Banda de Música de Tui, 1919 Foto do arquivo do Museo Diocesano de Tui A música sempre estivo presente na historia da nosa cidade ao través principalmente da capela da Catedral que, co seu mestre ao frente, animaba as celebracións litúrxicas e era, ao tempo, unha escola ricaz de aprendizaje de numerosos mozos tudenses. Xa que logo é comprensible que existisen xa no século XIX diversas agrupacións musicais ou bandas de música de afeccionados que participasen nas celebracións festivas da nosa cidade e animasen as festas das sociedades recreativas de Tui. Así coñecemos que dende mediados de século existía unha banda promovida pola Beneficencia da cidade, que desaparece nos últimos anos da década de 1870. En torno ao ano 1880 o Concello tudense, presidido daquela por Hipólito Padín, na sua sesión ordinariua de 24 de febreiro acorda que “ teniendo en cuenta la necesidad que se hace sentir de una banda de música en la población, ya que dejó de existir la que había de aficionad...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses