A chegada do Nadal é unha oportunidade marabillosa para que dende Tudensia fagamos chegar a todos os nosos seguidores, en primeiro lugar, a nosa gratitude pola súa constancia e alento, especialmente neste ano de dor, confinamentos e incertezas, así como os nosos mellores desexos dun feliz Nadal e un venturoso ano 2021 que agardamos sexa unha alborada de alento que nos acariñe. Neno Xesús, debuxo de Eduardo Padín Achegamos este fermoso poema, case unha panxoliña, do egrexio tudense Manuel Lago González que transmite coa súa habelencia o espírito deste tempo navideño que recolle a grandeza da existencia que é o amor xunto as fermosas imaxes de Eduardo Padín (cedidas xentilmente polo amigo Álvaro Caramés) e da recente nevada no monte Aloia, para desexarvos a todos: Bo Nadal !!! O NENO DE BELEM Neno de cabelos d’ouro meu amor e meu tesouro, rico, ben, tanto coma a tu che quero...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses