Ata finais do mes de outubro a Capela das Reliquias ou San Telmo da Catedral de Tui acolle unha exposición organizada pola Concelleria de Cultura do Concello de Tui e o Cabido da Catedral coa colaboración do Museo Diocesanos e a Asociación de Amigos da Catedral. A exposición titulada “Prateiros xudios e conversos em Tui” está comisariada por José Ramón Fernández e Suso Vila e realiza un achegamento a diversos obxectos mobles da Catedral realizados por ourives xudíos e/ou conversos, abrindo novas perspectivas para a valorización do conxunto patrimonial que custodia a nosa Catedral. Achegamos os textos que figuran da devandita exposición dos xá citados comisarios da mesma pois resultan de interese e de seguro que animaran algún dos nosos lectores a visitar esta exposición organizada co gallo das Xornadas Europeas da Cultura Xudía celebradas na primeira fin de semana deste setembro. Video emitido no programa da TVG "A revista fin de semana" PLATEROS JUDIOS EN TUI ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses