Ir al contenido principal

Entradas

O relato tudense do século XI da viaxe de Trezenzonio (San Terzón) á illa do Paraíso (e II)

O amplo coñecemento de Méndez Ferrín nos ten introducido neste interesante tema da figura de Trezenzonio e a súa relación con Tui. Unicamente gustaría engadir algunhas notas para completar as diversas olladas que este relato nos ofrece aos interesados na historia tudense. O convento de San Domingos, se construíu extramuros da cidade nas marxes do río Miño, adquirindo o “agro e viña” que lle vende Estebaina Eáns, filla de Juan de Santiago “Carureiro” e muller que foi de Domingo Martiz de Canicouba, veciño de Tui;   este solar se atopaba xunto á igrexa e cemiterio de San Xoán de Porto. Esta igrexa de San Xoán do Porto, dedicada ao Bautista, se identifica pola súa relación co porto fluvial da cidade, ao situarse na súa proximidade. Descoñecemos a data da súa fundación e figura por vez primeira na documentación en 1156 con carácter de parroquia e que formaba parte dos bens episcopais. A finais do século XV, en 1482, o bispo Diego de Muros e o Cabido “ considerando , s...

O relato tudense do século XI da viaxe de Trezenzonio (San Terzón) á illa do Paraíso

Xosé Luis Méndez Ferrín é un dos referente da literatura en Galicia cun amplo abano de obras de grande altura, pero xunto con elo é tamén un estudoso da historia literaria do país e da súa cultura. Entre outras moitas actividades publica semanalmente unha páxina, no suplemento do sábado de “Faro de Vigo”, que baixo o suxestivo título de “No fondo dos espellos” ofrece sempre unha páxina de interese sobra a cultura de Galicia. Mapa mundi do Beato da catedral de Burgo de Osma - 1086 Represetación de Galicia e o Faro - Torre de Hércules No pasado mes de decembro de 2019 publicou ata tres artigos sobre un texto ou relato do século XI titulado “ Trezenzonio de Solistitionis Insula Magna ”. De escritor descoñecido, redactado polo monxe Trezenxonio, describe a súa chegada a Galicia, despoboada tras a invasión árabe, chegando ata o Faro Brigantium (Coruña) e tras ollar unha illa, achégase ata ela nunha barca. A illa é paradisíaca e conta cunha gran basílica dedicada a Santa Tegr...

Aí ven o maio....

A celebración dos “maios” xorde como unha festa que manifesta a ledicia pola chegada da primavera, do novo agromar do mundo vexetal. Por eso estas celebracións son propias das sociedades agrarias onde estes ritos posúen un carácter propiciatorio, para garantir a colleita que asegura a propia vida. En Galicia tamén existen numerosas manifestacións do que se deu en chamar o “ciclo do maio” que, por mágoa, en moitos casos desaparecen a medida que avanza a transformación da nosa sociedade. Moitas destas manifestacións evolucionaron e foron cristianizadas. Comezabamos así no ano 2009 unha entrada neste blog sobre a celebración na nosa cidade da festa dos maios, unha tradición secular que dende os inicios dos anos sesenta do pasado século xa non se celebra en Tui. Na actualidade, fóra do ámbito escolar que continúan realizando maios dentro das súas actividades docentes, fican aínda expresións deste ciclo do maio, como é a colocación de xestas floridas nas portas e nos vehíc...