Hai escasos días ollando un xornal dixital sobresaltoume a noticia da morte de Luis Hernando de Larramendi o pasado 11 de febreiro en Madrid. De seguro que a maioría dos nosos lectores descoñecen a esta figura senlleira no panorama empresarial de España (conselleiro de Mapfre e Vicepresidente da Fundación Mapfre como principais referencias e tamén avogado especializado en temas de propiedade industrial e intelectual) pero que traemos hoxe a este post polo que nos atinxe, por que Luis H. de Larrramendi mantivo unha estreita relación coa nosa cidade. Nos numerosos obituarios publicados nestes días na prensa os interesados poden achegarse á súa inxente traxectoria empresarial, pero tamén a súa clara conciencia, na liña aberta polo seu pai Ignacio Larramendi o refundador da aseguradora Mapfre, que dende a empresa existe o que hoxe se denomina “Responsabilidade social corporativa” que debe devolver á sociedade parte dos beneficios que a propia empresa recibe desa mesma sociedade. Un...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses