As terras de Tui, como toda Galicia, padeceron na primeira metade do século XIX un alongado proceso de despoboación motivado polo fenómeno da emigración trasoceánica, especialmente con destino a paises como Argentina ou Brasil. Moitos tudenses emigraron a Buenos Aires na procura de novas expectativas de vida e desenvolvemento. Xa en 1917 foi fundada polos emigrados tudenses a Casa de Tuy, con sede no Centro Galego de Buenos Aires e Baixo a Presidencia de José San Martín Fernández. No ano 1975 esta prestixios asociación fusionase co Centro Distrito de Salceda, creado en 1913, e coa Sociedad Caldelas de Tuy, fundada en 1922 coa presidencia de Ricardo Fernández, formando a Asociación Mutual, Cultural y Recreativa “Tuy Salceda”, que en 1987 incorpora á Asociación Galicia en Buenos Aires (que agrupaba as antigas Asociacións de Chantada y su partido, Centro Cultural y Recreativo Becerreá e Asociación de Carral). Unha agrupación que segue actualmente reunindo a moitos dos ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses