Esta vindeira fin de semana celébrase na cidade de Tui a festividade de San Roque que goza de grade sona na bisbarra; a entusiasta comisión das festas de San Roque e San Bartolomeu editou un programa no que figura o seguinte artigo que deseguido reproducimos. O ARCO DA FESTA DE SAN ROQUE As festas populares, como estas de San Roque e San Bartolomeu, posuen unha longa tradición. Así, Avila y La Cueva infórmanos que xa no ano 1681 o bispo tudense Frei Simón García Pedrejón “mandó a suplicas de la Justicia y Ayuntamiento de Tui que el día de San Roque, 16 de agosto, se guardase a lo subcesivo por día festivo en la ciudad y aldeas de Pazos de Reis y Randufe (...) y empezó este precepto el 16 de agosto de aquel año”. A devoción a San Roque está case sempre vencellada á peste, pois este santo tiña sona de protector fronte a estes terribles sucesos, consecuentemente o seu culto está amplamente espallado e congregaba a moreas de xente. Aínda na actualidade a procesión de San Roque é, posibleme...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses