Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2024

O praefectus cohortis Tiberius Claudius Claudianus, o primeiro tudense con nome e apelidos?

Recentemente nunha procura de datos a través da rede fun parar ao Diccionario Biográfico electrónico da Real Academia de la Historia onde topeime coa biografía dun militar de época romana, Tiberius Claudius Claudianus ao que identifican como natural de Tui ou da súa contorna. Debo recoñecer que tiña lido hai tampo algunha referencia a este persoeiro pero que, como tantas outras cousas, ficou no esquecemento, ata que esta referencia veu rescatalo, pois de confirmarse o seu nacemento na nosa cidade estaríamos diante do primeiro tudense a quen coñecemos co seu nome e apelidos. Isto non deixa de ser feito anecdótico e unha curiosidade localista, pero a figura de Tiberius Claudius Claudianos resulta moi interesante para a nosa historia local. No   se recolle a seguinte nota biográfica: Militar hispanoromano de rango ecuestre. Aunque su nombre es frecuente en la onomástica romana, la identidad de este militar puede aislarse sin dificultad de la de otros personajes homónimos. El hall...

11 de outubro de 1924, centenario do gordo da lotería en Tui

  Neste blog temos recollido ao longo dos dezaseis anos da súa existencia numerosos acontecemento, avatares ou persoeiros da vida tudense no decurso dos séculos. Pero en moi escasas oportunidades temos reparado en acontecementos da vida diaria da nosa localidade. Gracias á xenerosidade de Juan José Cortegoso Durán, a quen todos coñecemos como “Cheché”, daremos conta hoxe do centenario dun extraordinario evento na nosa cidade, cando en Tui cae o “gordo” do primeiro sorteo extraordinario que organizou Loterías xunto coa “Cruz Vermella” (“Cruz Roja”) e celebrado o 11 de outubro de 1924. No pasado mes de maio celebrouse o centenario desta colaboración ininterrompida con este sorteo. A Lotería Nacional Española é unha das que goza de máis fama e prestixio a nivel mundial; as súas orixes están no século XVIII no reinado de Carlos III, cando a Facenda Pública Española atravesaba momentos difíciles nos que, a pesar das continuas reformas do sistema fiscal, non se lograba frear o crecem...