A vida tudense do século XX é ainda, por mágoa, prácticamente descoñecida para o gran público pola falta de estudos e investigacións sobre este período que, polas circunstancias históricas vividas ou sufridas posteriormente, pese a súa proximidade temporal é coma un valeiro mouro. Unha das páxinas de meirande interese neste percorrido histórico do século XX o ten de ocupar o movemento agrarista, que nas primeiras décadas do século pasado, foi quen de movilizar de xeito inmensamente maioritario aos labregos de Galicia enteira. É preciso lembrar que os nosos campesiños naquela altura non eran propietarios das terras que dende había séculos cultivaban senón que tiñan o dominio útil pero non a propiedade da terra, e estaban sometidos ao réxime foral que viña de época medieval e polo que tiñan a obriga de pagar unha renda periódica ao propietario. Tras o proceso desamortizador dos bens eclesiásticos boa parte destas rendas forais foron adquiridas, en pública subasta, polos elementos acomoda...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses