En diversas oportunidades varios seguidores deste blog nos teñen suxerido elaborar un post que aborde á procesión de San Telmo e nomeadamente as imaxes que participan na mesma, unha tradición non tan antiga pero plenamente consolidada como unha das referencias do patrimonio inmaterial da nosa cidade. No último post publicado en “Tudensia” hai uns días ao falar da “barca” de San Telmo recollíamos unha notas breves sobre as procesións que se celebraban en Tui para honrar ao noso patrón san Telmo que reproducimos para contextualizar o contido deste posto aínda co risco de reiteración: As celebracións litúrxicas na festividade de san Telmo chegan ata a metade do século XX centradas no culto catedralicio: vésperas solemnes no día anterior, misas á primeira hora na igrexa de San Telmo, procesión das reliquias e a continuación Misa Pontifical como música e sermón solemne, para rematar á tarde coas Vésperas e a continuación a exposición pública das reliquias de San Telmo e doutros santos c...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses