Entre as actividades celebradas en Tui, na primeira semana de setembro, arredor da "Xornada Europea da Cultura Xudía" impartin unha conferencia sobre a "biografia tudense" do médico e filósofo do Renacemento, onde tentaba clarexar a cronoloxia da infancia do "Escéptico" sobre todo logo da achega fundamental de Ernesto Iglesias Almeida que publicou o contrato do pai do noso personaxe como médico do Cabido tudense en 1568 e que trastoca case todas as afirmacións ata agora publicadas sobre a infancia de Sánchez. A amiga Eva González solicitoume un resume da charla que foi editado este pasado sábado, 26 de setembro, no suplemento "Baixo Miño / Louriña" do "Faro de Vigo". Con aquela conferencia, e con este artigo, pretendia únicamente clarexar un pouco a "biografia tudense" de Francisco Sánchez e contribuir a colocar a este egrexio pensador no privilexiado lugar que lle corresponde na historia da nosa cidade, divulgando a súa traxe...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses