Poucos datos temos do tudense Guillermo Taboada Infante (nado nesta cidade no ano 1909). Comezou a súa formación artística en Granada co pintor Morcillo (Trátase de Gabriel Morcillo Raya, pintor e copista que dende 1922 é o director da Residencia de Pintores da Alhambra e posteriormente profesor da Escola de Artes e Oficios da cidade en que nacera en 1887e na que morrería en 1973). En 1926 solicita unha pensión á Deputación de Pontevedra e envìa varios retratos á exposición previa de artistas que aspiraban a bolsa. No mes de febreiro concédenlle a pensión, de tres mil pesetas anuais, para estudiar pintura na especialidade de figura, na Academia de Belas Artes de Madrid, onde durante o curso 1926-1927 preparou o ingreso que aprobou. En febreiro de 1926 comeza a colaborar no “Faro de Vigo”, con viñetas que lembran ás que, polas mesmas datas, se publican na revista madrileña Buen Humor. Guillermo Taboada sumábase a unha longa lista de importantes ilustradores do diario vigués, entre os q...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses