Hai hoxe 140 anos rematou a primeira peregrinación colectiva a pé polo Camiño Portugués de Tui a Santiago de época contemporánea
O século XIX é unha época de acelerado crecemento da secularización en numerosos ámbitos da sociedade e, consecuentemente, un tempo dos intentos da Igrexa Católica por reaccionar fronte a este proceso impulsando diversas iniciativas. Un século marcado pola popularización das viaxes, gracias á mellora e extensións dos medios de transporte colectivo, especialmente o ferrocarril. Neste contexto, a Igrexa incentivou as grandes peregrinacións como unha nova expresión pastoral, Roma e Lourdes concentraran boa parte das mesmas. En Italia, noutro aspecto destas iniciativas, se promoven as investigacións e escavacións arqueolóxicas para o redescubrimento de reliquias sinaladas -abonde con citar os casos de San Francisco e Santa Clara en Asís, San Ambrosio en Milán ou os apóstolos San Felipe e Santiago Alfeo en Roma- que animan os desprazamentos a estes centros de peregrinación. En España xunto ás peregrinacións ao exterior se incentivan a lugares como Begoña, Montserrat, etc. En definitiva...