Ir al contenido principal

Entradas

"Tuy y sus problemas arqueológicos" artigo xornalístico de 1953 de Manuel Fernández-Valdés

Foto: Escavación no entorno da Catedral, 1965 Achegamos hoxe de novo un artigo xornalístico de Manuel Fernández-Valdés Costas, cronista oficial de cidade de Tui, un dos principais investigadores da historia tudense e tamén dos máis esquecidos, publicado no xornal El Pueblo Gallego de Vigo co gallo das paxinas especiais dedicadas ás festa de San Telmo. Manuel Fernández Costas (Tui, 1887-1962) reclama una biografía que nos achegue a súa importancia e significación. No volume III da revista “ Tuy. Museo y Archivo Histórico Diocesano ” (1980) o seu fillo Eloy publica unha moi breve biografía e unha moi interesante achega ás súas publicacións, especialmente en xornais e revistas, pois en formato libro unicamente saíron do prelo dúas obras da súa autoría. Unha de carácter profesional (foi funcionario do Corpo Pericial de Aduanas) titulada “ Arbitrios, impuestos y recargos que liquidan las aduanas en la importación y exportación de mercancias ” (Madrid, Editorial Plutarco, 1948) e ...

A implantación do Sistema Métrico Decimal en Tui no ano 1880

O século XIX é un período de modernización das diversas estruturas sociais e políticas que conformaron o denominado Antigo Réxime en España e Galicia. Serán as Cortes de Cádiz o momento simbólico do cambio de época cos seus acordos que establecen a derrogación dos señoríos, das xurisdicións, da Inquisición, etc iniciándose un camiño tortuoso pero xa irreversible. Vista de Tui en La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879 Pero os cambios sociais e políticos supoñen tamén en moitos casos cambios nas mentalidades, nos usos e costumes que, en moitas oportunidades, levan un ritmo de aplicación mais paseniño. A creación do Sistema Métrico Decimal é unha das consecuencias da Revolución Francesa, pois en 1791 a Asemblea Nacional de Francia aprobou un sistema de medida baseado nas unidades de medida e lonxitude da masa, materializadas mediante una barra e un cilindro de platinos depositados nos Arquivos da República francesa en 1799. En España existía historicamente, como en...

Corenta anos da primeira Corporación Municipal da democracia

Conmemoramos neste días os corenta anos da celebración en toda España das primeiras eleccións democráticas no ámbito municipal, concretamente o 3 de abril de 1979; cando se aproximan de novo estes comicios lembrar este aniversario é unha oportunidade para reivindicar o funcionamento democrático da vida local e lembrar como os municipios teñen experimentado ao longo destas catro décadas unha inxente transformación: o amplo abano de servizos que hoxe oferta calquera concello e a calidade dos mesmos supoñen unha espectacular mellora na vida dos cidadáns. En Tui   daquela era alcalde Alejo Núñez Pascual que fora nomeado polo Gobernador Civil de Pontevedra o 17 de setembro de 1973. Cabe reseñar que daquela Corporación Municipal, formaba parte a primeira muller que ocupara una posto como edil en Tui, a mestra Julia González Rodríguez, popularmente coñecida como Doña Julita. Houbo que agardar ata a segunda corporación municipal da democracia, en 1983, para que fora electa por Alia...