Cúmprese este 26 de xuño o MC aniversario do martirio de San Paio na cidade de Córdoba, na corte califal. Un acontecemento de importante alcance espiritual ou relixioso, pero tamén histórico, que lamentablemente, coa excepción da parroquia de San Xoán Bautista e San Paio de Albeos en Crecente, pasa esquecido para a inmensa maioría dos tudenses, xa como cidadáns desta localidade xa como membros da dioceses de Tui-Vigo. Imaxe de san Paio no s retablo da capela de Santa Catalina, Catedral de Tui. Sec. XVIII A figura de san Paio (nomeado en castelán como Paio ou Pelagio, nome este último co que é lembrado na cidade de Córdoba) ten interese, tanto como referencia principal do santoral tudense como pola continuidade, ao longo dos séculos, do seu culto e da súa devoción alimentada con diversos discursos ao longo do tempo. San Paio é posiblemente a figura máis salientable do santoral da nosa diocese e na nosa cidade están baixo o seu patrocinio dúas institucións educativas (o Seminario e o Ins...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses