eje! ¡Palabra!

Abelardo no quiere la suerte.- Pisotea 80.000 duros

De otro de los episodios que más comentarios ha ocasionado, ha sido protagonista el conocido industrial don Abelardo Lorenzo.

Este, a quien en el sorteo del día primero le salieron premiados con 60 pesetas dos décimos adquiridos en Vigo, se presentó a cobrarlos en la Administración de la señora viuda de Gándara.

El lotero le instó repetidas veces a que comprase dos décimos del número 1.348 a lo que se negó con gran insistencia.

El señor Gándara llegó en su insistencia hasta meterle en el bolsillo de la americana los dos décimos que aquel arrojó al suelo despreciablemente diciendo: “¿Yo jugar en décimos adquiridos en Tuy? ¡En mis días! ¡Si aquí nunca toca nada!”

Y se marchó a Vigo a buscar las caricias de la suerte cuando esta aquí tan insistentemente se las brindaba.

¡Todos lo despreciaban!

El maestro albañil don Manuel Guinde venía desde hace muchos años jugando en todos los sorteos un décimo del 1.348.

Observando que nunca sale premiado, ni con pequeñas cantidades, hace unos meses que dio orden en la Administración de literías para que no se lo reservasen.

Al citado número estaba también abonado el fiel de consumos don Juan Cruces (q.e.p.d.). Su familia al fallecimiento de su deudo dejó de jugar en el 1.340 (sic).

Excepto los abonados a dicho número todos parecían que se empeñaban en despreciar al afortunado 1.348.

Estuvieron durante días y días, seis o siete décimos expuestos en el escaparate de la Administración de la lotería. El lotero señor Gándara invitó a muchos aficionados a que jugase en el “del gordo”; la costurera Gervasia Varela ofreció varias participaciones que fueron rechazadas y, en fin, parecía que todos se empeñaban en despreciar la suerte.

Iba a devolver a Madrid varios décimos el señor Gándara, cuando el señor Blanco Arias le aconsejó que los repartiese en pequeñas participaciones.

Nosotros casi no podemos perdonar al amigo Pepiño Gándara que se olvidase del encargo que a nuestra presencia y en esta redacción le hizo Álvarez Limeses, de que le reservase un décimo del último sorteo. Porque la verdad es esta. Gándara echo en olvido el encargo de nuestro compañero, pero después reparó su “enorme falta” dándole una participación de tres pesetas en el gordo y quedándose él solamente con dos. De modo que queda “absuelto” el hombre que repartió cerca de dos millones de pesetas entre sus amigos.

Un querido amigo nuestro, que no quería desprenderse, así, de un golpe, de 25 pesetas, instó repetidas veces a un amigo para que jugase a medias un décimo del número agraciado. No lo pudo conseguir, ni aún dirigiéndose a otras personas con el mismo fin. Durante tres días, al pasar por delante del escaparate de la administración de loterías se le ocurría lo mismo, pero no compraba el décimo. Estaba de Dios que no había de darle un pellizco al gordo.

Mas agraciados

Nos dicen, sin que hayamos podido comprobar la certeza de la noticia, que el señor abad de Pexegueiro, nuestro querido amigo don Dalmiro Cambeses, le han correspondido 80.000 pesetas con el último sorteo, 40.000 al vecino de dicha parroquia don Francisco Mollas y 80.000 al señor Quinteiro.

200.000 pesetas en La Guardia

Nuestro activo corresponsal en La Guardia nos comunica que un décimo del 1.348 lo juega el acreditado panadero de aquella villa don Ignacio Español.

Le corresponden 200.000 pesetas pues no ha dado participación ninguna.

Merecidos elogios

Son unánimes los elogios que se tributan a nuestra agencia de información en Madrid por la diligencia e interés que puso para que el pueblo de Tuy se enterase rápidamente de que había sido agraciado con la suerte.

Gracias a ello pudo por nuestro conducto enterarse el público ante que por ningún otro medio de la fausta noticia.

La Integridad, 14 de outubro de 1924

Ecos del Miño (nome da sección de noticias locais)

Continua siendo el tema de todas las conversaciones la caída del gordo de la lotería en esta ciudad.

En este último sorteo no pasaban de 700 pesetas la cantidad que en Tuy se jugaba, habiendo tenido que devolver a Madrid el señor Gándara algunos décimos.

No es exacto que ningún capitular de esta ciudad haya sido favorecido con la fortuna en el sorteo último.

Desconócese aún el paradero de algunas pequeñas participaciones.

 

El Ideal Gallego, 12 de outubro de 1924

Los agraciados con el “gordo”

Tuy 11 (20,55)

En el sorteo verificado hoy en Madrid resultó agraciado con el “gordo” el número 1.348 que figuraba como fijo en la administración que regenta el señor Gándara desde hace más de veinte años.

Dicho número tuvo varios abonados, no quedando en la actualidad más que uno.

Algunos décimos se cree que debieron venderse en Portugal.

De los restantes se sabe que el comerciante de calzados don Canuto Santolalla lleva un décimo; el cónsul portugués, señor Casaglieri, otro: Don Rafael García, tudense establecido en Madrid, uno o dos, que llevó de Tuy en un viaje que realizó recientemente.

El lotero Gándara otro décimo, que repartió, dando 10 pesetas a Agustín Blanco, cinco a Cándido Barrio, cinco a un vecino de Rebordanes y otras pequeñas participaciones, quedándose él solo con dos pesetas.

Otro décimo lo adquirió un canónigo de la Catedral, que dio varias participaciones.

Otro lo tiene el comerciante Venancio Varela, quien lo repartió bastante, dando participaciones a una hija del señor Santolalla, cuatro pesetas al capellán del Hospicio y Hospital, don Cesar Novás y otras pequeña a parientes de éste.

Merece mencionarse el hecho de que el redactor de “La Integridad” señor García Terreño, tenía la corazonada de que tocaría el “gordo” en Tuy siendo de opinión de que comprase un décimo el médico señor Álvarez Limeses, redactor también de aquel diario.

Este se lo encargó al lotero, quien no se acordó de guardarlo, devolviendo varios décimos a Madrid; más ayer recibió el lotero un décimo, dando participación al señor Álvarez, quien esta mañana participo a sus compañeros que llevaba una peseta en el número que poco después salía premiado con el “gordo”.

También figura entre los agraciados el periodista señor García, corresponsal de El Ideal Gallego[iii].

 

 



[ii] Tomado de: Borderías Mondéjar, Cristina, y Luisa Muñoz Abeledo. 2018. “¿Quién ponía el pan en la mesa en la España de 1924? Economía laboral y familiar de jornaleros y pescadores en Cataluña y Galicia”. Revista De Historia Industrial — Industrial History Review 27 (74):77-106. https://doi.org/10.1344/rhi.v27i74.19921

[iii] O corresponsal de “El Ideal Gallego” era o avogado tudense José García Sánchez, que tamén levaba a corresponsalía do “Faro de Vigo”.

Comentarios

  1. Simpático, documentado y. agradable escrito sobre un golpe de suerte que cambió la vida de varias personas de Tui. Una buena noticia!!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis