Este blogue ten vocación de aportar datos e elementos sobre Tui e súa historia, sobre as tradicións e os costumes das nosas xentes, dos nosos devanceiros. Ao remate do tempo da Coaresma, cando achégase a Semana Santa é a oportunidade de botar unha ollada ás vellas tradicións arredor destas datas centrais do calendario cristián e que están inseridas na propia identidade tudense non só polo seu valor intrínseco, lembranza da pasión e morte de Cristi, senón como prólogo á semana grande das festas do San Telmo. Recollemos de seguido un interesante traballo de Manuel Fernández-Valdés sobre os actos da Semana Santa en Tui xunto con algunha referencia á vila veciña de Valença do Minho ata onde achegábanse moitos tudenses para participar nalgún dos actos alí programados- Para completar o panorama que esboza maxistralmente Fernández-Valdés, cabe lembrar a existencia dunha antiga procesión, desaparecida nos finais da década de 1960, o domingo I de Pasión, hoxe quinto de coaresma: a do...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses