Publicamos hoxe unha colaboración do historiador Juan Miguel González Fernández, investigador da nosa historia, especialmente na época moderna, e autor de numerosas obras de investigación sobre Galicia e especialmente do territorio da antiga provincia de Tui. Tudensia agradece a Juan Miguel González a súa deferencia ao enviarnos este traballo. PESTE E FAME EN TU I Durante a chamada Época Moderna (séculos XVI-XVIII) a poboación de Galicia -e a do occidente europeu en xeral-, sufrirá dous grandes azoutes: os andazos epidémicos e a fame, que case sempre viñan xuntos. Tui non ía ser unha excepción. A peste e outro tipo de epidemias teñen a súa orixe en lonxanos lugares de España e Portugal -e mesmo de Europa-, extendéndose por contaxio vírico. Tamén e certo que ataca antes e con máis facilidade a corpos mal nutridos. En abril de 1599 prende a peste máis mortífera na historia de Tui, que entrara polo norte de Galicia. En ese mes a xente empezou a fuxir, o mesmo que as autoridades municipa...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses