Nos últimos tempos aparecen na prensa diversas noticias sobre o per igo que corre o monte Galiñeiro -inmediato ao noso concello- pois no recentemente res olto concurso eólico pola Xunta de Galicia está prevista instalación de aeroxeneradores neste enclave, que salienta tanto polos seus valores naturais, ecolóxicos e históricos. A implantación destes aparellos danaria gravemente este enclave. Sobre o aspecto histórico hai xa anos que o Jaime Garrido na súa obra "Fortalezas d e la antigua provincia de Tuy" (Pontevedra, 1987) amosounos a importancia deste castelo rochoso, dotado dunha ampla muralla e co seu recinto defensivo. Esta fortaleza está directament e relacionada coa fortaleza do Monte Aloia, e a súa longa muralla, ou a acrópole do Faro de Budiño. Forman parte dunha serie de "castelos" rocheiros que se extenden por toda Galicia e dos que descoñecem os en boa medida a súa historia, ligada de seguro que aos séculos da Alta Idade M edia. Reproducimos a contin...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses