As cidades fortificadas da fronteira hispano-lusa buscan presentar a súa candidatura á Patrimonio da Humanidade
Informa hoxe “La Voz de Galicia” que cinco municipios portugueses Valença, Almeida, Marvâo, Estremoz e Elvas teñen logrado o apoio do goberno portugués para presentar unha candidatura das fortalezas abaluartadas da fronteira hispano-lusa a patrimonio da humanidade e que queren incluir a outros enclaves españoles, especialmente a Tui, nesta candidatura. Así está previsto presentar no cumio ministerial de España e Portugal no vindeiro outono esta proposta que ten de ser presentada polos gobernos do Estado diante da Unesco. A noticia podese consultar en: http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/05/26/0003_7742155.htm Fica moito por coñecer respecto desta proposta, mesmo a que categoria pretenden optar, as condiciós requeridas, etc. Pero certamente é unha feliz iniciativa que suscita interese e esperanza. Xa falaremos de vagar sobre este tema cando vaiamos coñecendo o seu contido. Polo de agora como na edición dixital de “La Voz de Galicia” non aparece publicado, reproduzco de se...