Ven de saír do prelo un novo número, o sexto, de “Castellum Tyde, revista do Instituto de Estudios Tudenses” que recolle unha serie de artigos de investigación sobre diversos aspectos da rica historia tudense. Agradecese que o Concello de Tui siga financiando esta publicación xa imprescindible para achegarse ao coñecemento da historia e do patrimonio tudense. Entre os artigos contidos neste número, figura unha nova achega do cronista oficial da nosa cidade, o investigador Ernesto Iglesias Almeida, dedicado ao antigo Hospital de San Xián dos Lázaros, ou Gafos, existente no arrabalde do Rollo dende a Idade Media e cuxa lectura recomendamos ao axudarnos a recuperar a súa memoria. Xunto ao hospital de pobres e peregrinos, localizado á beira da catedral, tamén dependía, en época medieval, do Concello tudense estoutro Hospital, o de San Xiao dos Gafos, no arrabalde do Rollo, que atendía aos enfermos máis temidos daqueles tempos: os leprosos, chamados tamén “os gafos”. Non coñecemos...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses