O pasado xoves, 16 de novembro, conmemorouse o IV centenario do falecemento do médico, filósofo e humanista Francisco Sánchez co descubrimento na travesía da rúa Entrefornos, en pleno conxunto histórico, dun monólito dedicado a súa lembranza. Dende “Tudensia” vímonos sumando a esta efeméride con diversos textos dedicados á figura egrexia do pensador tudense. As actividades organizadas, polo Concello de Tui, arredor do denominado “Ano Francisco Sánchez” teñen acreditado o interese que a súa figura segue suscitando entre os investigadores e os debates que promove: o estéril debate sobre a súa nacionalidade, o lugar onde reside na súa infancia e primeira mocidade, os motivos da migración da súa familia a Bórdeos, o lugar da súa formación -especialmente a de carácter médico-, a súa posible evolución ideolóxica dende o xudaísmo ao cristianismo, a súa consideración como escéptico ou como relativista, etc. Resulta evidente a potencia do pensamento sancheciano que practicamente cunha única...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses