Interesante artigo en La Voz de Galicia: Tui etapa decisiva na evacuación de xudíos na II Guerra Mundial
No suplemento dominical de “ La Voz de Galicia” do pasado domingo 24 de xaneiro publicase un interesante traballo de investigación do periodista Eduardo Rolland que nos achega á historia do médico vigués Eduardo Martínez Alonso, a quen denominan o "Schindler galego ou do Miño" polo seu activo papel nos anos da postguerra española e II Guerra Mundial para salvar a xentes perseguidas polo nazismo, nomeadamente polacos e xudíos, mediante unha rede que tiña en Guillarei - Tui unha das súas etapas. A súa filla Patricia Martínez Vicente publicou hai varios anos unha obra, “Embassy y la inteligencia de Mambrú” (2004) , na que recollia en base aos documentos familiares esta auténtica epopeia de Martínez Alonso quen xenerosamente e poñendo en perigo á sua vida e a da súa familia salvou a centos de personas do exterminio nazi. Unha das etapas do seu percorrido estaba na zona de Guillarei onde estes refuxiados estaban ocultos ata que cruzaban o Miño cara a Portugal. Nos...