A celebración dos “maios” xorde como unha festa que manifesta a ledicia pola chegada da primavera, do novo agromar do mundo vexetal. Por eso estas celebracións son propias das sociedades agrarias onde estes ritos posúen un carácter propiciatorio, para garantir a colleita que asegura a propia vida. En Galicia tamén existen numerosas manifestacións do que se deu en chamar o “ciclo do maio” que, por mágoa, en moitos casos desparecen a medida que avanza a transformación da nosa sociedade. Moitas destas manifestacións evolucionaron e foron cristianizadas. Velaí o caso da nosa cidade. Na nosa bisbarra conservamos algunha tradicións vencelladas ao ciclo do maio como o monumental arco que por San Brais erguen os veciños de Tabagón ou os ramos procesionais de Budiño, ou a tradición de colocar nos coches nesta xornada unha ponliñas de xesta. Carecemos de noticias sobre os maios na nosa cidade, agás as relativas a súa derradeira etapa, nos primeiros anos da década dos sesenta do pasado século;...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses