O pasado sábado o escritor Darío Xohán Cabana, un dos máis egrexios representante da nosa creación literaria e profundo coñecedor da historia e da cultura de Galicia, publicou un artigo no xornal lucense "El Progreso" que xentilmente nos permite a súa reprodución en "Tudensia". Agradecemos a Darío a súa amabilidade e especialmente o seu escrito, pois patentiza a súa querencia pola nosa cidade e o bó coñecedor que é dos seus recunchos. Ao parecer no xornal faltaba algú n párrafo do enviado polo escritor, pero por sorte podemos disfrutar agora do sue texto íntegro. Gracias a Darío Xohan Cabana por este escrito, de gozosa lectura.
FIN DE SEMANA EN TUI
Darío Xohán Cabana
Unha boa idea é botar toda unha fin de semana en Tui e nos seus arredores. Hoxe Tui é unha cidade pequeniña, pero se cadra é máis antiga aínda ca Lugo. Hai quen di que a fundaron os gregos despois da destrución de Troia, e outros confórmanse con que sexa unha cidade celta. Unha pequena cidad...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses